viernes, 23 de junio de 2017

HOXE COMENZAN AS ...

vacacions


En setembro do 2016 emprendiamos todos xuntos unha nova etapa : un curso novo, amigos novos, profesores novos ... case todo era novo cando empezamos.

Había nervios, dúbidas e medos. Era un mundo inexplorado para vós que debiamos descubrir todos xuntos: nenos, familias e... tamén os profes.

Pero día a día fómonos coñecendo e fomos superando os retos e os obstáculos que achabamos no camiño. Un camiño que construímos xuntos e do cal me sinto moi orgullosa de participar coa miña pequena achega

Durante este curso tiñamos o reto de preparar a estes alumnos no cambio que supón Primaria e facer nenos felices, que fixesen amigos, que se divertisen e que viñesen contentos ao colexio. Traballamos moito e aprendemos cousas novas, como a ler e así mergullarnos no marabilloso mundo dos libros; a sumar e restar; a escribir e falar dos nosos pensamentos, sentimentos ou de calquera cousa que se nos ocorrese... pero sobre todo o que aprendemos foi que en equipo traballamos mellor.

Regálame alegría ver  xa ,como se desenvolven en Primaria



jueves, 22 de junio de 2017

E CUMPRIRAN ...

Nestas benvidas vacacións de verán cumprirán 7 anos en 1º : XABI, AITOR e AMANDA e como un deles nolo ven avisando dende hai tres meses ... non tería perdón non poñer a foto destes tres "cumpreañeiros de verán."

parabens


viernes, 16 de junio de 2017

AUGA ,POR FAVOR !



Hoxe , facendo o simulacro de incendio no cole, levamos a sorpresa de que apareceron os bombeiros.





Despois de comprobar que a evacuación fora perfecta e que estabamos todos no punto de encontro, déronnos unha pequena charla sobre o seu traballo e ensináronnos o material que levan no camión para atender as emerxencias ás que teñen que acudir: incendios, accidentes, inundacións ...

Remataron a súa visita mollándonos coas mangueiras e de seguido empezamos cos xogos que tíñamos preparados con vasos e esponxas.
O momento máis esperado foi a batalla de auga por equipos e xa vos podedes imaxinar como acabamos tod@s. 
Empapados pero fresquiños !


lunes, 12 de junio de 2017

VISITA A VIGOZOO


A saída a Vigozoo é a última que  tíñamos programada para os alumn@s do 1º Ciclo para este curso que xa está a dúas semanas do peche final.

A visita guiada  non só foi unha explicación sobre as diferentes especies que habitan en Vigozoo, senón tamén que coñecemos porque estan aquí a maioría dos animais, moitos deles víctimas de maltrato.

Contáronnos as súas tristes vidas ,maltratadas con mil perrerías nos circos ou en cautividade por persoas sen conciencia que mutilaron a súa capacidade de vivir en liberdade e que se non recibirán os coidados do personal do zoo non serían quen de sobrevivir .

As nosas guías complementaron a visita ensinándonos e explicándonos características de  plumas, pelo, ovos e cornamentas de varios animais.

lunes, 5 de junio de 2017

A NOSA PEGADA VERDE



Como guinda  as tareas de concienciación para colaborar no coidado e conservación do noso medio natural que promovemos durante todo o curso; no Día do Medio Ambiente os peques do cole son os encargados de plantar unha árbore.




Foi unha ameixeira a árbore escollida este ano que irá medrando con nós e deixando a nosa pegada verde no fabuloso espazo que temos ao redor do cole