jueves, 31 de marzo de 2016

CELEBRANDO PRIMAVERAS

  Aproveitando que xa estamos nunha nova estación e que a que escribe ten moitas primaveras que celebrar, fixemos unha sinxela tarta para festexalo.
  O primeiro paso foi preparar a receita.


  Logo baixamos a cociña e Xavela que era a encargada da semana foi a que nos dirixiu cos pasos a seguir.

  Pero ... ao remate de todo o proceso, tivemos que esperar un día, ata comprobar se tomaríamos tarta ou natillas e... resultou que puidemos tomar tarta !

Máis de un, ración dobre e máis que houbera.  Saquiños sen fondo !



miércoles, 30 de marzo de 2016

DE GUTENBERG A INTERNET

  O último día antes das vacacións ,os nenos/as de  2º expuxemos na biblioteca unha parte do que traballamos no proxecto anual.

  Despois de adicar o primeiro trimestre a experimentos, que retomaremos , no trimestre pasado buscamos información sobre inventores e científicos que expuxemos no noso andar e nos deu pé para enlazar coa exposición que fixemos dos diferentes inventos que foron xurdindo desde Gutenberg ata os nosos días.

  Sóbranme os motivos para estar moi orgullosa de todos/as e máis que polo contenido polo xeito de desenvolverse ,atentos as entradas uns dos outros , apoiandose con discreción e  todos a unha .

  Engado algunhas fotos e a maiores xa tedes no blogue da biblioteca o noso video e tamén o proxecto dos pequerrechos do cole, un tenro botón de mostra do moito e ben que traballan as miñas compañeiras de Infantil.

martes, 29 de marzo de 2016

EXPERIMENTANDO NA CASA

Xa de volta das vacacións , a mochila viaxeira fixo de novo escala na clase. Esta vez  foi Adri quen nos explicou o seu experimento.


viernes, 18 de marzo de 2016

XOGANDO A MULTIPLICAR

Engado enlace con varios  xogos para practicar a multiplicación xogando. Queda engadido na banda dereita para practicar cando queirades.


E que disfrutedes moito das vacacións !




miércoles, 16 de marzo de 2016

EXPERIMENTANDO NA CASA

Esta vez tocoulle a Noa explicarnos o seu experimento e contounos que foi quen de sacar a xema dun ovo sen ter que rompelo . 

Aquí tedes como o fixo !

jueves, 10 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER

  
Esta semana, para conmemorar o 8 de marzo traballamos nunha nova proposta, suxerida polo Equipo da Biblioteca ,relacionada co noso proxecto anual.

 Desde o lema "Ciencia en Feminino" acordamos visibilidar nun corredor do cole, o papel das mulleres no eido científico.



En 2º xogamos co dobre sentido de "Mulleres con-ciencia" porque ao longo da historia romperon cos moldes que lles impoñia a sociedade na que viviron e que co seu traballo contribuiron e contribuen ao desenvolvemento científico en beneficio de todos.




lunes, 7 de marzo de 2016

O TRANVÍA LEONARDO

Hoxe os nen@s do 1º Ciclo, asistimos ao espectáculo musical "Rodarirrodar" da compañía Fantoches Baj.

Contáronnos con ritmos da nosa música popular, a historia do tranvía "Leonardo". O primeiro tranvía a vapor de Galicia que facía o traxecto entre Marín e Pontevedra.
Como era tan lento e descarrilada tan a miudo foi a conta o de ..." Eche un andar miudiño"
E cantámola tod@s eh?



EXPERIMENTANDO NA CASA

  Xavela demostrounos co seu experimento o que se coñece por "Tensión superficial dos líquidos". 
  En física denomínase tensión superficial dun líquido á cantidade de enerxía necesaria para aumentar a súa superficie .
  Esta definición implica que o líquido ten unha resistencia para aumentar a súa superficie. 
 Este efecto permite a algúns insectos, poder desprazarse pola superficie da auga sen afundirse, tamén é responsable da formación das pingas de chuvia, das burbullas de xabón ...


miércoles, 2 de marzo de 2016

E OS GAÑADORES SON ...

Xa temos gañadores do concurso " En  febreiro namórate da ciencia "
No noso ciclo os premiados foron ...
Adrián Lages de 1º co experimento "Como lanzar un cohete" na categoría 1º Ciclo e José Daniel Salgueiro de 2º, xunto coa súa nai Vanesa , na categoria adultos- familia co experimento " Holograma caseiro".

Parabéns aos gañadores polos seus fantásticos experimentos !


Todos os participantes recibiron un diploma para agradecer o seu entusiasmo ante esta proposta.
Agradecer tamén, o bo rato que nos fixeron pasar ,sen olvidar a man que está detrás da maioría dos traballos AS FAMILIAS !
Aquí tedes os videos gañadores do noso ciclo e no blogue da Biblioteca estan engadidos todos os premiados.





Deíxovos algunhas fotos do acto da entrega dos premios.