miércoles, 21 de mayo de 2014

"SOMOS FROITAS, SOMOS CAPITANS"

   Engado videos das actuacións dos nen@s do 1º Ciclo .Outra versión dos que estan colgados na Web e con máis nitidez nas imaxes.
  Que bonito, que bonito ... !



lunes, 19 de mayo de 2014

RECEITA VIAXEIRA DE ALEX

   Rematamos o venres o noso "recetario viaxeiro" coa receita de Alex, "Mousse de limón e yogur".
  Estaba delicioso e viunos ao pelo co fresquiño que estaba despois da calor que pasamos estes días.
  Moitas grazas a Alex e familia por compartir con todos nós a súa receita.


viernes, 16 de mayo de 2014

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

    Hoxe rematamos os dous días de celebración do " Festival das Letras ". Foron días de tensión e moitos nervios pero todo saiu de marabilla e todos os nen@s estiveron de premio.
  No noso ciclo os de 1º interpretaron e bailaron a canción "Somos froitas" e os de 2º "Todos somos capitáns". Aquí tedes unhas fotiños da súa actuación e se queredes ver o video clicade na Web do cole .


    Temos que mencionar tamén que ao remate do festival entregaronse os premios do Concurso de relatos da Xoaniña e os gañadores do noso ciclo foron : Carla de 1º e Aarón e Marta de 2º










viernes, 9 de mayo de 2014

HOMENAXEANDO AS LETRAS GALEGAS


   O noso homenaxe as " Letras Galegas " é por unha banda preparar a actuación para o "Festival das Letras" que o celebraremos os días 15 e 16 de maio e por outra adentrarnos un pouquiño na figura do poeta homenaxeado este ano.



  Clicade na imaxe para facer o libro Lim sobre Xosé María Díaz Castro

jueves, 8 de mayo de 2014

OS NOSOS CARTEIS

    Como estabamos a traballar en coñecemento " Aldeas ,vilas e cidades" aproveitamos para o concurso de carteis publicitarios dar a coñecer elementos  da nosa contorna.
   Por grupos escolleron que elementos das paisaxes querían  publicitar e debuxar : a paisaxe de Vincios, o monte Galiñeiro, a ponte da Ramallosa, a vila de Gondomar ...
   Aquí amósovos como quedaron de bonitos os carteis.