miércoles, 25 de noviembre de 2020

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


En 1º fixemos o "Barco da Igualdade" onde cabemos tod@s e nos respetamos tod@s rexeitando calquera tipo de violencia.


Lemos e visionamos o conto de Adela Turín " Arturo e Clementina" e redactamos a que sitios foron as nosas Clementinas. 





viernes, 20 de noviembre de 2020

OBRADOIRO CONTOS e MONICREQUES

Estas dúas últimas semanas mergullámonos nun obradoiro de monicreques e contos promovido pola Concellaría de Igualdade para crear entre todos un conto relacionado coa igualdade de xénero, a nosa contorna e o traballo en equipo.

Grazas a Amara, a monitora encargada do proxecto ...
  1. Eleximos como serían os nosos protagonistas e fixemos uns pequenos monicreques a modo de bocetos.
  2. Logo situamos aos nosos personaxes en lugares da nosa contorna e empregando "choiva de ideas" acordamos , que lles pasaba e como solucionaban o problema que tiñan.
  3. Elaboramos os nosos monicreques para acompañar ó ensaio da lectura dramatizada do conto.
  4. Por último só nos queda titular o conto e gravar o resultado final.
Aqui deíxovos algunhas fotos do proceso se premedes 👇



lunes, 9 de noviembre de 2020

O NOSO CORPO

Para reforzar o que xa sabemos e aprender máis sobre o noso corpo .


                                       
Clica nas imaxes