viernes, 27 de mayo de 2016

UN CONTACONTOS ESPECIAL



Vanesa e Jenni, nais de Kira de 1º e Leire  de 2º puxeron onte, a guinda as sesións de Contacontos deste curso.





Jenni contounos como "NO PAÍS DOS MANDÓNS " uns cantos mandaban sobre o resto ,levándonos coa narración a reflexionar sobre o valor da  igualdade, na que homes e mulleres teñen os mesmos dereitos.

Vanesa leunos poemas de " O LIBRO DOS BICOS" un libro de poemas ilustrado que posúe mil e unha historias ... unha morea de bicos que nos conquistan e consolan.

MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTAS LECTURAS  !

viernes, 20 de mayo de 2016

CONCURSO VIDEOS VOZ NATURA

Grazas o bo facer da nosa coordinadora de Tics, a profe Anita, presentámonos ao "Concurso de videos de Voz  Natura" con esta montaxe que realizou  recollendo parte do traballo de todos durante este curso.

Se vos gusta ,podedes votar por él na seguinte ligazón.
Que imos dicir nós ? Chuliiiiiiiisimo

https://premium.easypromosapp.com/voteme/306368/622981434




viernes, 13 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016


Este ano o autor homenaxeado é Manuel Maria autor de "Os soños na gaiola ", libro de poemas que esta engadido no itinerario lector de 2º e do que ilustramos ,e aprendemos algúns dos seus poemas.



Engado LIM con actividades sobre a vida e obra deste autor ,clicade na imaxe inferior e un collage con algúns dos poemas ilustrados.






lunes, 9 de mayo de 2016

ESTALACTITAS CASEIRAS

Lidando co tema "O noso planeta" entre oceanos, continentes , rochas e minerais ... acabamos investigando sobre algunhas formacións rochosas que podemos atopar no noso planeta.
As estalactitas e as estalagmitas son formacións de roca que se atopan dentro das covas.
Fixemos unha visita virtual a cova " El Soplao " en Cantabria.


Averiguamos como se formaban e experimentamos facendo" unha estalactita caseira" que resultou ser o mesmo experimento co que Uxía rematou a nosa mochila viaxeira.






miércoles, 4 de mayo de 2016

O BIGOTE DE MIMÍ


Hoxe asistimos á proposta escénica ofertada pola Fundación Manuel María e representada por Luis Vallecillo e a banda do Cuberto "O bigote de Mimí".


Unha versión musical do conto de Manuel María, ilustrado por Xaquín Marín que amosounos a historia deste gato agarimoso e moi presumido que nos tivo impacientes dias atrás, ata saber se acabaría sendo empanada para ratos por unha mala decisión.
Agradecemos unha vez máis a ANPA a súa colaboración para subvencionar esta proposta !