lunes, 27 de noviembre de 2017

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Volvemos nesta data a manifestar o noso rexeitamento a calquera tipo de violencia contra as mulleres e este ano acordamos facelo cos mensaxes non sexistas cos que decorar camisetas para colgar nos corredores.

Na clase de 2º  estivemos traballando o conto ...

Carlota era unha princesa rosa. Co seu vestido rosa, o seu armario cheo de roupa rosa. Pero Carlota estaba farta do rosa e de ser unha princesa. Quería vestir de vermello, de verde ou de violeta... Non quería bicar sapos para ver se eran príncipes azuis. Non quería príncipes azuis. Carlota sempre se preguntaba por que non había princesas que sucasen os mares en busca de aventuras...


Acordamos darlle suxestións a Carlota do que podería ser pero sen  esquecer que ELA É A QUE TEN QUE ELEXIR  E SER O QUE QUEIRA .

Cada un escolleu unha profesión e como exemplos vestimos a Carlota de ...



viernes, 17 de noviembre de 2017

MAGOSTO NO PARQUE FORESTAL DE BEADE

O pasado venres día 10 celebramos o noso magosto no Parque Forestal de Beade .

Non puido ser coma todos os anos, no monte Galiñeiro por causa dos incendios de hai un mes que deixaron toda a paisaxe  queimada.

Ainda así ,buscamos un novo espazo verde, os nenos/as intentaron facer as súas cabanas e os dous Migueles do cole afumáronse sós este ano, asando as castañas para todos.

Engado a montaxe que realizou a profe Anita coas fotos que lle pasamos. 


miércoles, 8 de noviembre de 2017

NATURNOVA

Hoxe os alumnos do 1º Ciclo fixeron unha visita a Naturnova e lembraron como é o mundo que nos rodea e o importante que é coidalo e conservalo.

En grupos foron percorrendo as diferentes salas temáticas para obter mais información sobre o universo, o noso planeta e o ser humano e o seu medio.

Puideron tocar unha nube, ver unha maqueta en movemento do ciclo da auga , mover un tren grazas a enerxía solar e entrar nun simulador submarino para ver as especies que se atopan no fondo da ría de Vigo.

Rematamos a visita merendando e xogando no parque de Castrelos.

E se non entramos en detalles... todos/as se portaron de marabilla !

Aqui deixámosvos algunhas fotos do que fixemos.