martes, 21 de diciembre de 2021

CHEGOU O NADAL !

Engado o  video de ensaio na aula da nosa panxoliña e se queredes ver a  actuación  da pequena celebración, gravada no exterior , clicade no blogue de ciclo.




No blogue da Biblioteca atoparedes tamén unhas recomendacións lectoras  por niveis que vos poden ser útil para entretervos nestas datas.

Ánimo e paciencia coas circunstancias que estamos a vivir e ...

 BOAS FESTAS E BO ANINOVO PARA TOD@s !


jueves, 2 de diciembre de 2021

OBRADOIRO DE COLLAGE

    Onte realizamos na nosa aula un obradoiro de collage impartido pola arquitecta Yasmin Fernández , colaboradora do "Proxecto Terra" promovido polo Colexio oficial de arquitectos de Galicia."
   Logo dunha breve presentación , buscamos en revistas fotos que nos chamaban a atención.
  Na segunda sesión, traballando de xeito colaborativo, deixouse aos nen@s concentrarse nas súas propostas e completando entre os membros de cada equipo as creacións.
   Na última sesión mediante estampacións, déronlle o empaque final as súas obras e valoramos entre tod@s o resultado.
                                 
                                      UNS ARTISTAS !




lunes, 1 de noviembre de 2021

QUE MEDO !

    Zombis, vampiros ,esqueletos , superheroes e carautas terroríficas encheron a nosa clase o pasado venres polo Samaín.

   Este ano puidemos levar a fín o acceso das nosas cabazas e por quendas percorremos as estupendas exposicións de cabazas e cestas con produtos de outono que grazas as aportacións das familias, argallaron a profe Elena e Ana Eva co apoio dos especialistas para pasar un día terrorificamente divertido.




lunes, 25 de octubre de 2021

INAGURACIÓN DA BIBLIOTECA

 Inaguramos a biblioteca este curso a conto de que o día 24 era o " Día das Bibliotecas".

Celebramos a esperada apertura, durante toda a semana por aulas burbulla , combinando xogos populares que ao rematar conseguimos uns puzzles que nos deron a pista onde tíñamos que ir .

Resultou ser ... A BIBLIOTECA !

Alí a  profe Carmen agasallounos co conto " El hospital de la bruja Litera Tura", a caixa cos libros do "Itinerario lector" e a mochila viaxeira.

Desexando xa poder facer uso do emprestito de libros !






miércoles, 20 de octubre de 2021

XOGOS ABECEDARIO

Preme nas imaxes para xogar.

1. Xogo educativo coas letras do alfabeto para unir con puntos en orde e crear un debuxo. Cando acabes de unir todas as letras en orde poderás ver o debuxo que representan. 


2. Xogo para ordenar as palabras alfabéticamente.



viernes, 24 de septiembre de 2021

DÁNDOLLE AS LINGUAS !

   Empregando un "Comecocos "  que fixemos por equipos ,seguindo instrucións, puxemos a dar voltas a nosa expresión oral para saber gustos e preferencias dos nosos compañeiros/as sobre comida, mascotas, tempo de lecer ... 

   Os comecocos de equipo quedaron na clase  para practicar cando  queiramos e...  cada un levou o seu para facer na casa e saber dos gustos e preferencias de amigos e familia.

👉Comecocos " Todo sobre mí" (recurso Twinkl)





miércoles, 15 de septiembre de 2021

SUPERNEN@S DE 2º !

    Os nenos e nenas de 2º  volven ás aulas con enerxías renovadas ante un novo curso cheo de retos e alegrías por diante.  

   Por iso nas súas caras debúxase un sorriso por volver ao colexio,  por xuntarse cos seus amigos e amigas … 

  Todas as  pequenas cousas que antes non tiñamos en conta e que iremos recuperando pouco a pouco , parécennos agora grandes tesouros que nos proporcionan non só alegría senón tamén unha grande axuda  para seguir crecendo como persoas. 

   Por un curso sen voltas atrás !



                                     

martes, 22 de junio de 2021

SUPERNENOS E NENAS DE 1º

      Chegou o fín deste curso que cando empezamos pensabamos que non ía durar moito de forma presencial pero ...  ata aquí chegamos todos  xuntiños, non sen sentirnos moi, moi orgullosos  destes  "Superneno/ as " que en todo o curso :

  • Nunca  rechistaron  pola máscara.
  • Nunca  tiveron  as  máns tan  limpiñas.
  • Aguantaron a ventilación cruzada todo o  inverno sen queixarse do frío.
  • Nunca  perderon  as ganas de  xogar e  traballar en equipo.
  • E ...  aprenderon a  sorrir  cos  ollos.

     Por todo iso e porque me fixeron rir moito , moito unha morea de veces ...  desexo a tod@s "os meus ratiños" que  disfrutedes dunhas marabillosas vacacións.

     E como dicía a  nosa canción ...

"Obladí,  Obladá que  ledicia 

Xa  chegou un verán  máis

👇


Aínda que todo é un  bule , bule polas vacacións , quédanos unha pena  por :


 
Ata o 9 de setembro en  👋

Bo verán a tod@s !


viernes, 28 de mayo de 2021

VISITA AO MUSEO DO 3º CICLO

Esta semana gozamos  dunha visita ao fantástico museo  organizado polos maiores  do cole para dar a coñecer o seu traballo .

Previa visita aproveitamos para xogar na clase cos cartos e practicar  o protocolo esixido para entrar  nun museo : reservar hora, pagar para  coller  as entradas ...

Unha vez dentro tivemos que  resolver retos,  atender  aos guías e apreciar e opinar sobre as obras artísticas expostas.

 Unha delicia de  actividade moi ben organizada !






viernes, 14 de mayo de 2021

CONCURSOS Premiados de 1º

Hoxe ao rematar o noso Festival das Letras ,entregáronse os agasallos aos premiados nos concursos deste trimestre.

Podedes ver a entrega ao final do video das actuacións do Festival, subido á web do cole e ao blogue de ciclo.

Por participar no concurso fotográfico "Rosalía, poesía que inspira"  ( montaxe no blogue da biblio)

  • ILIE " Ciclo sen fin"
  • MARTÍN " Aire"
  • VERA " Morriña"
Gañadora de 1º, no concurso literario  "Xoaniña"
  • CELIA co conto " A bolboreta perdida" 
         PARABÉNS  A TOD@s ! 👏



jueves, 13 de mayo de 2021

OBRADOIRO PERCUSIÓN

Esta semana levouse a cabo , a  proposta dá  profe Elena e con financiamento dá ANPA ,un  obradoiro de percusión para todo ou cole " ECO-PERCUSIÓN" a cargo do percusionista Didier que  conseguíu entusiasmar  aos  nenos con esta  actividade e de paso serviu para liberar a enerxía acumulada  de tantos días de  chuvía e sen poder gozar  do patio.

Aquí déixovos un pequeno video , se clicades na imaxe, do fin da actividade con algúns que outros futuros percusionistas que remataron ... cansos como  raposos pero  contentos coma cucos.

Na páxina Web do cole podedes ver unha montaxe de video e fotos de todas as aulas . Unha gozada !




viernes, 7 de mayo de 2021

CONTACONTOS PADRIÑOS E MADRIÑAS 6º

Este agasallo vén dunha clase lonxana, no último piso do cole. 

Érase unha vez uns padriños e madriñas moi  liados que sempre estaban facendo cousas. Un día decatáronse  que entre tantas burbullas ailladas  aínda non tiveran contacto cos seus afillados/as. Así que, moi preocupados, decidiron facer algo. Como lles encantan os contos, puxéronse mans a obra e decidiron lernos un. 

Marcharon voando a un castelo encantado e desde alí  enviáronnos esta historia que nos gustou moitíiiiiiisimo .

Moitas grazas dos vosos afillados/as.




viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Hoxe pechamos unha semana especial dedicada aos libros.
Durante todo a semana estivemos a comentar o por que deste día , falando dos nosos libros favoritos e hoxe ademais de ser venres que é cando comentamos os nosos libros da  biblio ,facemos o intercambio , recomendámolos, lemos o que máis nos gustou , ensinamos as nosas ilustracións e expresamos o que sentimos ao lelo … 

Alejandro sorprendeunos cun estupendo conto de animais para abrir boca e realizamos uns  marcapáxinas, nos que escribimos no talo o noso conto favorito .

Para terminar o día a  profe Montse leunos un precioso conto de amor 👉“  Fonchito y la  Luna “ de Mario Vargas Llosa. 

Como poderías ti baixar a Lúa ?



viernes, 26 de marzo de 2021

CONTACONTOS

Como remate  ao 2º trimestre  deixámosvos esta versión  do  conto " LAS JIRAFAS NO PUEDEN BAILAR " que os  ratiños de 1º ,que tanto  medraron desde que  empezou  o curso,  fixeron con tanta ilusión para compatilo cos seus compañeiros do cole.

Día a día  foron aparcando a  vergoña inicial para  virse arriba , expresarse  ao son  dá música e rematar os días bailando e  compartindo  gargalladas .  Uns  artistazos !

Premede na imaxe para ver o video.👇




viernes, 12 de febrero de 2021

CHEGOU O ENTROIDO !

Hoxe celebramos o noso  Entroido  e os nenos/as do 1º Ciclo disfrazámonos  con motivos musicais seguindo os mandadiños do noso Meco .

Despois de varios días, como maracas ,xa por mor da celebración ou de tanta chuvia ... por fín saiu o sol para acompañarnos  no breve percorrido ao redor do cole  para lucir os nosos disfraces diante dos nosos compañeiros.

Déixovos unhas fotiños desta semana e un video bailando , que fixemos mentres esperabamos a nosa quenda para baixar ao patio. 

Podedes ver tamén  unhas montaxes de fotos e video do peculiar desfile deste ano,  engadidas na web do cole e no blogue do ciclo para ver os disfraces tan bonitiños que fixeron   as  burbulliñas do noso cole.



Preme na imaxe para ver o video 👇


BO ENTROIDO  A TOD@S !


viernes, 29 de enero de 2021

DIA DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemoramos o " DIA DA PAZ" .

Durante esta semana estivemos traballando a relación de Picasso con esta data , coñecendo as súas pombas e versionando o seu cadro " Niño con paloma " do seu período azul.

A proposta do equipo de actividades complementarias, lemos e visionamos o conto " El hombrecillo de papel" e elaboramos por equipos os nosos homiños cheos de cores que hoxe expuxemos no patio cuberto xunto cos das outras aulas.

Premede na imaxe par ver máis fotos 👇