viernes, 18 de diciembre de 2015

UN BO NADAL !

Rematamos, como cada curso, o 1º trimestre co noso Festival de Panxoliñas.
Engado os videos das nosas panxoliñas e se queredes ver todas as actuacións e fotos da celebración ,premede na web do cole
No blogue da Biblioteca atoparedes tamén unhas recomendacións de Apps de temática variada e por niveis que seguro que vos é útil para entretervos nestas datas




Deixovos ata o ano que ven, coa postal de Aida de 6º, merecida gañadora do concurso deste ano e as postais finalistas de cada ciclo.
Unha delas é a de Lucía de 2º !  
parabens

miércoles, 16 de diciembre de 2015

MARTÍN E AS PUPIEIRIÑAS

Martín foi un dos protagonistas dos contacontos da ANPA.
Un dos contos que contaron "Xulia e as pupieiriñas", escribírono os seus pais e por suposto él tamén colaborou !
Unha sorpresa para tod@s e él ... caladiño ,caladiño.
Se queredes ver máis fotos premede no blogue da biblioteca !

lunes, 14 de diciembre de 2015

DECORANDO O NADAL

  Enfixemos un boneco de neve coa intención de levalo para casa o último día de clase ,antes das vacacións pero ... foi rematalo e compincháronse todos con que xa estaba seco e que o querían colgar XA  nas súas árbores.
 Pensando o que me esperaba, que estiveran quentandome as orellas durante cinco días...
 Os bonecos de neve xa estan nas casas !

EXPERIMENTANDO NA CASA



Daniel demostrounos co seu experimento que o aire ocupa un espazo ,e é o que impide a entrada da auga no vaso.

Moi ben Dani !

jueves, 10 de diciembre de 2015

QUE PLANTAMOS NA HORTA ?

 Hoxe os nen@s de 2º baixaron a horta a plantar o que a nai de Aroa, Lorena, nos regalou da súa horta familiar.

Se queredes saber que plantamos , premede na imaxe e teredes as fotos do blogue "O noso horto"

sábado, 5 de diciembre de 2015

A BO TROTE CARA O NADAL

Como en 2º é un pouco complicado gardar segredos ... xa de perdidos ao río !
Para os que aínda non o saben ,que seran poucos, lanzamos unha pista que esta nas fotos para que adiviñedes cal é a panxoliña que estamos preparando.
Moito ollo que nunha das fotos aparece unha infiltrada que non é a pista.

viernes, 4 de diciembre de 2015

EXPERIMENTANDO NA CASA


Lucía de 2º, quixo compartir con nós, o experimento que estaba no xogo de experimentos que gañou no concurso da biblioteca " Va de inventos"


Aquí a tedes xunto co seu irmá Lois explicándonos todo o proceso do experimento do volcán


Que investigadores estan feitos !

miércoles, 2 de diciembre de 2015

PREMIADOS CONCURSO " VA DE INVENTOS "


O luns reunímonos na biblioteca para a entrega de premios do concurso " Va de inventos".

Os gañadores do noso ciclo foron Ivo de 1º, co seu invento " La supercámara " e Lucía de coa " Máquina atrapasoños".


Recibiron de premio un kit para facer experimentos.
Sei de máis de un ... que lle entrou cobiza polo premio pero para ter a posibilidade de gañar o primeiro que hai que facer é PARTICIPAR como Ivo e Lucía.

Aquí tedes os seus fantásticos traballos


parabens

viernes, 27 de noviembre de 2015

SAÍDA A NATURNOVA


Hoxe os alumnos/as de 1º e 2º fomos a Naturnova.


A visita escollida foi " La  luna y los planetas "
Lembramos como é a Lúa, porque ten diferentes formas e como son os planetas, enredando con eles.
O que máis nos chamou a atención foi o simulador submarino porque fixemos unha pequena viaxe polo fondo do mar en 3D.
Rematamos a saída merendado na Alameda en Vigo e xogando no parque infantil de Samil.
Que ben se pasa indo de baranda !

miércoles, 25 de noviembre de 2015

NON + VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

  O 25 de novembro é un día triste, porque sabemos que un ano máis temos que lamentar que seguen existindo moitos actos de violencia cara ás mulleres.
  Vós, nenos/as tedes o futuro nas vosas mans. Sodes as mulleres e os homes do mañá. E se queredes, seredes os protagonistas dun cambio de mentalidade, dun mundo sen violencia e sen desigualdade.

  Nós  mestras, mestres, nais e pais, temos a oportunidade de ensinarlles a ser mellores persoas.


Engado o video do conto " Una Blancanieves diferente " , un recurso máis para traballar a coeducación e a diversidade.
O conto é moi diferente ao que coñecemos. Cal vos gusta máis?

viernes, 20 de noviembre de 2015

REENCONTRO COS PADRIÑOS LECTORES

Hoxe  houbo unha xuntanza de todos os padriños lectores do cole cos seus afillados.
Os nenos e nenas de 2º xunto cos seus padriños e madriñas de 6º baixaron ao patio para disfrutar dunha nova xuntanza lectora, aproveitando o que din que é, o último día deste cálido outono.

                   Música : Calliope House The Cowboy Jig . Celtic Odyssey

viernes, 13 de noviembre de 2015

SAÍDA MUSICAL

  Grazas a ESPAZO LECTURA os alumnos/as de 1º e 2º asistimos onte a un concerto no auditorio de Gondomar ,con parte dos integrantes de Mamá Cabra.
  Lembramos cancións coñecidas : "Eu son un artista", "Glu,glu.glu", "O pirata Metepata"... e é que xa levan 15 anos agasallándonos cos seus bicos de música.

EXPERIMENTANDO NA CASA




 Hoxe Ángel explicóunos como realizou o seu experimento.







  Mirade que grao de concentración ten para demostrarnos que a fuerza que exerce o aire ,presión atmosférica ,sobre todo o que nos rodea,  fai neste caso, que a auga  non se derrame.

viernes, 6 de noviembre de 2015

NON QUERO SER UN POLBO !

Tres científicos do CSIC  viñeron hoxe a falarnos do seu traballo e a contarnos este tenro conto.
Con  este conto quixeron facernos ver que non todos temos as mesmas cualidades pero o que nos limita para algunhas tarefas nos fai ÚNICOS para outras.


Octavio, o pulpo protagonista , non podía facer piruetas nin ...nin ...
pero era o único que podía dar apertas !


Engado esta curtametraxe que atopei no programa  "Nos tamén creamos " que versiona o conto .


Aqui déixovos aos nenos /as de 2º poñéndolle cara ao polbo e si, que de verdade son ÚNICOS !

jueves, 5 de noviembre de 2015

EXPERIMENTANDO NA CASA

A mochila viaxeira recuncou esta vez na casa de Yeray e Hugo e con dous  curiosos experimentos volveu para seguir a súa andaina.

viernes, 30 de octubre de 2015

CESTAS , CABAZAS E ... UN EXPERIMENTO

Chegou o día da exposición das cabazas que xunto coas cestas que foron chegando ao longo da semana , encheron o cole co recendo dos froitos do outono.
En 2º para entreter o  tempo entre as subidas e baixadas para ver as cabazas, aproveitamos para facer un sinxelo experimento.
Con globos nesta ocasión con caveiras e cabazas e uns paus de brocheta fomos quen de ... atravesar os globos sen que exploten. !
As fotos estan engadidas na montaxe inferior xunto coas imaxes das cestas de primeiro e segundo , e de como quedou a exposición das cabazas.

                         

miércoles, 28 de octubre de 2015

BIBLIOTROCO

Onte celebramos no cole o "Día das Bibliotecas" facendo un bibliotroco despois do recreo.
 Premede no  blogue da bliblioteca  se queredes saber máis sobre esta actividade.

Como a maioria xa lle botara un ollo aos libros recompilados...
 Poucos quedaron defraudados co seu troco !

lunes, 26 de octubre de 2015

INDO PARA O SAMAIN

Entramos na semana do Samaín e o cole xa ten  tufo a festa . 
Para entretervos antes da chegada do gran día da exposición das cabazas, engado este Symbaloo  cunha morea de actividades, xogos e manualidades  para pasar un ratiño mentres imos para o Samaín.


viernes, 23 de octubre de 2015

EXPERIMENTANDO NA AULA

Pouco a pouco imos facéndonos co noso "kit de experimentos" , insistindo moito nas medidas de seguridade a hora de experimentar e procurando sempre a supervisión dun adulto para evitar calquera situación de risgo.
Hoxe co experimento "Inflar un globo cun ovo" observamos unha sinxela reacción química ,proceso no que unhas sustancias reaccionan transformandose noutras distintas.


O ácido acético do vinagre ao reaccionar co carbonato de cálcio da casca de ovo, liberou un gas, dioxido de carbono, que fixo inflar, un pouquiño, o globo. GUAU !!

miércoles, 21 de octubre de 2015

EXPERIMENTANDO NA CASA

Esta semana tocoulle a Sharay explicarnos o seu experimento caseiro. Fenomenal !


E para botarlle unha man as familias, engado un enlace na imaxe inferior e na banda dereita, onde atoparedes sinxelos experimentos para facer na casa . Tamén  no  rincón do proxecto na entrada do cole , estan expostos libros sobre o tema ,de onde podedes  coller unha morea de ideas


viernes, 16 de octubre de 2015

O NOSO MAGOSTO

Hoxe disfrutamos do noso magosto ,como cada curso, no monte Galiñeiro.
Os alumnos/as de terceiro a sexto, subiron andando desde o cole e como estan en tan boa forma física case que chegaron antes que os que subimos no bús.
Non ten prezo o traballo do profe de Edº Física no fondo físico do noso alumnado. Magoa que non sexa quen de facer o mesmo con algúns membros do claustro que decántanse máis polas rutas gastronómicas

Engado un LIM na imaxe inferior sobre esta celebración e algunhas fotos dos nenos/as de 1º e 2º para facervos unha idea do ben que o pasamos.
                                     


jueves, 15 de octubre de 2015

martes, 13 de octubre de 2015

A AUGA QUE NON CAE

Xa comenzou a andaina da nosa " Mochila Viaxeira" e a primeira casa onde recuncou foi na de Lucía.
Contounos o moito que disfrutou facendo o seu experimento e explicóunolo tan ben que algúns xa manifestaron a intención de repetilo nas súas casas.

Unha onda para a familia de Lucía ! OHHHHH !!


viernes, 9 de octubre de 2015

ASÍ ERAMOS, ASÍ SOMOS !


   Como estivemos aprendendo cales eran as etapas da vida polas que pasan as persoas, ocorréusenos comprobar con imaxes, se cambiamos moito desde que éramos pequenos.


 Engado a mostra do noso mural  e ...


               VAIA SE CAMBIAMOS !!



lunes, 5 de octubre de 2015

A BIBLIO ABRIU AS SÚAS PORTAS !



A maxia existe ,demostróunolo a profe Elena, que con nada fai un todo, co seu espectáculo de inaguración das actividades da Biblioteca deste curso.




Na biblio recollemos a información de onde estaba a pista para dar coa nosa caixa da " Aventura de Ler" que finalmente atopamos no despacho do director.

                                       COMENZA A AVENTURA !

lunes, 28 de septiembre de 2015

O NOSO PRIMEIRO EXPERIMENTO


Antes de que rompera, fixemos botar o ovo e parecía unha pelota. E non ! Non saiu cocido. Preguntarlle aos de 2º !


jueves, 24 de septiembre de 2015

AS VOLTAS CO COMPOSTAXE

Os alumnos/as de 3º  viñeron a clase de 2º o martes a expoñernos o seu traballo 

Cuns carteis que logo colocaron no composteiro , lembráronnos que é o que podemos botar nel  para elaborar o compost.

Fixérono tan ben que seguro que non esqueceremos con que materiais podemos elaborar este abono natural que beneficiará o coidado da nosa horta.
Engado un video de Peppa Pig de como fai o compost coa súa familia

lunes, 21 de septiembre de 2015

XA ESTAMOS EN 2º !

Para poder engadir a foto do grupo e non titulala " Todos os que estan pero non todos os que son" tivemos que esperar varios días para estar  todos.
Os virus tamén empezaron o cole !
A principal novidade é que temos novos compañeiros : Alex, Kenneth, Noa e Daniel Aldao .
 Estamos encantados con eles !


Arrancamos o curso coa ilusión de compartir novos proxectos e inquedanzas e como somos un equipo  sabemos que xuntos afrontaremos ás dificultades para chegar ao final cun gran ...


BO CURSO A TOD@S !

viernes, 19 de junio de 2015

XA ESTAMOS DE ...

vacacions

 Hoxe rematamos o curso cunha saída ao " Parque Forestal de Beade ".











  Agora poderedes disfrutar de máis tempo libre para xogar, ir a praia, estar coa familia e cos amig@s e seguro que tamén haberá momentos que vos vai apetecer LER ou  facer algunha tarefa para non esquecer o aprendido... 
  Pero o noso maior desexo é  ...

     Que disfrutedes tod@s moito, moito deste tempo de lecer !!!

                              Ata o 10 de setembro !!