viernes, 22 de marzo de 2013

Peter Pan


   Hoxe rematou o segundo trimestre do curso e os nen@s de 1º presentaron o seu traballo sobre Peter Pan na biblioteca.

 Despois de dicirlles a tod@s que investigaron sobre o autor do conto e que visionaron a película ,contaron un resumen do argumento.

  A continuación mostramos as escenas da pélícula que colorearon e o montaxe que fixemos .


  Para finalizar a exposición , a nosa versión dunha canción da película.


   Recibiron moitas felicitacións do seu traballo polo que remataron o trimestre encantados así que ... so desexarvos a tod@s que disfrutedes moito destas vacacións de Pascua e ... ata a volta !

domingo, 17 de marzo de 2013

Manualidad de Pascua


  Xa queda pouco para rematar este trimestre e na clase de 1º fixemos este coelliño para decorar o noso cartafol trimestral.

Materiais: Goma eva, ollos moviles, rotulador e tesoiras.
Realización: Diseñamos a plantilla, pasamos o debuxo a goma eva, recortamos, pintamos a cara e pegamos os ollos.

  E este foi o resultado.

lunes, 11 de marzo de 2013

A auga

Iniciamos un tema novo "Necesitamos a auga "
Para aprender, repasar e divertirse, clica nas imaxes.







martes, 5 de marzo de 2013

Día da Muller


  O 8 de marzo celébrase o " Día da muller traballadora".

  O mellor xeito de acadar a igualdade entre homes e mulleres é desde unha educación igualitaria e non sexista.

 Na nosa clase lembramos esta data analizando os papeis das mulleres nas pélículas Disney partindo do seguinte video.


viernes, 1 de marzo de 2013

Con que medimos ?

 Coa nosa ficha de traballo, fomos medir zonas e obxectos do noso patio
O campo de baloncesto, o largo e o ancho con pasos. A base da canasta con palmos e a portería de futbito con pés.

   O que levou máis tempo, feitos os grupos, foi poñerse dacordo entre eles para distribuir as tarefas : quen medía, quen contaba, quen anotaba ...

   E ... sorpresa ! A maioría dos grupos acordou, non sin algún que outro enfado, rotar para así todos facer de todo.