martes, 21 de junio de 2016

E O TEMPO PASOU



Chegamos na aula de 2º ó final do noso percorrido, non sen moita morriña xa,  por todas as cousas que fixemos xuntos e que aprendín de vós.




Atrás quedan ... a canción para os dormidos, a de varrer cada un o seu, a do tranvía, a dos "champiñones"...
Os momentos topo, de cabeciñas con pelo, Houston ,temos un problema e as miñas riñas que daban risa ...

Quero agradecer moito , todo o apoio e colaboración que recibín das vosas familias e a vós que debuxastes na miña cara unha morea de sorrisos estes dous cursos, desexarvos o que me dixestes  a maioría que non esqueceriades ...  " cando ríamos "
Pois iso , que atopedes sempre, sempre quen vos faga rir e moitas bolboretas das que pintan de cores as cousas feas.

Que disfrutedes moito das vacacións !!


viernes, 17 de junio de 2016

PREMIOS " A XOANIÑA "

O broche final ás fantásticas actuacións , engadidas xa na Web do cole, de todos os nosos alumnos/as  no Festival foi a entrega dos premios do certame literario "A Xoaniña".

Este curso as gañadoras do ciclo foron : de 1º Paula Piñeiro  co conto " O leopardo despistado", e de 2º  Uxía Gil con " Ben e Clen e os alieníxenas " e Lucía Mártinez co poema "A Xoaniña".

PARABÉNS !

Para limar fustracións dos que tiñan ilusión por ser premiados e non foi desta vez ... dicirlles que todos os participantes son para nós uns GAÑADORES porque tiveron interese por participar, en escoller o tema ,en adicar o seu tempo a facer un bo traballo, en ilusionarse ,en disfrutrar coa proposta ... sodes uns CAMPIONS !!

miércoles, 15 de junio de 2016

UNHA VISITA ESPECIAL


Hoxe os "soles " da profe Eva, quixeron facernos unha visita para saber como se está en Primaria, xa que o vindeiro curso seran os nosos compañeiros máis pequenos nesta etapa.

Contámoslle o conto "Orejas de mariposa" que quedou chulísimo, con canción incluida e todo.




Logo os pequerrechos quixeron saber como nos organizamos na clase no día a dia, co material, cos estoxos, cos abrigos, se tíñamos xogos ... e remataron sentándose nos nosos sitios para comprobar como se está nas mesas dos maiores.

Agasalláronnos cunha planta de xirasol que coidaremos moito para que a vexan medrar cando xa esten en 1º e cunha riquísima tarta de chocolate que preparou Eva para todos .
Así calquera conta un conto !



viernes, 10 de junio de 2016

O TEMPO PASA

    Xa cos últimos coletazos dos contidos deste curso,  estamos coñecendo feitos importantes do noso pasado.
Aquí tedes un gráfico das diferentes etapas da historia. Coñeceremos algunhas características de cada unha delas,  utilizando entre outros os seguintes recursos.



    Unha viaxe pola " Epoca Medieval"



   Máquina do tempo, xogo online da JCYL (Xunta de Castela e León) onde podemos visualizar a información máis representativa de cada época histórica dunha forma interactiva. 



lunes, 6 de junio de 2016

CLAUSURA DA BIBLIOTECA



A entrega de premios e diplomas pon o peche ás actividades da Biblioteca cada curso.


Hoxe soubemos que Lucía de 2º  foi a alumna máis lectora do 1º Ciclo polo impresionante número de libros que solicitou en préstamo este curso.





Na foto inferior todos os premiados dos outros Ciclos, os galardonados no concurso anual "Atopa a resposta", entre eles, un bo feixe de alumnos/as de 2º  e as gañadoras do concurso musical celebrado o mes pasado. 
Podedes ver o video do concurso musical  no blogue da Biblioteca.