jueves, 30 de abril de 2015

APRAZADA SAÍDA AO ZOO

  Hoxe tíñamos prevista a nosa sáida ao zoo e non puido ser por previsións de mal tempo.

  Ó final resultou non ser para tanto pero como tivemos que tomar a decisión na víspera... o que pintaba non era nada bo.

  Quedou aprazada ata o 15 de xuño por non haber datas libres ata ese día. 

lunes, 27 de abril de 2015

Á BEIRA DO RÍO ...

  Hoxe asistimos a unha actividade ofertada pola Concellería de Medio Ambiente de Gondomar para coñecer a flora e a fauna que podemos atopar á beira dos ríos da nosa comarca.
  Despois dunha pequena charla acompañada duns videos, os alumnos/as de 1º,2º e 3º fixemos un pequeno percorrido ata a beira do río Zamáns que pasa cerca do colexio.
  Coa axuda dos biólogos puidemos recoñecer amieiros, carballos ,loureiros e ata unha sobreira.
  Animaliños ningún, estaban ben agochadiños.

VERSOS Á HORTA DE ...

antia

que contounos hoxe o que ten a súa hortiña , ata ten ...
 " ... un espatallo 
    para que fuxan os paxaros"

viernes, 24 de abril de 2015

FROITA NA ESCOLA

  Un curso máis o cole participa no programa "Alimenta-t Ben" enmarcado dentro do Plan Proxecta.
  O obxectivo deste programa é a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado e fomentar o consumo de froitas.

  Esta quincena puidemos saborear froitas como as laranxas, peras, piña, platanos, mazás, amorodos e outras froitas que non coñecían ou non probaran como o mango e o aguacate.
  En xuño teremos a segunda "quincena da froita" do programa

jueves, 23 de abril de 2015

BOOKCROSSING NO DÍA DO LIBRO

   Facendo un pequeno percorrido polos arredores do cole, onde algúns nen@s fixeron de guías e nos amosaron as casas dos seus veciños e que atallos coller ... liberamos os nosos libros, en zonas de paso habituais para que puidesen ser vistos sen dificultade.
   Pola tardiña xa chegara aos nosos oidos que estaban noutras mans.
   Seguirémolles a pista !



miércoles, 22 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

  Mañá celebraremos ,se o tempo o permite , o "Día do Libro" levando a cabo a proposta de Librincios de "bookcrossing" con libros cedidos da nosa biblioteca.
   Para saber o que é o bookcrossing entrade na páxina da nosa biblioteca e atoparedes uns simpáticos videos dos alumnos/as de 4º explicando en que consiste esta actividade.

martes, 21 de abril de 2015

VERSOS Á HORTA DE ...

angel
  Xa queda pouco para rematar os nosos versos a horta.
 Esta vez tocoulle a Ángel e a súa familia que lle dedicaron os seus versos a como atopamos os campos labrados e "os amorodos listos para ser papados"

jueves, 16 de abril de 2015

REFRANEIRO DA HORTA

         

  Din que o refraneiro popular é moi sabio e como este curso xiramos arredor da horta, co axuda das vosas familias, achegados ou veciños recompilaremos refráns, rimas ou ditos polos que os nosos avós se guiaban á hora de traballar a terra .



    As fichas de traballo , a poder ser, entregaranse o martes para :
  • Ler e comentar o material recollido.
  • Facer unha selección dos ditos e refráns.
  • Elaborar o noso refraneiro.
Aquí vai un ...
" A HORTA DO SAN MARTIÑO
  TEN PARA ÉL E PARA O VECIÑO "


lunes, 13 de abril de 2015

POESÍAS EN GLOBOS

  Cunha tirada de globos cheos de poesías, escritas por todos os alumnos, rematamos as actividades que xiraron arredor  do " Día da Poesía".
  Terminou o acto coa lectura dun poema, dos atopados nos globos , a cargo dun alumno/a de cada clase.

EXPOSICIÓN DE 1º

Xa está editada a exposición que fixemos  na biblioteca, os alumnos/as de 1º o día 27 de marzo.
Para que vexades como nos saiu ...


jueves, 9 de abril de 2015

QUE SABEMOS DOS ANIMAIS ?

  Comenzamos o trimestre co tema " OS ANIMAIS ". Engado enlaces para reforzar e ampliar o que imos traballar na clase.

.





                                    Actividades LIM


                                                 Xogo

miércoles, 8 de abril de 2015

VERSOS Á HORTA DE ...


 Yeray e Hugo recitáronnos hoxe os seus versos ao " Millo" e a un "Tomate rapeiro".
 A maiores Yeray, fíxonos cunha piña este personaxe do libro de manualidades da mochila.
 Gustounos moito o seu traballo !