miércoles, 30 de enero de 2013

Gymkana da Paz

    Neste video podedes ver como os nen@s do 1º Ciclo esforzaronse en rematar o circuito co ánimo que lle aportaron os seus patrocinadores e os compañei@s do centro.
   Coa canción " Rumba das apertas " rematamos as actividades do Día da Paz co obxectivo de que non só quedase un xesto se non tamén  unha acción solidaria por parte de toda a comunidade educativa.

   GRAZAS AS FAMILIAS por implicarse na nosa proposta de colaborar coa ONG Solidaridade Galega co pobo saharaui.

lunes, 28 de enero de 2013

A nosa mensaxe de PAZ

Como xa todos sabedes , este mércores celebraremos o día da Paz.

Para ese día gravamos un video coa nosa mensaxe de Paz e como o proxecto do cine segue en marcha , escollemos a mensaxe da canción da última escena da pélicula "La vida de Brian " de los Monty Python.
                 
        " MIRA SEMPRE O LADO BO DA VIDA "

Se vedes o video acabaredes asubiando.

Facede a proba !!!!

miércoles, 23 de enero de 2013

Día da PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o "DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA" 
   Este curso no colexio acordamos celebrala cun circuito de SOLIDARIDADE CO POBO SAHARAHUI que patrocinará toda a comunidade educativa e o recaudado enviarase para colaborar na axuda a ese pobo.

  Propoñemos tamén redactar mensaxes de paz para colocar nun corredor do noso centro.

  Para aprender máis sobre esta celebración engado un LIM proposto polo blog do 2º Ciclo e o conto  "LA PALOMA MARY PAZ " 

Grazas a Ana de Aula Tic por compartir estes recursos.

  

lunes, 14 de enero de 2013

Os animais


 Comenzamos esta semana os temas relacionados cos animais .

Para repasar o que traballamos nas clases de coñecemento, engado este libro LIM do blogue  APRENDO EN PRIMARIA.


Podedes tamén practicar os números ata o 99 que aparecen noutro libro do mesmo enlace .

martes, 8 de enero de 2013

Chegou o inverno !

Benvid@s de novo ao cole  .

  Xa estamos no 2º trimestre . Novo ano , outra estación e ... para lembrar o vocabulario do inverno e traballar o conto "Don Fresquete" premede  nas imaxes.