miércoles, 30 de octubre de 2013

DÍA DAS CABAZAS

   Hoxe celebramos o " Día das Cabazas " e todo o cole viviu un rebumbio entre subidas e baixadas para ver a exposición de cabazas e os alumn@s de 6º disfrazados que percorrían as clases para intentar meternos medo, cousa que conseguiron so un pouquiño porque tíñamos unhas palabras máxicas para espantalos que cando as dixemos todo volveu a normalidade.
     " Abracadabra, abracadí que os monstros se marchen de aquí " 
                                              
  

lunes, 28 de octubre de 2013

RECEITA VIAXEIRA DE SARA

   Sara preparou na súa casa unha pizza. Despois de lavar as mans , que é moi importante, amasou, colocou a masa na bandexa do forno, puxo enriba o tomate ,o xamón , o queixo, meteuna no forno e  logo zampárona todos os da casa porque estaba de medo.
   Sara díxonos que a fixera con moito amor e alegría .Sara, dulce Sara !
  

sábado, 19 de octubre de 2013

SAMAÍN OU HALLOWEEN

    Ana Martínez de "Aulatic Terra do Ferrol" é unha experta montando libros LIM e Glogsters. Preparou con ambos recursos materiais para celebrar o Samaín. Engado o seu Gloster para que pasedes un bo rato.

viernes, 18 de octubre de 2013

RECEITA VIAXEIRA DE JONATHAN

   Joni preparou esta semana coa súa familia un "Flan de café" cos seguintes ingredientes:
- 1 sobre de Flan Royal
- 4 sobres de Nescafé
-  1 vaso de auga.
- 1 litro de nata líquida
   Explicóunos a súa elaboración, que é moi fácil de facer é que está ... deliciooooso. 

miércoles, 16 de octubre de 2013

QUE PASA CO QUE COMEMOS ?


   Enlazado co tema dos alimentos imos coñecer o aparato dixestivo. Engado o enlace co que traballamos na clase e un LIM para reforzar  e ampliar o tema 


miércoles, 9 de octubre de 2013

RECEITA VIAXEIRA DE UXÍA

   Xa temos outra receita, a de Uxía e a súa familia, un  "Brownie de Chocolate " con forma de gato que estaba tan rico, tan rico que non lle deixamos nin os bigotes.

                                           

martes, 8 de octubre de 2013

OS ALIMENTOS

   Empezamos un novo tema  " Os Alimentos " que podemos reforzar e ampliar coa axuda dos siguintes enlaces.
   Como este ano o proxecto anual e sobre " A Gastronomía" este tema, os alimentos, será recurrente o longo do curso e principalmente o apartado das FROITAS que é sobre o que nós desenvolveremos o noso proxecto. 


                                 


Libro LIM                                        



                                                                           

miércoles, 2 de octubre de 2013

RECEITA VIAXEIRA DE ALBA


   Chegou a nosa clase a segunda receita da mochila viaxeira. A primeira foi a miña, un "Pionono de salmón" pero como non son moi boa cociñeira, a primeira mención vai para Alba e a súa familia que elaboraron un riquísimo "Flan de queixo".
   
   Ademáis a pesar do pouco tempo co que contaron fixeron esta fermosa xoaniña do libro de manualidades con materiais reciclados.


          Tod@s na clase esperamos impacientes a seguinte receita !