viernes, 30 de enero de 2015

DÍA DA PAZ

  Un curso máis volvemos a celebrar o " Día da Paz" cun circuito solidario, para recadar alimentos para entregar as persoas que o necesiten do noso Concello, a través do Banco de Alimentos de Gondomar.


  Todos os alumnos/as remataron con éxito o circuito polo que entre os días 3 e 5 de febreiro poderán traer ao cole os alimentos aportados polos seus patrocinadores.
" NON HAI VERDADEIRA PAZ , SE NON VEN ACOMPAÑADA DE SOLIDARIEDADE"

   Engado unha montaxe con algunhas fotos dos nenos/as do 1º Ciclo facendo parte do circuito e na páxina Web do cole xa tedes un video dos actos de hoxe con todo o alumnado.

lunes, 26 de enero de 2015

PLANTANDO BULBOS DE TULIPANS

  O venres pasado plantamos nas macetas os bulbos de tulipáns que mercamos na nosa saída a Casaplanta.
  Hoxe levamos as macetas ao xardín interior para colócalas xunto as  macetas que puxeron os de segundo cos seus bulbos.

  Para ver máis fotos, premede na imaxe inferior

VERSOS Á HORTA DE ADRIÁN

  Adri entregou a mochila viaxeira e contounos no seu estupendo traballo que ten ...
                                  Unha horta pequeniña
que ten moitas cousiñas.
No inverno e no verán  
                              colleita sempre da


viernes, 23 de enero de 2015

ALIMENTÁMONOS BEN

Engado enlaces para repasar e ampliar o tema dos alimentos que estamos a traballar.



Alimentación equilibrada e exercicio físico


miércoles, 21 de enero de 2015

PROGRAMA DE RADIO


 
  Onte disfrutamos dunha nova experiencia no cole.
 Os de Via Radio entrevistáronnos na aula de audiovisuais !
 Aínda que ao principio custoulles dicir algo por vergoña, remataron cantando... ata en inglés.

 Avisaremos cando sae a gravación para que localicedes a emisora Via Radio  FM 93.3 


lunes, 12 de enero de 2015

FESTEXAMOS CON ...

aroa que hoxe cumpría 7 anos.
  Con unha deliciosa tarta de chocolate que fixo coa axuda da súa nai ,disfrutamos despois do recreo dunha sesión moi, moi doce.


SILABAS E PALABRAS

   Para repasar as letras traballadas, premede na imaxe para abrir o libro LIM

viernes, 9 de enero de 2015

PARABÉNS PARA ...

uxia 
   Hoxe festexamos na clase que era o 7º cumpreanos de Uxía e... para non perder as mañas de como rematamos o ano , xa empezamos este, tomando larpeiradas. 
 Moitas felicidades !


jueves, 8 de enero de 2015

VERSOS Á HORTA DE ...

leire
   Xa estamos de volta e empezamos o trimestre, aplaudindo o traballo de Leire, na mochila viaxeira. 
     Lembrounos o importante que é para a nosa saude, comer produtos da horta para crecer sans.