viernes, 30 de octubre de 2015

CESTAS , CABAZAS E ... UN EXPERIMENTO

Chegou o día da exposición das cabazas que xunto coas cestas que foron chegando ao longo da semana , encheron o cole co recendo dos froitos do outono.
En 2º para entreter o  tempo entre as subidas e baixadas para ver as cabazas, aproveitamos para facer un sinxelo experimento.
Con globos nesta ocasión con caveiras e cabazas e uns paus de brocheta fomos quen de ... atravesar os globos sen que exploten. !
As fotos estan engadidas na montaxe inferior xunto coas imaxes das cestas de primeiro e segundo , e de como quedou a exposición das cabazas.

                         

miércoles, 28 de octubre de 2015

BIBLIOTROCO

Onte celebramos no cole o "Día das Bibliotecas" facendo un bibliotroco despois do recreo.
 Premede no  blogue da bliblioteca  se queredes saber máis sobre esta actividade.

Como a maioria xa lle botara un ollo aos libros recompilados...
 Poucos quedaron defraudados co seu troco !

lunes, 26 de octubre de 2015

INDO PARA O SAMAIN

Entramos na semana do Samaín e o cole xa ten  tufo a festa . 
Para entretervos antes da chegada do gran día da exposición das cabazas, engado este Symbaloo  cunha morea de actividades, xogos e manualidades  para pasar un ratiño mentres imos para o Samaín.


viernes, 23 de octubre de 2015

EXPERIMENTANDO NA AULA

Pouco a pouco imos facéndonos co noso "kit de experimentos" , insistindo moito nas medidas de seguridade a hora de experimentar e procurando sempre a supervisión dun adulto para evitar calquera situación de risgo.
Hoxe co experimento "Inflar un globo cun ovo" observamos unha sinxela reacción química ,proceso no que unhas sustancias reaccionan transformandose noutras distintas.


O ácido acético do vinagre ao reaccionar co carbonato de cálcio da casca de ovo, liberou un gas, dioxido de carbono, que fixo inflar, un pouquiño, o globo. GUAU !!

miércoles, 21 de octubre de 2015

EXPERIMENTANDO NA CASA

Esta semana tocoulle a Sharay explicarnos o seu experimento caseiro. Fenomenal !


E para botarlle unha man as familias, engado un enlace na imaxe inferior e na banda dereita, onde atoparedes sinxelos experimentos para facer na casa . Tamén  no  rincón do proxecto na entrada do cole , estan expostos libros sobre o tema ,de onde podedes  coller unha morea de ideas


viernes, 16 de octubre de 2015

O NOSO MAGOSTO

Hoxe disfrutamos do noso magosto ,como cada curso, no monte Galiñeiro.
Os alumnos/as de terceiro a sexto, subiron andando desde o cole e como estan en tan boa forma física case que chegaron antes que os que subimos no bús.
Non ten prezo o traballo do profe de Edº Física no fondo físico do noso alumnado. Magoa que non sexa quen de facer o mesmo con algúns membros do claustro que decántanse máis polas rutas gastronómicas

Engado un LIM na imaxe inferior sobre esta celebración e algunhas fotos dos nenos/as de 1º e 2º para facervos unha idea do ben que o pasamos.
                                     


jueves, 15 de octubre de 2015

martes, 13 de octubre de 2015

A AUGA QUE NON CAE

Xa comenzou a andaina da nosa " Mochila Viaxeira" e a primeira casa onde recuncou foi na de Lucía.
Contounos o moito que disfrutou facendo o seu experimento e explicóunolo tan ben que algúns xa manifestaron a intención de repetilo nas súas casas.

Unha onda para a familia de Lucía ! OHHHHH !!


viernes, 9 de octubre de 2015

ASÍ ERAMOS, ASÍ SOMOS !


   Como estivemos aprendendo cales eran as etapas da vida polas que pasan as persoas, ocorréusenos comprobar con imaxes, se cambiamos moito desde que éramos pequenos.


 Engado a mostra do noso mural  e ...


               VAIA SE CAMBIAMOS !!



lunes, 5 de octubre de 2015

A BIBLIO ABRIU AS SÚAS PORTAS !



A maxia existe ,demostróunolo a profe Elena, que con nada fai un todo, co seu espectáculo de inaguración das actividades da Biblioteca deste curso.




Na biblio recollemos a información de onde estaba a pista para dar coa nosa caixa da " Aventura de Ler" que finalmente atopamos no despacho do director.

                                       COMENZA A AVENTURA !