sábado, 20 de diciembre de 2014

COUSIÑAS DO NOSO NADAL

  Onte celebramos o noso "Festival de Panxoliñas"  e como sempre, tod@s os cursos actuaron máis que ben. FANTÁSTICOS !
  Se queredes ver os videos premede aquí ou entrade na páxina web do cole.
  Engado algunhas fotiños que fixemos en 1º e 2º, durante esta semana.



  Deíxovos aquí, este entretido glogster, un dos moitos recursos que sempre comparte con todos Ana Mártinez, con un montón de xogos de Nadal para estas datas.
  Pasa o rato por enriba das imaxes e entra no xogo que queiras.

E a tod@s 



viernes, 19 de diciembre de 2014

FESTEXAMOS CON ...

martin
... que ademais de ser o último día de clase , o día 26 é o seu cumpreanos.
 A volta , por uns días tod@s,  menos eu, teremos 6 anos.
  Que maiores xa !
   Martín chegou a clase feliz cunha maleta preciosa chea de madalenas caseiras que estaban boísimas e doces agasallos para os seus compañei@s e para os profes.
  Tiñamos a maiores tarrinas de Nutella para enzoufarnos os morros e unha rosca de Reis que trouxo Antía . Case empachamos !
Grazas as familias por esta despedida do trimestre tan doce !


viernes, 12 de diciembre de 2014

DOBRE FESTEXO

  Lucía convidounos a festexar que mañá celebra o seu santo e o seu cumpreanos.
  Trouxo unha tarta caseira que estaba tan rica, tan rica que a algúns só lles faltou pasar a lingua polo prato.
Graciñas a familia polos agasallos tan doces ! 


cumprironemptyesteemptytrimestreempty


jueves, 11 de diciembre de 2014

OS VERSOS DE ...

xavela
  Chegou de volta a mochila viaxeira e neste caso Xavela,  adicoullos ao invernadoiro da súa tía Rocío.
  Cultiva case todos os produtos da horta pero... o que máis lle gusta a Xavela é o recuncho das flores onde plantou o bulbo de tulipán que nos regalaron na visita a Casaplanta.




viernes, 5 de diciembre de 2014

CHEGA O NADAL

  Xa se respira na nosa clase o ambiente do Nadal. Entre a árbore ,as boliñas de moitas cores e as estreliñas, empezamos a ensaiar a nosa panxoliña.
  Engado un video para que lembredes a música e poidades practicar na casa pero... coa letra adaptada a nosa panxoliña, que xa alguns/as saben de marabilla.
  Deixovos a maiores un libro LIM de Ana Mártinez na última imaxe con cousiñas do Nadal para estes días que tedes máis tempo.


PREME NA IMAXE

CÓNTAME UN CONTO

  Os nen@s de 1º disfrutaron da súa primeira actividade cos seus padriños lectores, os alumnos/as de 5º.
  Levaban días esperando este encontro porque ter padriños no cole e ademais os maiores, facíalles moita ilusión.
  Aquí tedes unha foto todos xuntos e na páxina da biblioteca podedes ver unha montaxe coas fotos desta experiencia.


miércoles, 26 de noviembre de 2014

PLANTAS E MÁIS PLANTAS

  Os alumn@s de 1º e 2º  disfrutaron hoxe da súa primeira saída fora do cole.
  Foi unha visita guiada ao " Centro de Xardinería Casaplanta " na Ramallosa. 
 Como se portaron moi ben,  regaláronlles bulbos de tulipáns e nós, rematar a visita merendando  no parque.
 Premede aquí para ver  o video da visita, engadida no blogue "o noso horto".

lunes, 24 de noviembre de 2014

A HORTA ENCANTADA DE MARTÍN

    Martín de 1º chegou hoxe todo contento cos seus " versos á horta".
   Os produtos da súa horta convertéronse en animaliños : os pementos en crocodilos, as cabazas en tigres, os tomates en xoaniñas...

Encantáronnos os versos encantados de Martín e a súa familia !


viernes, 21 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS O MAGOSTO

  Aproveitando a tregua que nos deu hoxe o mal tempo, celebramos por fín o noso Magosto.
  Despois de comer as castañas, asadas por Joaquín e  moi ben asadas por certo !
 Distribuímonos por equipos, en xogos organizados polo profe Miguel : castaña-cesto,  relevo de castañas, a castaña que queima,  a castañuela ...
  O mellor, ver a cara dos pequerrechos disfrutando dos xogos cos maiores.


VISITA SORPRESA

  Os alumnos de 6º, fixéronnos unha visita sorpresa, acompañados da profe Elena.
 Para lembrarnos que mañá día 22 é Santa Cecilia, patrona dos músicos, deleitáronnos cunha canción africana.
Coa boca aberta quedamos, do moito que nos gustou !

viernes, 14 de noviembre de 2014

CALENDULAS

  Os nenos/as de 1º estamos moi abraiados polo rápido que brotaron as sementes de caléndula que sementamos a semana pasada.

 Se queredes ver os pasos que fomos dando ata chegar a ter esta fermosa plantación ...

  Premede aquí ou na pestana "o noso horto" na páxina da biblioteca, onde esta engadido un video.

       

jueves, 13 de noviembre de 2014

CONTACONTOS

   Hoxe os nenos /as de 1º xunto cos de 5 anos tivemos unha nova sesión de contacontos. Neste caso, moi especial para nós
  Catro dos nosos padriños lectores, Alex, Tania, Olaia e Antía, de 5º, contáronnos "Pomelo al otro lado del huerto." e gustounos moitiiiiiiisimo.
  Para ver máis fotos, premede na pestana da biblioteca.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

VERSOS Á HORTA DE ROI

  Esta semana Roi trouxo os seus versos adicados á horta do seu avó.
 Aínda rimos un rato, non por ver o avó tan enfadado, se non polas rimas tan simpáticas cos animaliños que lle fan pillerias, despois de levar tanto traballo.
Debémoslle un feixe de risas a Roi e a súa familia !


Aparece unha lupa ao mover o rato, para ler mellor o poema

lunes, 10 de noviembre de 2014

PREPARANDO O MAGOSTO

   Se o tempo o permite, celebraremos a nosa festa do Magosto no monte Galiñeiro como todos os anos.

   Por iso, xa empezamos a traballar cousiñas relacionadas con esta festa que tanto nos gusta. 
                                             Premede na imaxe
      


Conto "A Castaña que rebentou de risa" con imaxes de María Casares Ruíz do blogue Lápiz,papel y goma. Montaxe Ana Martínez Rey. Voz Beatriz Rodríguez Martínez.

viernes, 7 de noviembre de 2014

CONTANDO DECENAS

  Esta semana estivemos aprendendo a contar decenas. O máis sinxelo para aprender é manipulando obxetos, tocalos, contar unidades, agrupando , formando decenas...
  Na clase utilizamos escarvadentes. Engado as fotos para que poidades ver o concentradiños que estaban facendo a súa tarefa.

jueves, 30 de octubre de 2014

CHEGOU O SAMAÍN

  Despois de pasar a semana preparándonos para o Samaín con xogos, cancións, películas e falando moito do tema... chegou o gran día !
  Medo, medo non pasamos porque xa sabemos onde está, o que si foi, é que botamos unhas risas de medo , coas pintas dalgúns que pensaban que nos ían meter medo.


SAMAIN 2014 - Movie Maker

   E para entreterse estes días non lectivos, engado unha curtametraxe dun libro da editorial OQO " A bruxa regañadentes" e un enlace se premedes na última imaxe, cunha morea de divertidos xogos para pasar un ratiño.



lunes, 27 de octubre de 2014

OS ALUMNOS DE 2º PLANTARON COLIFLOR

  O venres os alumn@s de 2º baixaron ao horto a plantar coliflores. Non lles faltaron nin ganas nin xeito para facer un bo traballo, como podedes ver nas fotos.



VERSOS A MIÑA HORTA DE AROA


 Aroa presentounos hoxe en 1º a "Don Pascual" o espantallo a quen lle adicou os versos da horta.

 Un traballo xenial o do espantallo Don Pascual !

HORTICAIXA DE 1º

  Os alumn@s de 1º xa remataron a súa " horticaixa " para os utensilios do horto. Pintárona, pegáronlle produtos que se obteñen no horto e ... así de bonita lles quedou !

viernes, 24 de octubre de 2014

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

 Para conmemorar o "Día das Bibliotecas" acordamos montar mini exposicións por aula , nos corredores, cos nosos libros favoritos.

 Algúns libros son importantes para un, polas circunstancias que os rodean; quen nolo leu, a quen llo lemos, como nos emocionou ...


  Engado o video dun dos meus libros favoritos; por se queredes ter un momento tenro.


   Aquí tedes a mostra da mini exposición dos libros favoritos de 1º.


martes, 21 de octubre de 2014

INDO PARA O SAMAÍN

   Xa estamos preparándonos para celebrar o Samaín 
   Empezamos falando do medo a partir de este video. Quen dixo medo ?
   Nós xa sabemos onde está e as palabras máxicas para espantalo.
 ¡ Miedo, miedo
        rimas con huevo!
                  Si vienes a asustarme ...
               ¡ me importa un bledo !

    
  Para traballar o vocabulario relacionado co tema, este libro LIM de Ana Mártínez


E estas fichas de pasatempos para pasar un rato entretidos


viernes, 17 de octubre de 2014

QUE SORTE, OS PRIMEIROS !

  Onte asistimos a nosa primeira sesión de Contacontos deste curso.
  Se queredes ver as fotos , clicade na pestana da BIBLIOTECA.
  Como o pasamos tan ben, grazas a profe Irene e gustáronnos tanto os contos,  engado este video co que volvemos a  disfrutar dun dos contos na clase.


lunes, 13 de octubre de 2014

QUE FACER CANDO ME ENFADO ?


   Para solucionar algúns enfados que xurdiron nos últimos días na clase, hoxe dedicamos a sesión de lectura ao conto " Cuando estoy enfadado".
   Falamos das cousas que nos fan enfadar, de como nos sentimos e de como o podemos solucionar sen que o paguen os demais.
   Se queredes ler o conto , premede na imaxe e se queredes que volo conten, ver o video.
     
    Nós acordamos seguir os consellos de "Conejo" e vós, que pensades facer ?


lunes, 6 de octubre de 2014

ITINERARIO LECTOR

   Hoxe na biblioteca entregáronnos a caixa  cos libros do " Itinerario lector" que leremos este curso.
  A caixa deconten " Nacho Chichones" e  " Á sombra dos anacardios" e a de 2º " El hombrecillo de papel " e " Os soños na gaiola".
  Antes de recollelas, montamos puzzles cos títulos dos libros e visionamos o traballo que fixeron outros grupos cando os leron. 
Que libros tan bonitos !

sábado, 4 de octubre de 2014

O NOSO CORPO

  Esta semana entre outras cousas, a empezamos lembrando algunhas partes do corpo. 
  Engado estes enlaces, un para repasar e xogar ...


   E estes dous vídeos para cantar e bailar.