viernes, 20 de junio de 2014

E O TEMPO PASOU

    Chegamos na aula de 2º ó final  do noso percorrido, non sen moita pena e nostalxia por todas as cousas que fixemos xuntos e que aprendín de vós.
   
   Quero agradecer moito, moito todo o apoio e colaboración que recibín das vosas familias e ... 


    A vós, que debuxastes na miña cara un montón de sorrisos estes dous cursos, desexarvos que o voso camiño sexa sempre, sempre , como di a canción do video, por un mundo marabilloso.            
            
               Que disfrutedes moito das vacacións !



viernes, 13 de junio de 2014

E CHEGARON OS PREMIOS

     Hoxe na biblioteca asistimos a entrega de premios dos concursos e actividades realizados durante este curso.

   No 1º Ciclo acadaron o premio por ser as que máis fixeron uso do préstamo de libros, e dicir que leron moito, moito Xiana de 1º e Sofía de 2º. 

   Noraboa as dúas  por este premio tan merecido.

jueves, 5 de junio de 2014

DÍA DO MEDIO AMBIENTE


 
   Hoxe celebranos no cole o " Día do Medio Ambiente" 
   
   Ao remate do recreo , presenciamos a plantación da árbore dos alumnos de 3 anos, visitade o blogue da Biblioteca se queredes ver as fotos.
   

 
    A continuación  por ciclos , vimos a pélícula " El Lorax ". As peripecias dun neno na busca da única cousa coa cal conseguirá o afecto da rapaza dos seus sonos, ver unha árbore que non sexa artificial. 

    Rematamos a maña tod@s contentos porque nos gustou moito a película e por ter unha árbore máis no noso patio.