viernes, 26 de septiembre de 2014

XA ESTAMOS EN OUTONO

   Esta semana entramos nunha nova estación " O OUTONO " e ainda que estos días estamos pasando o que dín que é o veranillo de San Miguel, engado un LIM e un enlace con xogos para traballar cousiñas desta estación que acabamos de estrear.




viernes, 19 de septiembre de 2014

MINICONCERTO

    Hoxe asistimos a un "Miniconcerto" de instrumentos de vento, impartido por profesores da " Escola de Música de Vincios" co fín de animar a todos os alumn@s ,que desexen aprender a tocar algún instrumento,  teñan unha opción máis dentro das actividades que poden escoller.

   Contáronnos un conto, cantámos ,bailamos e ata algúns tiveron a opción de facer soar algún que outro instrumento. 

lunes, 15 de septiembre de 2014

XA ESTAMOS EN PRIMEIRO

   Agora que xa estamos todos , aquí tedes as fotos dos alumnos de 1º.

  Ainda estamos quentando motores e temos moitas máis ganas de xogar e falar que de traballar pero pouco a pouco, rodará este novo curso que ten moitos cambios para vós: outra  profe, novos compañeiros como Martín e Hugo e novo proxecto para desenvolver " Pouquiño a pouquiño creamos o noso horto".
  
 Imos ter un horto !

                    Clicade na foto se queredes saber quen é quen

lunes, 8 de septiembre de 2014

OLA A TOD@S


   Hai unha semana que nós xa voltamos ao cole.

   As primeiras novidades son que os titores destes dous primeiros cursos de Primaria seremos en 1º  Naty e en  2º  Miguel Oliveira.



   Con ganiñas xa de ver o que medrastes , algúns non medramos nada, como me dixo alguén que me quere ben, esperámosvos a tod@s o vindeiro mércores día 10 e ...