viernes, 21 de diciembre de 2018

FESTIVAL PANXOLIÑAS

Rematamos, como cada curso, o 1º trimestre co noso Festival de Panxoliñas. 
Engado os videos das nosas panxoliñas que como podedes ver non o puideron facer mellor. 
Se queredes ver todas as actuacións e fotos da celebración ,premede na web do cole






Achégovos este Symbaloo de Patricia Pena Barbeito do blogue Falando enténdese a xente con recursos de Nadal para pasar un ratiño se premedes nas imaxes.


BO NADAL !

miércoles, 12 de diciembre de 2018

UNHA DE MONICREQUES


Onte os alumnos de 1º e 2º asistimos a un espectáculo de monicreques dun conto de Carlos Casares " A galiña azul"a cargo da compañia de teatro Tanxarina.



A galiña azul é un libro pioneiro no que Casares desliza, baixo a aparencia de conto infantil, a súa habitual mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza.


E como dicía a canción do espectáculo que ... para gustos se pintaron cores, houbo opinións de todo tipo ,quen a disfrutou moito e a quen no lle gustou nada.

Aproveitamos a saída para ver a decoracíon de Nadal que tiñamos a un chisco do auditorio da "cidade mais iluminada do planeta"


miércoles, 28 de noviembre de 2018

GAÑADOR CONCURSO FOTOGRAFÍA DE OUTONO

O gañador do IV concurso de fotografía  foi  Teo de 1º e estamos na nosa clase moi contentos.

Agradecer moito todas as fotografias presentadas en 1º e 2º , algunha non chegou a tempo pero... para a próxima seguro que estaremos máis atentos as datas do concurso.


parabens


No blogue da BIBLIOTECA tedes unha montaxe con todas as fotos presentadas ao concurso.

jueves, 22 de noviembre de 2018

PERIPLO ATLÁNTICO

Os nenos e nenas de 1º e 2º asistimos hoxe a unha sesión de contacontos grazas á Mali e Marina , nai e tía de Xonxa de 1º.

Disfrutamos un montón deste periplo por paises bañados polo oceano Atlántico da man do pingüín Panchito.

Podedes ver máis fotos se visitades o blogue da biblioteca.

O noso maior agradecemento a familia de Xonxa por facernos disfrutar desta aventura oceánica.


lunes, 5 de noviembre de 2018

CONTEXTOS COMPARTIDOS

Iniciamos no mes de outubro os obradoiros de contextos compartidos cos alumnos de 1º e 2º mesturados en tres grupos que foron rotando cada semana para desenvolver as tres experiencias planificadas para poñer en marcha este novo reto no noso ciclo.
Unha vez divididos os alumnos e feitos os carnets de equipo verde, azul e amarelo levamos a cabo as seguintes experiencias :

  1. Un oceano nunha botella na aula de 2º.
  2. Masa de sal na aula de plástica.
  3. Receitas de Samaín na cociña.


Resultou ser unha experiencia moi enriquecedora para tod@s polo que xa andamos as voltas cos contextos de novembro.

miércoles, 31 de octubre de 2018

COMO CELEBRAN O SAMAÍN EN ... ?


Para coñecer como celebran esta festividade polo mundo ...
Engado este fantástico Thinglink da páxina web do cole, onde podedes xa visionar tamén a entrada coas foto-montaxes das cestas, das cabazas, dos disfraces e ... faceros unha idea de como celebramos este ano o Samaín no cole.


viernes, 26 de octubre de 2018

MAGOSTO

Hoxe foi o día do "Magosto" no noso cole.
Os máiores  subiron andando  ata o Galiñeiro e alí asamos as castañas , fixeron as cabanas e xogaron ata hora de regresar ao cole.
Engado as primeiras fotos que fixemos , atoparedes outra montaxe  na web do cole e un Lim coa temática do outono de Ana Martinez Rey




viernes, 5 de octubre de 2018

UN MUNDO POR DESCUBRIR !










Este novo curso ven cunha morea de novidades
Novos compañeiros, diferente aula, outra profe ,nova temática no cole ...


Hoxe inaguramos a biblioteca e no seu blogue tedes o documento gráfico do acto.Tamén na web do cole podedes ver algunhas fotos da vendima deste ano.
Desexamos unha boa viaxe a todos "Descubrindo mundo "

viernes, 22 de junio de 2018

CHEGARON AS VACACIÓNS !

  Chegamos  na aula de 2º  ó final   do  noso  percorrido,  non  sen magoa polas despedidas e morriña xa, por todas  as  cousas que  fixemos e disfrutamos  xuntos .

  Quero agradecer  moito,  moito todo ou  apoio e colaboración que  recibín dás  vosas familias e ... 
  A  vós, que  debuxastes  na  miña cara unha chea de  sorrisos estes  dous cursos,  desexarvos que no  voso  camiño sempre teñades ao voso carón quen vos faga rir.          


 Xa coñeces os deberes para o verán: ler o voso libro favorito no voso lugar preferido, gozar coa vosas mascotas, escoitar música que non coñecíades, pasar tempo coa familia, explorar a natureza, apreciar unha obra de arte ou practicar o deporte que máis vos gusta ...
Co tempo aprenderedes que o mellor da vida está nas pequenas cousas.

Achégovos un video con algunhas fotos destes dous cursos que xa son parte da nosa "historia"

A DISFRUTAR COMA TOLOS !




viernes, 15 de junio de 2018

CIENCIA DIVERTIDA

Hoxe os monitores da academia FrikLab achegaronse ao cole para compartir con nos os seus coñecementos sobre ciencia e tecnoloxía pero dun xeito moi divertido.
Demos uns pasos na mecánica con pezas de Lego, observamos co microscopio unha ampla selección de mostras para analizar , puidemos ver con lupas ,rochas e insectos, practicamos con laranxas un dos primeiros xogos de ordenador e fixemos pelexas de robots .
O tempo pasóusenos voando !

miércoles, 13 de junio de 2018

PREMIOS BIBLIOTECA


A entrega de premios e diplomas pon ou  peche  ás actividades dá Biblioteca cada curso.
Onte  soubemos que  Alba e Antía de 2º  foron as alumnas premiadas do 1º Ciclo polo impresionante número de libros que  solicitaron en préstamo este curso na nosa biblioteca.
 Dou fé que léronos todos !



Na foto inferior estan  coas premiadas doutros Ciclos e no blogue da biblio todos os galardonados noutras categorias.


parabens

viernes, 8 de junio de 2018

O MELLOR AGASALLO !

O martes día 5 ,foi un día moi emotivo e especial. Ao terminar a última reunión coas familias da miña clase que puideron achegarse ao centro, entraron por sorpresa, todos os meus nenos.
Que ben saben xa gardar os segredos

Un papá  entregoume un  USB para conectar ao ordenador co proxector... prepararan un vídeo para min
Como non teño palabras para expresar o moito que me emocionou ,engadoo no blogue a petición das familias que non puideron  visionarlo enteiro. 


Aguantei o tipo o que puiden  pero sentir o seu agarimo ... é inigualable 
Quedo cos seus xestos, cos seus bicos, coa súa esencia... É o mellor agasallo do mundo, un recordo precioso que xamais esquecerei, por iso non podo dicir máis que GRAZAS, aos meus nenos e ás súas familias. 

Pois se non fose suficiente,  entregáronme un  fular con todos eles debuxados e unha bolsa de tea co meu nome. Encantoume !


Que dicir? Pois que cando te envorcas  no teu traballo, con maior ou menor acerto, o último no que pensas é no recoñecemento ou o agradecemento... con todo, cando o recibes, é a bomba 


     Ata o infinito e máis aló GRAAAAZAS !!


viernes, 1 de junio de 2018

PRACTICANDO COA LINGUA DE SIGNOS

A lingua de acenos ou lingua de signos, é unha lingua natural de expresión e configuración xesto-espacial e percepción visual (ou mesmo táctil por certas persoas con  sordoceguera), grazas á cal, os xordos poden establecer unha canle de comunicación coa súa contorna social, xa sexa conformado por outros xordos ou por calquera persoa que coñeza a lingua de acenos empregada. 

A nai de Diego, Soraya, ofreceuse a darnos unha charla sobre a lingua de signos a raiz da nosa actuacion no "Festival das letras "onde empregamos  xestos desa lingua na nosa actuación.

Soraya entregounos un alfabeto e coa sua axuda fomos expresando os nosos nomes, practicando os días da semana, saudos, números , vocabulario da familia ...
Como xa sabiamos que nos iamos entreter un  montón , agasallámola cunha caixiña cos nosos  bombóns. Moitas grazas Soraya !

BOMBÓNS RECHEOS






Esta semana elaboramos unha receita para preparar bombóns recheos de noces para facer un agasallo.
Estaban riquísimos !







jueves, 31 de mayo de 2018

CONTACONTOS

Un osiño rosa choraba e choraba desconsolado porque perdera o seu soño ...
Este foi o comenzo do conto que os nenos e nenas que participan na actividade extraescolar proposta pola ANPA, nos escenificáron con gran profesionalidade e un vestuario moi lucido que fixo as delicias de todos.

Parabéns a todos en especial a Lucía e Sara de 1º e Martiño de 2º por participar nesta actividade con tanto entusiasmo.
Rematamos todos a actuación cantando "Cocodrilo" dun xeito moi .moi. divertido.


viernes, 25 de mayo de 2018

MUSEO MEIRANDE

Hoxe disfrutamos dunha visita ao Museo de Interpretación da Batalla de Rande.

Logo de recrearnos na "Batalla de Rande" na sala de audiovisuais, puidemos ver maquetas de galeóns, unha réplica dun  lingote de prata, a recreación da adega dun  galeón e dun camarote, os canóns, cadros  parlantes e lembrar as aventuras do  capitán Nemo a bordo do  Nautilus en busca do tesouro de Rande.

Mágoa do tempo que non nos acompaño para aproveitar mellor os espazos exteriores do museo.




miércoles, 16 de mayo de 2018

FESTIVAL LETRAS E CERTAME XOANIÑA

Hoxe foi o último  día da celebración do noso " FESTIVAL DAS LETRAS " no que todos os nenos e no tan nenos estiveron fantásticos.

Xa tedes na web do cole fotos e videos de todas as actuacións. Clicade na foto do cole  da dereita 

Como peche do festival entregáronse os premios do XXIII Certame Literario "A Xoaniña ".
Este curso os traballos  gañadores do noso ciclo foron ...  os de Lois de 1º e Martiño de 2º que recibiron moitas felicitacións.

PARABÉNS a todos os participantes !


viernes, 11 de mayo de 2018

CINE VINCIOS

cine

Hoxe asistimos no cole a unha sesión de cine moi especial.
A película proxectada foi  " Camino hacia El Dorado "
Despois de practicar previamente con moedas e  facer o  noso "sobre moedeiro" ... fomos a comprar a  entrada á taquilla  de 1º .


Logo tivemos que localizar a fila e a butaca que  tiñamos asignada na sala de proxeccións  e ... ata puidemos comprar  flocos de  millo e todo.
Que máis pódese pedir ?
Os de 1º resultaron ser  uns  fantásticos organizadores de eventos !