viernes, 20 de diciembre de 2019

CHEGA O NADAL !

Hoxe celebramos o noso  Festival de Panxoliñas e todos os nenos/as  actuaron con moito entusiasmo e ledicia.
Na web do cole  podedes  ver xa,  un video con todas as actuacións .

Engado unhas fotiños da actuación dos grandes artistas que temos en  1º e 2º , un LIM do Nadal  para pasar un ratiño e desexarvos a todos un  BO NADAL !





martes, 17 de diciembre de 2019

MUSICAL NO AUDITORIO AFUNDACIÖN





Hoxe os nenos /as do 1º ciclo asistimos en Vigo ao musical "A nena e o grilo máis aló" de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos.




Nesta última creación, a nena e o grilo corren novas aventuras: pisan sen querer á súa amiga Xertrude, a araña. 
Buscando un modo de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que lles guiarán a través da maxia e da música .



Aproveitamos a saída, xa que a chuvia nos deu un respiro, para dar unha voltiña polo mercado de Nadal da Alameda e ver tamén onde está a famosa noria ...


miércoles, 4 de diciembre de 2019

CAMPIONATO XOGADE "CAMPO A TRAVES "

Os neno/as de 2º participaron xunto cos seus compañeiros de 3º,4º,5º dunha actividade deportiva dentro do programa Xogade, iniciativa que combina actividades deportivas cun programa lúdico participativo para todos os escolares .

A finalidade do programa e ir introducindo aos nenos en diferentes disciplinas deportivas e que se divirtan realizando unha actividade física.

Neste caso foi unha carreira campo a través de 500 m para os pequenos na praia da Ladeira.
Todos remataron a carreira con moita deportividade !




Podedes atopar unha montaxe da actividade no blogue de Edº Física.


jueves, 14 de noviembre de 2019

PINTANDO A MÚSICA



Hoxe a pesar das inclemencias do tempo asistimos á exposición «Sonoro empeño», unha viaxe a través da interpretación pictórica da música, de autores coma Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, Castelao, José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Luís Caruncho ou Xaime Quessada, entre outros senlleiros.

O que máis nos gustou foi o obradoiro onde puidemos interpretar nos mesmos a música que escoitábamos  empregando trazos de cores.



jueves, 31 de octubre de 2019

CHEGOU O SAMAIN !

Despois de pasar un tempiño  preparándonos para o Samaín con obradoiros, xogos, cancións, películas  ... chegou o gran día !
Medo, medo non pasamos porque xa sabemos onde está, o que si foi, é que botamos unhas risas de medo , coas pintas dalgúns que pensaban que nos ían meter medo.

Engado unhas fotos terroríficas e podedes ver máis montaxes se vos achegades  á  web do cole

viernes, 11 de octubre de 2019

UNHA GRAN ACTUACIÓN !

Hoxe fomos todos á biblioteca para asistir ao acto de apertura deste curso. 
Como xa  sabedes, o  proxecto  deste ano esta relacionado  coa música polo que  todos os cursos interpretaron un  anaquiño  dunha canción de  película ...
Os  nenos/as de 1º interpretaron  unha canción  dá " Bela e a Besta" e os de 2º " Un poco loco "de Coco.

Despois de  darlle os carnés  aos alumnos  novos e  coller  as  caixas  do itinerario lector... 

Os de 2º  puxeron ou broche final, coa gran axuda da profe Elena,  versionando a  canción de  Xonxa,  que  vai ser a sintonía de  Librincios.


Menudos talentos temos !

jueves, 26 de septiembre de 2019

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR !


Agora que xa levamos pouco máis dunha quincena quentando motores ... aquí deixámosvos as fotos dos alumnos/as de 1º e 2º do noso cole.
 Pouco a pouco,  vai rodando este novo curso que ten moitos cambios para vós: 


  • Nova profe para os nenos e nenas de 1º , Ana
  • Novos compañeiros.
  • Novo proxecto para desenvolver " Do, re, mí , bailamos porque sí ".
Xa vos podedes imaxinar como imos rematar este curso , como unhas maracas de tanto cantar e bailar. 


viernes, 21 de junio de 2019

E CHEGARON AS VACACIÓNS !


Hoxe rematamos o curso cunha saída ao " Parque de Castrelos ".
Agora poderedes disfrutar de máis tempo libre para xogar, ir a praia, estar coa familia e cos amig@s e seguro que tamén haberá momentos que vos vai apetecer LER ou seguir as recomendacións que vos comentamos para o verán e facer algunha tarefa divertida  para non esquecer o aprendido ...
  Pero o noso maior desexo é  ...

     Que disfrutedes tod@s moito, moito deste tempo de lecer !!!



jueves, 20 de junio de 2019

ENTREGA DE PREMIOS E CLAUSURA DA BIBLIOTECA

Hoxe clausuramos a biblioteca coas exposicións trimestrais de 4º e 5º  , a entrega de diplomas aos axudantes e ao premiado do último concurso , un concurso musical.
Había que crear unha sintonía para Librincios e ... resultou ser  gañadora a nosa compañeira  Xonxa de 1º.


Será unha das nosas tarefas do vindeiro curso aprender a canción para as  actividades compartidas na biblioteca ???

Parabéns XONXA !

miércoles, 19 de junio de 2019

ENTREVISTA A TODO UN CAMPIÓN


Hoxe os nenos e nenas prepararon unha pequena entrevista a Alberto Meira, pai de Laura de 1º e que tivo a ben ,vir ao cole a mostrarnos o seu novo coche para participar no campionato galego de rallyes.

Contestóunos moi amablemente as preguntas que lle fixemos, ensinounos o coche por dentro  e agasallounos cun poster firmado por el e polo seu copiloto. Graciñas Alberto !

Como podedes ver, chegou haber cola para facer as fotos.














lunes, 27 de mayo de 2019

VISITA AO ZOO


Hoxe os alumnos de 1º e 2º fixemos un percorrido polo zoo de Vigo.
 A visita guiada  non só foi unha explicación sobre as diferentes especies que habitan en Vigozoo, senón tamén que coñecemos porque estan aquí a maioría dos animais, moitos deles víctimas de maltrato.

Contáronnos as súas tristes vidas ,maltratadas con mil perrerías nos circos ou en cautividade por persoas sen conciencia que mutilaron a súa capacidade de vivir en liberdade e que se non recibirán os coidados do personal do zoo non serían quen de sobrevivir .
As nosas guías complementaron a visita ensinándonos e explicándonos características de  plumas, pelo, cornamentas de varios animais.





jueves, 16 de mayo de 2019

FESTIVAL E PREMIOS


Hoxe rematamos os tres días de celebración do " Festival das Letras ".
Foron días de tensión e moitos nervios pero todo saiu de marabilla e os nen@s estiveron todos fantásticos.

Se queredes volver a disfrutar das actuacións, tedes xa os videos engadidos na Web do cole .

Temos que mencionar tamén que ao remate do festival entregáronse os premios do " XXIV Certame Literario A Xoaniña" e os premiados do noso ciclo foron ...














- Gabriel Bratos (non puido asistir a entrega) e Brais Alborés de
- Izan Sestelo e Lucía Otero de











E ... noraboa a tod@s os participantes !

martes, 7 de mayo de 2019

UN MAR DE AREA , UN MAR DE SENTIDOS

O obradoiro de emprego "Valmiemprega" dende a especialidade de promoción turística local, ofreceunos unha ruta e unha charla para darnos a coñecer os recursos da comarca do Val Miñor.
A ruta escollida para o 1º Ciclo foi un percorrido dende Praia América a altura das Dunas de Gaifar ata a Ramallosa pasando por Monte Lourido, interpretando a paisaxe e os valores naturais coa flora e a fauna do lugar.
Agradecemos aos monitores é alumnos do obradoiro a posibilidade de ampliar os coñecementos sobre a nosa contorna e facer que fora unha ruta cunha morea de marabillosas paisaxes.


viernes, 12 de abril de 2019

UN FUTURO VERDE

En outubro do 2017 o 80% dos montes arderon e o monte Galiñeiro foi queimado.
A comunidade de Montes de Vincios como lembranza propuxo unha plantación de árbores autóctonas preto da area recreativa para colaborar entre todos a recuperar o monte , coidar o medio ambiente e que a ollada no noso futuro sexa de cor verde.
Aquí deixámosvos unhas fotos desta actividade.

jueves, 11 de abril de 2019

EXPOSICIÓNS TRIMESTRAIS


Chegamos as vacacións da Semana Santa  coas exposicións dos nenos do Ciclo e Infantil sobre algunhas das cousiñas que traballaron ata agora no proxecto " DESCUBRINDO MUNDO”


Os nenos e nenas de 1º versionaron un conto de Joana Bruna percorrendo as marabillas do mundo moderno e engadindo a información que atoparon de cada marabilla.



Os alumnos/as de 2º amosaron o seu traballo, ilustrando o conto ideado pola súa profe "Musi a musaraña " nun percorrido polas diferentes paisaxes da nosa contorna.


A pesar de ter os nervios a flor de pel, foron quen de acougar e sair airosos na posta en escea do traballo realizado.

PARABÉNS rapaces !


viernes, 1 de marzo de 2019

CHEGOU O ENTROIDO !



Os neno@s de 1º e 2º disfrazáronse de divertidos mexicanos



 Aquí deixámosvos unha mostra do bonitiños que se veían cos seus disfraces e na Web do cole, engadiremos  o video do noso desfile.

A  DISTRUTAR  DO  ENTROIDO !