martes, 30 de abril de 2013

VISITA AO ZOO


  Hoxe puidemos realizar a visita ao zoo que tíñamos programada os alumn@s do 1º Ciclo fai dous meses e que tivemos que pospoñer por causa do mal tempo. 



  A visita guiada  non só foi unha explicación sobre as diferentes especies que habitan en Vigozoo, senón tamén que coñecemos porque están aquí, cales foron as súas historias e que lles ocorre ás diferentes especies para necesitar a nosa axuda fronte ás súas ameazas de extinción.

   As nosas guías complementaron a visita coa observación de diferente material biolóxico como plumas, pelo e cornamentas de varios animais.

                                     

viernes, 19 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

 O vindeiro martes 23 de abril, conmemórase o "Día do Libro".

 É unha data celebrada a nivel internacional co obxectivo de fomentar a lectura.


  A elección do día 23 de abril  como día do libro, procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e  Garcilaso de la Vega arredor  desta data no ano 1616.

  Clica na imaxe para ter información de Cervantes e da súa obra máis recoñecida " Don Quijote de la Mancha"


   Para esta conmemoración, debuxamos portadas dos libros que temos na biblioteca  para decorar o noso cole e ... 
  O martes 23, agárdannos actividades relacionadas cos libros e dirixidas polos membros do Equipo da Biblioteca onde participaremos xunto con todos os  alumn@s do centro.

miércoles, 17 de abril de 2013

A PAISAXE

  Empezamos a traballar o tema "A paisaxe ".Estamos recompilando fotos personais para colocar nun recuncho da aula o noso banco de paisaxes.
  E para lembrar o que facemos na clase, preme na imaxe e fai as actividades.

viernes, 5 de abril de 2013

Primavera

Xa rematamos o novo mural da nosa aula.


  E para saber máis da estación na que estamos, preme na imaxe e atoparás un libro LIM cunha morea de actividades.

miércoles, 3 de abril de 2013

TRES CONTOS

Hoxe os nen@s do 1º ciclo tivemos a sesión de lectura na biblioteca.
A profe Irene leunos , no, contounos TRES contos.

  Con "Un agasallo diferente" voou a nosa imaxinación convertendo un humilde agasallo dun amigo nun tesouro de posibilidades.

                        .

  Con "A cebra Camila " bailou a  memoria lembrando por que cousas cambiou Camila as súas raias.

                   Clica na imaxe e abrirás un libro LIM do conto

  E con " Luna" rematamos cantando.

       .

Que sorte temos de que nos conten contos como os conta Irene !