miércoles, 26 de noviembre de 2014

PLANTAS E MÁIS PLANTAS

  Os alumn@s de 1º e 2º  disfrutaron hoxe da súa primeira saída fora do cole.
  Foi unha visita guiada ao " Centro de Xardinería Casaplanta " na Ramallosa. 
 Como se portaron moi ben,  regaláronlles bulbos de tulipáns e nós, rematar a visita merendando  no parque.
 Premede aquí para ver  o video da visita, engadida no blogue "o noso horto".

lunes, 24 de noviembre de 2014

A HORTA ENCANTADA DE MARTÍN

    Martín de 1º chegou hoxe todo contento cos seus " versos á horta".
   Os produtos da súa horta convertéronse en animaliños : os pementos en crocodilos, as cabazas en tigres, os tomates en xoaniñas...

Encantáronnos os versos encantados de Martín e a súa familia !


viernes, 21 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS O MAGOSTO

  Aproveitando a tregua que nos deu hoxe o mal tempo, celebramos por fín o noso Magosto.
  Despois de comer as castañas, asadas por Joaquín e  moi ben asadas por certo !
 Distribuímonos por equipos, en xogos organizados polo profe Miguel : castaña-cesto,  relevo de castañas, a castaña que queima,  a castañuela ...
  O mellor, ver a cara dos pequerrechos disfrutando dos xogos cos maiores.


VISITA SORPRESA

  Os alumnos de 6º, fixéronnos unha visita sorpresa, acompañados da profe Elena.
 Para lembrarnos que mañá día 22 é Santa Cecilia, patrona dos músicos, deleitáronnos cunha canción africana.
Coa boca aberta quedamos, do moito que nos gustou !

viernes, 14 de noviembre de 2014

CALENDULAS

  Os nenos/as de 1º estamos moi abraiados polo rápido que brotaron as sementes de caléndula que sementamos a semana pasada.

 Se queredes ver os pasos que fomos dando ata chegar a ter esta fermosa plantación ...

  Premede aquí ou na pestana "o noso horto" na páxina da biblioteca, onde esta engadido un video.

       

jueves, 13 de noviembre de 2014

CONTACONTOS

   Hoxe os nenos /as de 1º xunto cos de 5 anos tivemos unha nova sesión de contacontos. Neste caso, moi especial para nós
  Catro dos nosos padriños lectores, Alex, Tania, Olaia e Antía, de 5º, contáronnos "Pomelo al otro lado del huerto." e gustounos moitiiiiiiisimo.
  Para ver máis fotos, premede na pestana da biblioteca.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

VERSOS Á HORTA DE ROI

  Esta semana Roi trouxo os seus versos adicados á horta do seu avó.
 Aínda rimos un rato, non por ver o avó tan enfadado, se non polas rimas tan simpáticas cos animaliños que lle fan pillerias, despois de levar tanto traballo.
Debémoslle un feixe de risas a Roi e a súa familia !


Aparece unha lupa ao mover o rato, para ler mellor o poema

lunes, 10 de noviembre de 2014

PREPARANDO O MAGOSTO

   Se o tempo o permite, celebraremos a nosa festa do Magosto no monte Galiñeiro como todos os anos.

   Por iso, xa empezamos a traballar cousiñas relacionadas con esta festa que tanto nos gusta. 
                                             Premede na imaxe
      


Conto "A Castaña que rebentou de risa" con imaxes de María Casares Ruíz do blogue Lápiz,papel y goma. Montaxe Ana Martínez Rey. Voz Beatriz Rodríguez Martínez.

viernes, 7 de noviembre de 2014

CONTANDO DECENAS

  Esta semana estivemos aprendendo a contar decenas. O máis sinxelo para aprender é manipulando obxetos, tocalos, contar unidades, agrupando , formando decenas...
  Na clase utilizamos escarvadentes. Engado as fotos para que poidades ver o concentradiños que estaban facendo a súa tarefa.