viernes, 29 de abril de 2016

MAXIA OU CIENCIA ?



Hoxe a nosa ANPA agasallounos cun xenial espectáculo de maxia moi relacionado co noso proxecto anual: Inventos e experimentos.





O mago Teto engaiolounos desde o principio cos seus trucos máxico-científicos e co seu sentido do humor que fixo que non pararamos de rir durante todo o espectáculo. Dou fe !

Ao remate foi o mago quen deu a coñecer o nome da fotográfía gañadora do "Concurso de Fotografía": " El nombre de la rosa " de José Liz, pai da nosa compañeira de 1º, Carlota.

No blogue da Biblioteca, tedes xa a entrada con todas as fotos presentadas ao concurso

Parabéns ao gañador e a todos os participantes pola súa colaboración !



jueves, 28 de abril de 2016

SAÍDA AO MUSEO DO MAR

Hoxe os alumnos/as do 1º Ciclo visitamos o Museo do Mar en Vigo.
Os nenos/as transformáronse en pequenos mariñeiros e practicaron distintos medios de pesca.


Tamén percorreron o acuario e escoitaron unha lenda mariñeira sobre unha serea.
Remataron a saída, aproveitando o esplendido día, merendando e xogando en Samil.


lunes, 25 de abril de 2016

EXPERIMENTANDO NA CASA

Leire co seu experimento demostrounos que unha marca coñecida de cola, e non é a única, conten moitos azucres engadidos. Unha lata de 330 mililitros das bebidas máis consumidas de cola conten case 9 culleradas de azucre.



A
comunidade científica leva tempo intentando que as latas de refrescos azucarados leven nos seus envases unha advertencia de seguridade porque...

 

" Tomar bebidas azucaradas, contribue a xerar caries, diabetes, obesidade e como consecuencia enfermidades cardiovasculares". 
BUFF !


viernes, 22 de abril de 2016

TRES CONTOS TRES


A nosa compañeira de ciclo Carlota de 1º, xunto co seu irmá Xoán e a súa nai Elena agasallaronnos hoxe cunha sesión de contacontos moi, moi divertida.




Se queredes saber máis desta actividade e botar un ollo as fotos , visitade o blogue da Biblioteca.
Que familia de artistas !!

miércoles, 20 de abril de 2016

CREANDO CONTOS

Esta semana seis tabletas estan percorrendo o cole, da man da profe "Anita", a coordinadora de TICS.
Nos eleximos crear contos e como as Apps, xa as tiña instaladas en todos os dispositivos, con unhas estupendas explicacións de como iniciar a actividade, puxemos a nosa imaxinación a traballar.

  • Escribimos o título e o nome dos autores.
  • Seleccionamos o fondo.
  • Introducimos o conto.
  • Escollemos aos personaxes cos seus complementos.
  • Engadimos diálogos ou pensamentos aos personaxes ...

Bueno, algúns pasos ... saltámonolos pero para ser o primeiro contacto, resultou xenial !.
Gañaron por maioría os contos de superheroes, algúns fulminados con tanto estoupido.
Nos para non ser menos, pasámolo BOMBA,  grazas a nosa SUPER-ANITA.


jueves, 14 de abril de 2016

EMOCIÓNS DE CORES


Esta semana, nunha nova sesión de contacontos, os alumnos/as de 3º fixéronnos disfrutar moito a 1º e 2º con este divertido monstro que non sabía que lle pasaba.

Miúda lea tiña coas emocións !



Volvemos a clase amarelos de ALEGRÍA por dous motivos :
- Temos no noso cole ,uns compañeiros que contan contos para quedar coa boca aberta . PARABÉNS !!!
- Prestáronnos o disfraz do monstro e o temos na clase !

  Continuaremos logo, desfacendo o envurullo das emocións !


martes, 12 de abril de 2016

SEMENTEIROS Á HORTA

  As sementes que sementamos co profe Juán xa estan na nosa horta.

 Puidemos plantar cabazas e pepinos no exterior e dentro do invernadoiro, tomates e berenxenas.

 Agradecemos moito a axuda de Marcos que nos botou as dúas mans para empezar e a da profe Carmen que nos resolveu, coa mangueira, o problema da rega ...
 Nos, coas regadeiras porque non había auga e resulta que ... a chave do clorímetro, estaba pechada
 Uuuy cabeciñas con pelo !

 Nota : Pensaremos moito o momento de entrar de novo no invernadoiro.             Case afogamos coa calor ! 


jueves, 7 de abril de 2016

OBRADOIRO DE FROITAS


  Esta semana os alumnos/as de 1º e 2º participamos no noso cole nun obradoiro teórico-práctico organizado polo "Club Vitaminas"(Premede na imaxe se queres saber máis sobre o club)



  Un proxecto educativo organizado por "Frutas Nieves" para fomentar hábitos de alimentación saudables entre os máis pequenos.

  Resultou moi entretido, grazas a Olga, que despois dunha explicación a modo de xogo, sobre como debe ser unha boa alimentación , animounos a elaborar espetadas de cores con anacos de piña, kiwi e laranxa .
  DELICIOSAS !!



viernes, 1 de abril de 2016

ENCHENDO DE VIDA O COLE

  Xa temos as nosas sansevieras colocadiñas no corredor do noso andar.

  Reciclando un palé, con axudiña externa, pintámolo, barnizámolo, decorámolo e puxemos nel, cinco clases de sansevieras .

  Foi traballo de varios meses e de escoitar "bufidiños", nos caladiños, de que fulminamos a partida que había para as plantas. Síntoo, Teñen toda a razón ! 

  E non saben que ... as sansevieras pequerrechas , foron da nosa conta !
   Quedou chulísimo o noso traballo, non si ?