jueves, 31 de mayo de 2018

CONTACONTOS

Un osiño rosa choraba e choraba desconsolado porque perdera o seu soño ...
Este foi o comenzo do conto que os nenos e nenas que participan na actividade extraescolar proposta pola ANPA, nos escenificáron con gran profesionalidade e un vestuario moi lucido que fixo as delicias de todos.

Parabéns a todos en especial a Lucía e Sara de 1º e Martiño de 2º por participar nesta actividade con tanto entusiasmo.
Rematamos todos a actuación cantando "Cocodrilo" dun xeito moi .moi. divertido.


viernes, 25 de mayo de 2018

MUSEO MEIRANDE

Hoxe disfrutamos dunha visita ao Museo de Interpretación da Batalla de Rande.

Logo de recrearnos na "Batalla de Rande" na sala de audiovisuais, puidemos ver maquetas de galeóns, unha réplica dun  lingote de prata, a recreación da adega dun  galeón e dun camarote, os canóns, cadros  parlantes e lembrar as aventuras do  capitán Nemo a bordo do  Nautilus en busca do tesouro de Rande.

Mágoa do tempo que non nos acompaño para aproveitar mellor os espazos exteriores do museo.




miércoles, 16 de mayo de 2018

FESTIVAL LETRAS E CERTAME XOANIÑA

Hoxe foi o último  día da celebración do noso " FESTIVAL DAS LETRAS " no que todos os nenos e no tan nenos estiveron fantásticos.

Xa tedes na web do cole fotos e videos de todas as actuacións. Clicade na foto do cole  da dereita 

Como peche do festival entregáronse os premios do XXIII Certame Literario "A Xoaniña ".
Este curso os traballos  gañadores do noso ciclo foron ...  os de Lois de 1º e Martiño de 2º que recibiron moitas felicitacións.

PARABÉNS a todos os participantes !


viernes, 11 de mayo de 2018

CINE VINCIOS

cine

Hoxe asistimos no cole a unha sesión de cine moi especial.
A película proxectada foi  " Camino hacia El Dorado "
Despois de practicar previamente con moedas e  facer o  noso "sobre moedeiro" ... fomos a comprar a  entrada á taquilla  de 1º .


Logo tivemos que localizar a fila e a butaca que  tiñamos asignada na sala de proxeccións  e ... ata puidemos comprar  flocos de  millo e todo.
Que máis pódese pedir ?
Os de 1º resultaron ser  uns  fantásticos organizadores de eventos !