viernes, 18 de septiembre de 2020

XA ESTAMOS EN 1º !


Xa estamos en 1º e somos os maiores do noso andar.

Empezamos unha nova aventura como grupo con moitas novidades e incertezas:

 Outra profe, Naty 

 Novos compañeiros : Martín, Vera, Renata, Olivia e Andrés .

Outro espazo onde compartir o noso traballo , as nosas vivencias , sentimentos  ... case todo é diferente, menos as nosas ganas por estar e seguir xuntos no cole.

Abraiada estou coa excelente actitude  👏👏👏 destes pequerrechos polo ben que están cumprindo e adaptándose ao protocolo establecido estes primeiros días ... tan , tan diferentes para todos.