martes, 23 de junio de 2020

COLORÍN COLORADO ...


Xa podedes ver todos a nosa revista escolar o Xornaliño deste curso na páxina web do cole

COLORÍN , COLORADO ... AOS MEUS NEN@s de 👇

Vento en popa e a toda vela ,os meus piratas de 2º  levan áncoras  para piratear noutros lares e hoxe aínda que con magoa da despedida ,  berrariamos  como tolos polos corredores  o de “ vacaciones, vacaciones  oe,  oe , oe” este remate de  curso non queda outra  que despedirmos con adeuses a distancia.


Como xa todo está dito no último correo que vos acheguei,  aquí van os meus adeuses, se clicades nas imaxes ou nas ligazóns , en forma de👉 carta 👉conto e de 👉fotos con momentos compartidos  destes dous cursos que se nos quedaron tan, tan  curtos. 
   Apertas de oso xigante !
  
    
 Grazas familias por estar aí todo este tempo !


E ... eles puxeron a guinda con estes preciosos agasallos e un video para lembralos como sempre lles dicía, rindo e bailando que me fixeron latexar o corazón a mil. 21💓👇






Hoxe, 19 de xuño,  o noso Teo cumpre 8 anos e tod@s desexamos que disfrute dun día moi , moi feliz .


BO VERÁN A TOD@S !

lunes, 15 de junio de 2020

TODO SAIRÁ BEN !

 IMPORTANTE (comunicado do centro)

Revisade as actualizacións que van xurdindo no blogue e lembrade que no blogue da biblioteca tedes propostas moi interesantes para a👉 " Hora de Ler " grazas a profe Carmen.


Clicade na imaxe 👆se queredes ver esta preciosa cantiga que compuxo  a  nosa profe Elena para achegar a todo o persoal do Centro a todos os ne@s do cole co noso maior desexo de volver a atoparnos  xuntos.
Volveremos como as anduriñas na primavera ...
💓💓💓💓💓💓💓💓💓

👉  Suxerencias psicolóxicas  para longos períodos de confinamento.

👉  Con que mochila queres que saian os teus fillos de casa cando isto pase ?   (video do Blogue  Gestionando hijos)



RECOMENDACIÓNS  PARA  1º


RECOMENDACIÓNS  PARA  2º 👇

PROPOSTA FINAL (15-6-20)
Premede nos ligazóns para ver as propostas para esta semana , a última do curso 😉


Webs e recursos  apoio e ampliación 👇

                   Boa semana a tod@s !

                     



PROPOSTA 12 (8-6-20)
Premede nos ligazóns para ver as propostas desta semana.

👉 Plan semanal 👇

Webs e videos apoio e ampliación 👇


Videos e fotos "Fase 3" 👇

Despois de estar trafegando toda a semana coas propostas das "Árbores da fraga " e dando " Un paseo polo bosque" cos retos da raposa Fedella para lembrar o "DÍA DO MEDIOAMBIENTE" ...

👉Leo chegou ao reto final e elaborou a proposta do comedeiro para paxaros natural  para axudar a alimentar aos paxaros da súa contorna. Quedoulle chulísimo !!💚
👉 Izan e a súa irmá Naira  fixeron un feixe de comedeiros para poder ver paxariños ao redor da súa casa. Xenial !👌
👉 Xonxa tamen quere encher Vincios de paxariños. Ole, ole👏
👉Laura explicando fenomenal a investigación que fixo sobre as árbores da fraga e 👉descansando na súa andaina polo monte antes de chegar as 👉nubes subindo ao Galiñeiro coa mellor compañía.👪 Preciosas fotos !
👉 Iago P. mostrando todo o que atopou na busqueda do tesouro. Todo un campión !👍
👉 Teo achegounos un video co seu traballo sobre o castiñeiro e o carballo e outro co proceso que seguiu para facer o 👉comedeiro para  paxaros Moi ben Don Teo !
👉Iker enviounos a elaboración do seu  👉comedeiro que rematou colgado nun  abeto e xunto a súa familia espiando que paxariños se achegaban. Xa tedes traballiño para todo o verán...Estupendo traballo Iker !
👉Thiago en plena búsqueda dos seus tesouros da natureza. 👍 
👉Xoán R dedicouse a busca de tesouros por cores e tamén encantoulle facer o  👉comedeiro dos paxariños co seu pai . Estupendo traballo !
👉 Xoán L quíxonos ler o poema das "Arbores da fraga" que lle encantou e xa ten plan dunha ruta polos  arredores para localizálos e fotografiar algúns. Que ben Xoán !

Os animais e o seu coidado son algúns dos maiores tesouros destes meus piratas ...👇

👉Iago S. pasando o tempo do máis natural coa sua cadela Meiga .😊
👉 Sara e Marta non dan feito alimentando a oito coelliños que quedaron sen nai. Non podían ter mellores coidadoras !👏
👉 Lucía O. na busca de tesouros na natureza non atopou nada mellor que o seu poliño Pipo como algo marrón e a súa ovella 👉Blanquita como algo suave. Non ten tempo de aburrirse con tanto animaliño que ten que coidar. 😉

 Boa semana a tod@s !

                                   

PROPOSTA 11 (1-6-20)

Premede nos ligazóns para ver as propostas desta semana.
👉 Plan semanal  👇
Bloque 1 : Un paseo polo bosque . Os retos da raposa Fedella.
Bloque 2 : Razona ,pensa, calcula . Moedas, xeometría ...
Bloque 3 : Ás voltas coas Linguas. Arbores da fraga . Taboleiro.
Bloque 4 : BdT naturaleza .  Busca tesoros en la naturaleza .

Webs e videos apoio e ampliación 👇





  • Cálculo mental   Practicamos estrategias de cálculo mental. Niveles
  • Xogando coas mates : Método Singapur. Genially
  • Eu teño, quen ten ? Xogo con céntimos . Imprimible

  •  5 de xuño " DÍA DO MEDIOAMBIENTE"
    👇
     Libros para despertar nuestra conciencia MEDIOAMBIENTAL

    Videos e fotos "Fase 2" 😍

    E ... parabéns a Guido que cumpre 8 anos xa. Desexámoslle tod@s que disfrute dun día moi, moi  especial .
                    
                           

         Boa semana a tod@s !


    PROPOSTA 10 (25 -5-20)

    Premede nos ligazóns para ver as propostas desta semana.

    👉 Plan semanal  👇

    Bloque 1 : O Maio. Remolino
    Bloque 3 : Galicia
    Bloque 4 : Valora

    Webs e videos apoio e ampliación 👇

    Videos e fotos "Fase 2" 😍

    • Parabéns para  Unai no seu cumpreanos e desexámoslle todos  que disfrute dun día moi especial.


    • 👉 Bandeiras : aquí tedes unha pequena mostra das bandeiras que fixeron algúns dos meus piratas e que enviaron foto.
    • 👉Barquiños coa monda da laranxa : Xonxa a raiz do experimento da laranxa continuo co de flota ou non flota. Unha chulada !

    Boa semana a tod@s !

           



    LUNS 18 DE MAIO

    Xa está publicada na 👉web do cole a listaxe dos gañadores de cada curso do certame da XOANIÑA  e ...  dicirvos que tod@s os de 2º que participastes fixestes uns relatos e unhas poesías fantásticas pero coma só podía haber un gañador  ...  o desta edición resultou ser  IAGO SOTO co seu relato " Cincuenta e dous días en chandal " Aquí tedes a Iago xa , co seu agasallo.
                              Parabéns Iago !!


     PROPOSTA 9 (18-5-20)

    Premede nos ligazóns para ver as propostas desta semana.


    Bloque 1 : Investiga, crea... (Banderas. Experimento naranja.)
    Bloque 2 : Zona razona. Busqueda tesoro. BdT
    Bloque 3 : Ás voltas coas Linguas (RCC. Crucigrama ge, gi.  
                     Descripción personas )

    Webs e videos apoio e ampliación 👇

    Videos e fotos "Fase 1" 😍

    Engado a montaxe coas vosas achegas. Este ano desde o respecto a RCC os " ojo meneados" como dixo algún vinciano polo "Día das Letras" son os meus piratas.

    Grazas por estar aí !


    Boa semana a tod@s !


     PROPOSTA 8 (11-5-20)

    Premede nos ligazóns para ver as propostas desta semana


    Bloque 1 :  Video cuento Leotolda de Olga de Dios               
                       Cuento  // Actividades Leotolda 
                       Pintando Dinosaurios
    Bloque 3 :  Ás voltas coa lingua


    Webs e videos apoio e ampliación 👇

    Videos e fotos "Fase 1" 😍
    • Xoán R. explicando como facer pequenos trasnos. Xenial !
    • Teo. Facendo coa súa familia un barco para navegar en zonas de interior. Que ben o van pasar os seus Playmobil !
    • Raúl e Lu léndonos o que escribiron nunha das propostas  " Mi primera salida" e Teo contándonolo💓
    • Unai , coas súas xoaniñas no xardín. Que bonitiñas !
    • Laura , limpando os tesouros da familia. Moito que limpar !
    • Claudia, non perdendo as mañas. Fenomenal !
    • Lucía O. de granxeira último modelo. A galiña quería un coliño !
    • Izan contra o virus e dando ánimos a todos.✌ 
    Boa semana a tod@s !


     PROPOSTA 7 (4- 5-20)

    Premede nos ligazóns para ver as propostas desta semana


    Webs e videos apoio e ampliación 👇
    Videos confinados 😍

    A maiores das actividades da semana pasada van chegando videos de cousiñas que facedes nas vosas casas que encántanme polo que os vexo disfrutar e que arríncanme moito máis que sorrisos.

    👉 Iago Soto entrenando para o Rally Rias Baixas campo a través.
    👉 Xoán R.  practicando cálculo co seu comecocos. 
    👉 Leo , despois do traballo das ras , pasou a investigar os lagartiños facendo un traballo de documentación e un  video explicativo do macho e da femia .
    Non volo perdades: o macho foi paciente pero a femia enrabichouse e ... Leo en estado puro, con moito futuro no National Geographic. 
    👉Teo, recitando o poema  " Yo sueño despierto ". Soñando, soñando , as cousas van cambiando ... Que ben Don Teo !!

    ERCE 

    En iniciamos un expediente de regulación de cumpres en confinamento por celebrar e xa entraron no trámite Leo , o 30 de marzo e hoxe, día 7 de maio, as nosas "gemes"  Mara e  Naya .

     PARABÉNS E APERTAS DE OSO !! 💚💚💚

    Boa semana a tod@s !




     PROPOSTA 6 (27-4-20)

       Iniciamos a semana coa inaguración dun novo selo editorial "Contos confinados" que ten no  seu catálogo  escritores  de gran talento e moi , moi coñecidos por todos vós .
    Aquí deixámosvolos lendo as súas últimas obras. Premede nos títulos para saber quen son os seus autores 👇


    👉MENSAXES  EN FAMILIA  : Cousiña bonita de taboleiros que me consta que estan facendo pasar uns bos ratos compartidos en familia.

    BO TRABALLO ...  PIRATAS !

    Clicade nos ligazóns para ver as propostas desta semana.


    Boa semana a tod@s

     PROPOSTA 5 (20-4-20)

    Unha semana máis de novo aquí e moi satisfeita de todas as cousiñas tan bonitas que estades a facer e de saber e sentiros ben e contentos. 

     Deixovos para empezar a semana estes videos RECITANDO POESÍAS  dos meus Xoáns , unha pinguiña dos traballiños tan ben feitiños e chulísimos cos que estan disfrutando , un de Claudia expresando o mesmo desexo que todos temos e un de Xonxa ritmado. Que emoción !
        
     👉  Xoán L.      👉 Xoán R.       👉 Claudia     👉 Xonxa

     👉 Unai

    DÍA DO LIBRO : Esta semana  xa sabedes todos , o que se celebra o día 23 . Gustaríame agasallaros doutro xeito e envexo a todos os que sodes quén de poñervos diante dunha cámara e eu ... morro de vergoña pero todo se andará.

    Por iso e a conta de ter relación cos libros ,achegovos o último conto que estabamos versionando xuntos ... lembrades cal era? Aos que non lles quedou a carpeta na clase seguro que tedes o guión na funda.
    Algunhas melodías deste conto non son as que bailabamos nós  pero todos bailabamos e así  é como os vexo cando penso en vós ... BAILANDO.

    👉


    Clicade nos enlaces para ver as propostas desta semana. 

        Webs e videos de apoio 👇

    2. Poema                                           7. Zona razona
    3. Repasamos a resta                          8. Robot c,d,u
    4. Buscando el tesoro                           9. Lo mejor de mí
    5. Presta atención                               10. Mensaxes en familia

     Boa semana a tod@s  !


     PROPOSTA 4 (14 -4 -20)
       
    Abrimos a semana con " Contos dos nosos Xoáns"

    No blogue de Música podedes ver a Xoán L. colaborando no conto da TOUPIÑA  coa profe Elena , facendo de media ducia de simpáticos  aninaliños. 

    Neste outro enlace o conto da 👉 CEBRA CAMILA que preparou Xoán R. xunto coa súa familia e que queren compartir con todos nós.

    E como os vades animando ... comparto esta  fermosa poesía coa que me agasallou Laura sobre a súa cadeliña "Kira" e un  fantástico recitado de Iago Soto e Izan  do poema "Quixera ser unha nube"

         👉 LAURA               👉 IAGO S.              👉IZAN


    Encántannos !
                                                                      
    Boa semana a tod@s e seguimos en contacto no correo de aula


    Premede nos enlaces 👇

                              1. Plan semanal     
                
             Xogo  interactivo "Quedanacasa"
             - Manualidade : bolas antiestrés video
                                      
                                                          
    2. Actividades poesía . Conto Frederick

    3. Contando cartos                           7. Guía a Sherk   

    4. Ciclo ra. Información                    8. Mayor/menor    


    5. Ciclo ra. Actividades                     9. Mandala              

    6. Numeración                                  10. Xogo Tutifruti



     PROPOSTA 3 ( 30-3-20)

    Non hai mellor maneira de empezar a semana que con esta poesía de IKER e a súa familia  " YO QUIERO REIR "de Antonio García Teijeiro
    Un traballo precioso  Preme no título da poesía e verás o video .

    TODOS QUEREMOS VOLVER A RIR !

     Tedes tamén os documentos e as recomendacións  no correo de aula
    Clicade nos enlaces de abaixo para ver as propostas


       2. Conto  Ra                  3. Ficha lectura     4. Colorea ra/ labirinto
       5. Numeración               6. Etiqueta           7. Contos co Dado
       8. Puzzle contas             9. Pascua             10. Poesías


     PROPOSTA 2 (23-3-20)

    Tedes tamén os documentos e as recomendacións  no correo de aula
    Clicade nos enlaces de abaixo para ver as propostas
    1. Plan semanal 
    2. Ciencias
    3. Adiviña os números
    4. Problemas
    5. Arco da vella

     PROPOSTA 1 (16-3-20)

    Clicade nos enlaces de abaixo para ver as propostas.
        Para as familias que non dispoñen de impresora e para todas en xeral é importante crear unhas rutinas cos nenos/as sen abafos e que lean todos os días, e alternen tarefas semanais, escribindo contos, inventando problemas de sumas e restas ,debuxando, facendo as recomendacións ao seu ritmo , cociñando e escribindo a receita, facendo algún experimento e debuxando os pasos , inventando xogos e ... XOGANDO. (ver  Proposta sen pantalla 1 )


    A maiores engadimos estas propostas de webs con máis recursos interactivos  e  material descargable se clicades nas imaxes.

                          Xogos e recursos interactivos e imprimibles 

    https://es.ixl.com/
                                       Matemáticas interactivas





    Ollade os outros blogues das especialidades e o da biblioteca para ver máis propostas. 

       
                                               Ánimo a tod@s !