viernes, 19 de junio de 2015

XA ESTAMOS DE ...

vacacions

 Hoxe rematamos o curso cunha saída ao " Parque Forestal de Beade ".











  Agora poderedes disfrutar de máis tempo libre para xogar, ir a praia, estar coa familia e cos amig@s e seguro que tamén haberá momentos que vos vai apetecer LER ou  facer algunha tarefa para non esquecer o aprendido... 
  Pero o noso maior desexo é  ...

     Que disfrutedes tod@s moito, moito deste tempo de lecer !!!

                              Ata o 10 de setembro !!


martes, 16 de junio de 2015

VISITA AO ZOO


Onte puidemos realizar a visita ao zoo que tíñamos programada os alumn@s do 1º Ciclo fai dous meses e que tivemos que pospoñer por causa do mal tempo. Web do zoo na imaxe .


A visita guiada  non só foi unha explicación sobre as diferentes especies que habitan en Vigozoo, senón tamén que coñecemos como e en que condicións chegaron algúns animais ao zoo .                                       

As nosas guías complementaron a visita coa observación de  cornamentas de varios animais.

lunes, 8 de junio de 2015

ENTREGA DE PREMIOS DA BIBLIOTECA


Hoxe na biblioteca asistimos a entrega de premios do concurso "Atopa resposta " e aos alumnos/as que máis fixeron uso do préstamo de libros este curso.


Aroa de 1º e Xiana de 2º  foron as máis lectoras do 1º Ciclo e aquí as tedes todas contentas cos seus agasallos ,xunto as galardonadas das outras clases e os compañeiros de 6º, axudantes da biblioteca.


domingo, 7 de junio de 2015

PREMIO VOZ NATURA


Onte na gran festa medioambiental de Voz Natura, celebrada no parque de Acea de Ama, en Culleredo, Leire de 1º e Iker de 4º acompañaron a profe Irene , coordinadora do proxecto, a recoller o premio que lle concederon ao noso traballo  "Pouquiño a pouquiño creamos o noso horto" como o mellor da provincia de Pontevedra.


 É de xustiza dicir que o mérito principal do premio concedido, na miña opinión, e para a profe Irene polo seu bo facer e pola ilusión que pon en todo o que fai que  arrastra aos que estamos a carón dela.


viernes, 5 de junio de 2015

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Cada un de nós desde o noso fogar podemos colaborar a mellorar o noso  medio ambiente.

Para actuar de forma ecolóxica, debemos cambiar os nosos hábitos cotiás.

Un só xesto pode significar moito na conservación e protección do medio.
                                                    
                                                   
   No cole, para conmemorar esta data, os nen@s de 3 anos plantaron, como se ven facendo cada curso, unha nova árbore no noso patio.
  Este ano a árbore escollida foi unha laranxeira que quedou plantadiña a caron do noso horto.                                  

miércoles, 3 de junio de 2015

UNHA DE ENSALADA , POR FAVOR !

Por fín chegou o día de saborear as nosas leitugas. 
Preparamos unha "ensalada de amorodos con queixo" e aquí vos deixamos as fotos cos pasos que seguimos para facela.
Houbo quen se puxo as botas !


martes, 2 de junio de 2015

VERSOS Á HORTA DE ...



Con Dani rematamos este curso o percorrido que fixemos coa nosa "mochila viaxeira " na procura de versos relacionados co tema da horta.




  Moitas gracias a todas as familias por colaborar con esta proposta que fixo que todos os nen@s estiveran atentos a cando lles tocaba levar a mochila para contarnos despois, cheos de ledicia, o que fixeran na casa con vós.