jueves, 26 de febrero de 2015

QUE BONITO, XIANA !

  Xiana de 2º, cunha posta en escea do máis colorida, contounos na sesión de lectura "Pilú, Pilú "

 Deixounos co seu conto a mensaxe de ... " non subestimar aos demais, por pouca cousa que parezan" porque ao final é un "pequerrecho" paxaro quen resolve o problema dun "enorme" crocodilo.

  PARABÉNS a XIANA polo ben que o contou e polo ben que nolo fixo pasar !


miércoles, 25 de febrero de 2015

UNHA DE TÍTERES

  Hoxe asistimos a unha sesión de títeres, "Os Narigudos",  no Teatro Afundación en Vigo.
O obxectivo era facernos reflexionar sobre a importancia de valorarnos nós mesmos tal e como somos pero ...


   Para os profes non resultou ser como esperábamos ,a causa do deficiente son,  que non permitía seguir ben o argumento da obra.
  Os nen@s dixeron que lles gustou ...
Asistimos ao  mesmo espectáculo ou foi máis por andar de baranda ?

lunes, 23 de febrero de 2015

VERSOS Á MIÑA HORTA DE ...

aitana
  Chegou hoxe a "mochila viaxeira" cos versos de Aitana a horta da súa avoa. 
  Encantoulle facer os versos coa súa nai pero do que máis orgullosa estaba era ... do seu sol.

jueves, 19 de febrero de 2015

SEMENTANDO LEITUGAS

Despois de experimentar plantando...
1)   Caléndulas que por certo,  morréronnos, a pesar de coidalas moito.
2) "Cravos da India" parecidos aos caraveis, pero... non dan  medrado !
3)  Tulipáns, de momento resisten.
4)  Hoxe plantamos leitugas "Catro Estacións". Medraran ??

 Clicade na imaxe se queredes ver máis fotos na páxina " O noso horto"   

viernes, 13 de febrero de 2015

CHEGOU O ENTROIDO !

  Despois dunha semana de probas e ensaios, chegou o gran día.
 Os neno@s de 1º e 2º disfrazáronse de divertidos espantallos.
 Aquí deixámosvos unha mostra do contentos que se veían cos seus disfraces e na Web do cole, xa podedes ver o video do noso desfile.

  Temos que dar as gracias a todos os profes,  Ana Eva incluida,  por estar sempre aí, para botarnos unha man ... ou máis, no que nos faga falta.

BO ENTROIDO A TOD@s

lunes, 9 de febrero de 2015

VERSOS Á HORTA DE ...


Uxía Gil entregou hoxe a  "Mochila Viaxeira"
  A mochila chegou da mán dunha fermosa eiruga que fixo para a clase, do libro de manualidades.
  Os versos dedicoullos ao seu avó Felix que tiña unha horta con moitas cousiñas e que agora coidan co mesmo agarimo como o facía él.

jueves, 5 de febrero de 2015

KILOS E KILOS

  Hoxe recolléronnos os alimentos que estivemos recadando estes días para o " Banco de alimentos". 
 Os pequenos axudados polos maiores, baixaron o recollido por cada aula e... mirade a cantidade de alimentos que xuntamos entre tod@s.
 Moitas grazas as familias por colaborar tan xenerosamente nesta proposta, aportando máis alimentos dos que nun principio patrocinaron.