miércoles, 30 de abril de 2014

RECEITA VIAXEIRA DE ANA

  Así de contenta chegou Ana coa proba da súa  deliciosa receita " Trufas de chocolate e labras de cores ".
  Tocounos a dúas por barba e ainda así os máis rápidos cobizaban as dos outros por si non eran quen de comer toda a trufa.
  Hainos ben lambóns !
Moitas grazas a Ana e familia por agasallarnos con estas trufas tan doces



RECEITA DE ANA - Movie Maker

  
   Uxía non puido probar as trufas  pero que saiba que a botamos moito de menos e que tod@s desexamos que se recupere pronto para que volva a estar con nós.
   
            E a falta de trufas  ...
        

lunes, 28 de abril de 2014

TROUBLE IN THE JUNGLE

   Hoxe os nen@s do 1º e 2º Ciclo asistimos a unha representación teatral en inglés na sala de usos múltiples.
 Difrutamos e participamos moito porque as cancións coñecíamolas todas de traballalas nas clases de inglés.
 Temos que dalas grazas a A.N.P.A. por subvencionarnos esta actividade que  propuxo a profe Salo e que tanto nos gustou.


viernes, 25 de abril de 2014

RECEITA VIAXEIRA DE ANDRÉ

   André explicounos hoxe a receita que fixo na súa casa " Tarta da avoa "
Con 1/2 litro de leite, tres sobres de Flanin, azucre, galletas e Colacao fixo esta deliciosa tarta coa axuda de Sara.
  Díxonos que non se separou da bandexa ata que non quedou nada. Crémolo !


miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

  Hoxe para conmemorar o " Día do Libro" o grupo de teatro de actividades extraescolares representounos  " La verdadera historia de Caperucita ".

 
 
  Foi moi especial para nós porque tres dos actores eran da clase de 2º Hugo, Sofía e Irene.


  
 Fixérono fenomenal e disfrutamos moito coa súa actuación.



martes, 22 de abril de 2014

EXPOSICIÓN TRIMESTRAL 2º

   Xa temos as fotos que amosan un anaco do que fixemos na nosa exposición trimestral sobre a " Gastronomía". No blogue da biblioteca podedes ver a gravación das dúas exposicións do 1º Ciclo.
   Falamos do que nos aportan os alimentos, das nosas receitas e cantamos a canción " Todo natural" cun video de fondo co batido de froitas que fixemos no obradoiro de cociña.



viernes, 11 de abril de 2014

EXPOSICIÓNS TRIMESTRAIS

   Coa biblioteca abarrotada e unha atención inmensa por parte de todos, que é de agradecer, expuxemos parte do noso traballo sobre o proxecto "A GASTRONOMÍA " os nen@s do 1º Ciclo e de Infantil.
   Estiveron todos para comelos e facer sopas con eles do ben que o fixeron ... que imos dicir as súas titoras.
   Déixovos as fotos da marabillosa exposición de 1º e ... como non se pode estar " na misa e repicando " cando teña as de 2º mostraréivolas. 
                                          Clicade na imaxe

 Mentres tanto a tod@s ...

jueves, 10 de abril de 2014

O MELLOR AGASALLO DE PASCUA

   Xa temos padriños lectores, os rapaces e rapazas de 6ºA.
  Acompañados polo bo tempo, baixamos ao patio na sesión da lectura a disfrutar desta actividade xunto cos nosos padriños e madriñas e a verdade é que encantounos estar cos maiores do cole de xeito distinto a como estamos nos recreos.
  Moitas grazas polos vosos contos e por compartir o voso tempo con nós.

miércoles, 9 de abril de 2014

RECEITA VIAXEIRA DE HUGO

   Hugo preparounos coa súa familia " Brochetas de Froitas " con laranxas, plátanos, melocotón, fresa e .... por descontado chocolate.
  Teño que comentar que  hai tres que cando a receita ten froitas se lle reviran os ollos e din que lles doe a barriga para nin probar pero cando se trata de aproveitar os anacos de chocolate da fonte, pásalle de súpeto, que raro ?
Será algún tipo de alerxia a máis de dúas froitas xuntas ?
  Moitas grazas a Hugo e a súa nai Lola por compartir con todos nós a súa receita. Estaba IMPRESIONANTE de boa !


viernes, 4 de abril de 2014

BON APPETIT

   Os alumn@s do 1º Ciclo fomos a ver unha obra teatral " BON APPETIT ": tres cociñeiros franceses querían elaborar receitas típicas da cociña galega : empanada de zamburiñas, polbo a feira, lacón con grelos e filloas de anís.
  O resultado foi desastroso. Mellor non facerlles caso, as nosas nais cociñan moito mellor !

jueves, 3 de abril de 2014

CARA DE TETEIRA ?

    Hoxe os nen@s do 1º Ciclo fomos a biblioteca a disfrutar dunha divertídísima sesión de contacontos preparada por dúas compañeiras de 5º, Desi , Alejandra e a profe Irene.
   Resultou ser un conto cheo de sentido do humor que nos trasladou a un mundo fantástico onde calquera cousa podía suceder.
   Fíxéronnos pasar un rato estupendo !