Chegamos na aula de 2º ao final do noso voo xuntos, non sen mágoa polas despedidas e morriña xa do tempo que pasamos coas nosas cancións, ,as rimas, os bailes, as retahilas, os traballos en equipo , as celebracións do traballo ben fetiño coa cantiga e o cupón de "se lo merece" e ... unha morea de cousas que aprendemos e fixemos xuntos.
Quero agradecer todo o apoio e agasallos que recibín dás familias non sen dicirvos que o mellor agasallo foi ver medrar e compartir estes dous cursos cos vosos fillos, que aínda que as veces poñíanme a "cabeza como un bombo", falangueiros son un rato , é un grupo extraordinario que merece todos os sorrisos do mundo.
Deixovos unhas montaxes de momentos vividos este ano e outra coas preciosas fotos que xa tedes , que lles fixo a artista da profe Elena .