miércoles, 22 de junio de 2022

PASIÑO A PASIÑO UN CICLO REMATADIÑO

       Chegamos na aula de 2º ao final do noso voo xuntos, non sen mágoa polas despedidas e morriña xa do tempo que pasamos coas nosas cancións, ,as rimas, os bailes, as retahilas, os traballos en equipo , as celebracións do traballo ben fetiño coa cantiga e o cupón de "se lo merece" e ... unha morea de cousas que aprendemos e fixemos xuntos.

     Quero agradecer todo o apoio e agasallos que recibín dás familias non sen dicirvos que o mellor agasallo foi ver medrar e compartir  estes dous cursos cos vosos fillos, que aínda que as veces poñíanme a "cabeza como un bombo", falangueiros son un rato , é un grupo extraordinario que merece todos os sorrisos do mundo.

     Deixovos unhas montaxes de momentos vividos este ano e outra coas preciosas fotos que xa tedes , que lles fixo a artista da  profe Elena .



  Con moito cariño ... ( eles xa saben o que segue)💓



     QUE DISFRUTEDES MOITO MOITO DAS VACACIÓNS !


miércoles, 8 de junio de 2022

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

        Como cada curso non cole,  ao redor  do 5 de  xuño, "DÍA  DO MEDIO AMBIENTE" os  pequerrechos  do cole plantan  unha  árbore coa axuda dos seus padriños.

        Este ano a  árbore  escollida  foi   unha  moreira que se plantou no patio de infantil.


       Os  nenos e meniñas de 2º plantaron  xa   hai cinco anos  unha  laranxeira que medra  frondosa  e chea de brotes novos igual que  eles.



miércoles, 1 de junio de 2022

CONTACONTOS " UN BICHO RARO"

        O conto escollido polo noso "padriño lector" o profe Miguel para agasallarnos cunha sesión de contacontos  foi  “Un bicho raro” de Clara Redondo onde o protagonista Willy, un neno moi futboleiro, experimenta a discriminación en función do xénero e isto axúdalle a recapacitar sobre o seu comportamento no pasado e a ser máis consciente do importante que é promocionar a  coeducación 

      Por iso, como noutros ámbitos da vida social, no deporte débense desenvolver e promover actitudes e comportamentos que reforcen o respecto á dignidade da persoa e á diversidade humana polo que resulta esencial na práctica deportiva, ademais de competir, participar, gozar, divertirse, emocionarse e construír recordos compartidos, fomentar valores tales como a tolerancia, a integración, e o compañeirismo .

     Grazas padriño por este conto que nos fixo reflexionar unha vez máis  nesas discriminacións  das que non nos damos conta ata que lle damos a volta.




viernes, 13 de mayo de 2022

DIA DAS LETRAS 2022

      Celebramos hoxe o DIA DAS LETRAS no cole cun día esplendido e unhas actuacions estupendas de todos os nosos compañeiros/as.

      Deixovos unhas fotiños máis do noso grupo e algunhas que fixemos cos irmáns que este día asistiron ao cole. No blogue de ciclo e na web do cole xa podedes ver todas as actuacións e máis fotos de todos os grupos durante a celebración.

     Premede na imaxe para ver as fotos👇                                                     





viernes, 29 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO , SEMANA DE LIBROS

   Celebramos o "Día  do Libro " lendo os  contos que nos gustan  aos  nosos  compañeiros, dentro dá aula, no patio ...  e elaborando un mural  cos  nosos  contos favoritos.

   Como remate dás actividades, os  nosos  "padriños lectores",  fixéronnos gozar  cunha estupenda representación  do  conto "O fillo do pirata" que nos fixo  rir a  gargalladas  e ... por se  non  fora de  abondo,  entregáronnos un precioso detalle  moi  moi  pirata .

     Grazas por este bo rato que nos fixestes pasar !

👇



        


viernes, 8 de abril de 2022

DANIELA PIRATA

      As voltas coa " IGUALDADE " , fixemos a nosa versión en galego do conto de " DANIELA PIRATA" . 

     Superando algún que outro contratempo durante a gravación , que si ruido da desbrozadora no patio, que si buscamos unha aula libre más aillada para evitar interrupcións , que un entra ,outro sae  ...

    Aquí tedes o noso  audio seguindo as ilustracións do conto , se clicades na imaxe 👇


     E ... que disfrutedes moito deste tempo de lecer !



miércoles, 6 de abril de 2022

TARTA PRIMAVERA

    Para festexar que estamos a un chisco das vacacións e que ven o bo tempo preparamos a receta e fixemos esta fresquiña tarta  que non necesita forno .


   Preme na imaxe para ver como a fixemos👇




jueves, 24 de marzo de 2022

SEMANA DA POESÍA

     Esta semana celebramos o " Día da Poesía " coa proposta de escoller un poema ,ilustralo e preparar o seu recitado para na sesión de lectura asignada a cada grupo , lerllo aos compañeiros no recuncho ambientado na entrada do cole para tal fín.

    Todas as miñas " Oruguiñas " se  animaron a recitar os poemas que escolleron e fixérono fenomenal.  Poemas para rir e sorrir , poemas para lidar coas palabras , poemas para ... imaxinar e gozar.

   Clicade na imaxe se queredes ver mais fotos.👇




viernes, 25 de febrero de 2022

CHEGOU O ENTROIDO !

     Hoxe desfilamos disfrazados con todos os nosos compañeiros/as no patio do cole. Tedes aquí , premendo na imaxe , as nosas fotos durante a celebración e na 👉  web do cole dúas montaxes cos fantásticos  disfraces de todos os grupos.

     Que disfrutedes todos moito do  ... ENTROIDO !

👇




lunes, 31 de enero de 2022

SEMANA DA PAZ

 En 2º esta semana estivemos realizando unha chea de actividades ao redor do libro ...

Colaboramos no mural conxunto de todo o cole, aprendemos vocabulario , cantamos a canción relacionada co conto ,fixemos unha sopa e escribimos a receita da mellor sopa do mundo😋


Preme na imaxe👇




miércoles, 19 de enero de 2022

CONFINADIÑOS POR GOTEO

      Para as familias e nen@s que están confinados estes días (volven uns e marchan outros e... así levamos quince días) ou faltando por precaución ante posibles síntomas é importante crear unhas rutinas cos nenos/as, se se atopan ben.

Sen abafos que lean todos os días e alternen tarefas ... escribindo contos co dado, inventando problemas  , debuxando , cociñando e escribindo a receita, realizando algún experimento  explicando os pasos , facendo as propostas  enviadas polo correo de aula ao seu ritmo e ... inventando xogos e XOGANDO.

Que pasen estes días do xeito máis leve posible é o que desexamos todos !

 A maiores engadimos este enlace con recursos 👇


 Xogos de INVERNO👇