viernes, 28 de marzo de 2014

MEDÍMONOS

    Como estamos traballando co metro e o centímetro, hoxe medímonos na clase para saber utilizar estas medidas.

   Marcamos na parede con pegatinas o que mide un metro e fomos comprobando o que mide cada un, por parellas para decirllo aos compañeiros que o anotaban nunha ficha e o tiñan que pasar a centímetros.

  " Lara mide 1 metro e 41 centímetros. Lara mide 141 cm."

    Resultou que a Sarai tocoulle medir a Lara. Aquí tedes como o solucionou e se clicades na imaxe podedes ver máis fotos.
     A min,  mediume Alex e... non se tivo que subir a ningunha cadeira para facelo.
     

                   Para seguir practicando preme na imaxe

jueves, 27 de marzo de 2014

RECEITA VIAXEIRA DE AROA

   Aroa convidounos a disfrutar da súa " Tarta de tres chocolates " branco, negro e con leite.

   Estaba tan boa que ata algún preguntou se podía lamber a bandexa.

   Graciñas a Aroa e a súa familia por esta delicia



domingo, 23 de marzo de 2014

O SOL , A LÚA , A TERRA ...

  
  RECURSOS SOBRE O UNIVERSO, a continuación preséntovos varios recursos online para investigar e ampliar o tema do UNIVERSO, SISTEMA SOLAR, TERRA,  LÚA,...





jueves, 20 de marzo de 2014

RECEITA VIAXEIRA DE SARAI

   Nesta cucada de cociña , a súa medida , posa Sarai cos ingredientes da súa receita " Galletas recheas de chocolate " : manteiga, azucre ,cacao, levadura Royal  e anacos de chocolate.
  Coa axuda da Thermomix e o seu irmá Joel elaborou estas galletas que según nos contou, tiveron algún que outro ... contratempo.



jueves, 13 de marzo de 2014

SAÍDA AO PAVILLÓN DE GONDOMAR

  Hoxe os nen@s do 1º Ciclo fomos ao pavillón de Gondomar a poñer en práctica algunhas técnicas básicas de iniciación ao judo que o martes nos explicaron no cole, dous judokas, nunha pequena charla sobre este deporte.
  No blogue de Edº Física podedes ver a montaxe que fixo o Profe Miguel coas fotos realizadas nesta saída.
  Pasámolo fenomenal !

  IMPORTANTE : Todos os que queiran iniciarse neste deporte poden asistir gratis as clases, os venres as 17h no pavillón de Gondomar.


miércoles, 12 de marzo de 2014

RECEITA VIAXEIRA DE SOFÍA

  Sofía convidounos a degustar as súas excelentes "Magdalenas con Nutella" feitas con fariña, ovos e ... Nutella. 
 Como podedes ver na cara dos que as probamos estaban requeteboas.
Moitas grazas a Sofi e a súa nai Fátima.

lunes, 10 de marzo de 2014

AS PAISAXES

  Recursos do proxecto Agrega para reforzar e ampliar o tema " As Paisaxes" 
  • Cambios na paisaxe
  • Paisaxe de montaña
  • Paisaxe de chaira.
  • Paisaxe de costa





sábado, 8 de marzo de 2014

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

    Todos os días, e de xeito especial o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, no contexto actual que estamos a vivir de constante perda de dereitos e liberdades, fan que a palabra IGUALDADE  vaia perdendo o sentido pouco a pouco e demostran que, meter a tesoira nos servizos sociais, nos afecta máis a todas que a todos.


   Nesta ocasión visionamos na clase este conto, que é moi axeitado para dialogar co alumnado sobre a desigual distribución dos traballos e as responsabilidades da vida cotiá entre homes e mulleres. 


  Tamén nos axudou para reflexionar sobre o importante que é a corresponsabilidade dentro do fogar (no que todas as persoas que convivimos temos que implicarnos: mulleres, homes, nenos e nenas), tanto no desenvolvemento das actividades domésticas coma no coidado das persoas.



    E este é o noso traballo para expoñer no corredor con motivo desta data. Escribimos nos pratos a que se dedican as nosas nais, avoas ou mulleres achegadas a nós e como estamos no ano da gastrónomía cal é o seu prato favorito.