miércoles, 27 de noviembre de 2013

RECEITA VIAXEIRA DE IRENE

   Esta semana disfrutamos moito dunhas "Filloas de chocolate" feitas por Irene. Chegou con elas a clase moi ilusionada e un pouco nerviosa por se non nos gustaban pero ... a quen non lle gusta o chocolate ?
   Este curso entre lambetadas e cousiñas ricas chegaremos a xuño gordiños coma botelos !



viernes, 22 de noviembre de 2013

DECORANDO O NADAL

   Xa empezamos a decorar de Nadal a nosa clase para disfrutar máis tempo do noso traballo. O primeiro que fixemos foi unha árbore con abanos de cores e ... quedounos preciooooso !
   No video podedes ver como o fixemos e engado nel a base musical da nosa panxoliña de este ano para que a ensaiedes na casa.
   Premé na imaxe para ver o video

jueves, 21 de noviembre de 2013

OS ANIMAIS VERTEBRADOS

   Empezamos o tema dos "Animais vertebrados". Aquí tedes máis recursos para reforzar e ampliar o tema.
                                              Animación

Libros LIM




SUPERSABER : La alimentación de los animales

domingo, 17 de noviembre de 2013

DESCRIBIMOS A PERSOAS

Esta semana traballamos a descrición de persoas.
Engado estes enlaces para reforzar o traballado na clase.


jueves, 14 de noviembre de 2013

RECEITA VIAXEIRA DE AITOR

    Aitor convidounos hoxe a un " Bizcoito de Chocolate" . Preparou a súa receita e tróuxonos a proba que estaba para lamber os dedos, como fixo él cando o estaba facendo.
   Engadiu que ademais dos ingredientes e moi importante facelo con cariño para disfrutalo en boa compaña e neste caso, disfrutárono todos os seus compañeir@s.     
   Tamén deulle tempo a facer estas  manualidades do libro de reciclaxe da mochila.   
                            Que familias máis implicadas !                   

martes, 12 de noviembre de 2013

DIA DO MAGOSTO

    Hoxe celebramos o Magosto no noso cole. Os máis en forma, subiron andando  ata o monte Galiñeiro onde asamos as castañas , fixeron as cabanas e xogaron ata hora de regresar ao cole.
    A nos non nos vale a cantiga :
                                     " Non chas quero, non chas quero
                                 castañas do teu magosto.
                                 Non chas quero, non chas quero
                                 que me cheiran a chamusco."
  Alguns comeron ata case rebentar.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

BATIDO DE FROITAS

    Como o noso tema do proxecto son "As Froitas" empezamos facendo un batido con varias froitas , leite, azucre e unhas poucas labras de chocolate.
   Temos que agradecer a axuda da profe Carmen por facer de fotógrafa, de pinche, de limpadora e ... porque sempre está aí para botarnos unha man ao que faga falta e mais.
                             

martes, 5 de noviembre de 2013

RECEITA VIAXEIRA DE SILVIA

  
    Silvia e a súa familia prepararon para o noso recetario "ARROZ CON LEITE". Despois de explicarnos a receita contounos que o pasou fenomenal cociñando , xa vedes polas fotos que parece unha cociñeira profesional.


     Menos mal que temos feita unha lista de quendas para levar a mochila senon teríamos cada semana unha rifa para facerse con ela. Estan tod@s ilusionadísimos por sorprendernos co seu prato e non soltan nin chisca do que van facer. Sorpresa , sorpresa !