jueves, 22 de noviembre de 2012

Contacontos

Onte os alumn@s de 5ºA fixéronnos  un agasallo.
Na sesión de lectura viñeron a nosa clase para contarnos o conto "A galiña Marcelina".
Gustounos moitísimo e tod@s nolo contaron como se fosen contacontos profesionais, grazas o apoio da súa titora Mª Luisa .

Grazas por compartir connosco o voso traballo !



martes, 20 de noviembre de 2012

Exposición para lembrar

Hoxe os nen@s do 1º ciclo fomos visitar unha exposición o museo MARCO de Vigo.
" A balea negra " que así se chama a exposición, pretende que non esquezamos que hai 10 anos un barco , o Prestige , naufragou e contaminou toda a nosa costa de chapapote.
Fotos, videos e obras de varios artistas amosan que NUNCA MAÍS queremos que volva acontecer un desastre coma ese.

sábado, 17 de noviembre de 2012

Os alimentos

  Estamos a piques de rematar o tema  "Os alimentos". Para reforzar o vocabulario e os contidos do tema , deixovos estes libros LIM que atopei na páxina EDUCALIM.

   

viernes, 16 de noviembre de 2012

Taller de mates

  Hoxe na clase de mate traballamos con palillos (método ABN) as unidades e as decenas e xa aprendemos que 10 palillos forman 1 decena.

  O que máis traballo nos deu  foi poñerlle as gomas a cada grupo de 10 pero temos a sorte de que en cada equipo sempre hai compañeiros que nos axudan.



sábado, 10 de noviembre de 2012

Preparándonos para o Magosto

O martes celebraremos o Magosto na escola.

Se non chove , subiremos todos ao Galiñeiro a asar as castañas porque como di o refrán ... " Castañas , noces e viño (pouquiño) fan a ledicia do San Martiño "

Mentres se achega a data, podedes repasar o vocabulario desta celebración con este libro LIM.

viernes, 9 de noviembre de 2012