jueves, 30 de enero de 2014

DÍA DA PAZ

  Este ano os alumn@s do centro realizaron un " circuito solidario "co obxectivo de recadar alimentos para doar ao " Banco de Alimentos de Gondomar".
  Os nen@s de 2º quedaron abraiados cando comprobamos que só na nosa clase, que é a máis numerosa do cole, a previsión de alimentos recadados e de ... 95 kl.

   Moitas grazas a todos os patrocinadores de 2º por esos 95 kilos de solidaridade


Clica na imaxe para ver algunhas fotos co fondo musical da canción que cantamos este ano ao rematar o circuito



lunes, 27 de enero de 2014

RECEITA VIAXEIRA DE BRAIS

   Brais coa axuda de a súa irmá Nerea e seu curmán Nico preparou uns " Chupa -Bombóns" .
  Contounos que os fixeron con : galletas, leite condensada, Nesquik, chocolate negro e nocilla.
  Chegou a clase todo contento para compartir o seu traballo e máis contento quedou cando lle dixemos que eran os mellores "Chupas " do mundo.


  

miércoles, 22 de enero de 2014

RECEITA VIAXEIRA DE SIRA

   Un cupcake é unha pequena torta para unha persoa, normalmente cociñada nun molde similar ao empregado para facer madalenas ou muffins.
   Sira agasallounos o luns cuns "cupcakes" feitos con mateiga, azucre, fariña, levadura e ovos.
   Quedáronlle bonitos, bonitos e estaban ... boísimos !



viernes, 10 de enero de 2014

RECEITA VIAXEIRA DE SAMU

    Xa estamos de volta e o regreso non puido ser máis doce. Samu convidounos ao que el chama " creps de chocolate" que elaborou xunto co seu irmá Aarón con noces , arroz inflado e chocolate.
   Embadurnámonos todos lambendo pero mereceu a pena. Riquísimos !
  Engado tamén a foto da manualidade que fabricou para decorar a clase.