viernes, 21 de diciembre de 2012

Festival de Nadal

Hoxe celebramos o noso Festival de panxoliñas .



Meus ratiños, canciños e michiños interpretaron a panxoliña  "Na casa da miña avoa " e fixérono fenomenal como podedes ver.

E . . . porque remataron un trimestre onde traballaron moito , fixéronme rir cada día e encheron a clase de ilusión por aprender BIQUIÑOS DE TURRON E BO NADAL

domingo, 9 de diciembre de 2012

Cousas do Nadal

Para ir entrando en ambiente navideño, deixovos este libro LIM  do Nadal que comparte Ana Martínez.

jueves, 6 de diciembre de 2012

Chega o Nadal !!

Xa estan a chegar as Festas do Nadal.
No cole o celebraremos facendo postais , adornos para a clase ,  preparando unha panxoliña para o Festival do día 21 de decembro e máis cousas que xa veredes . . .
Este ano  os nen@s de 1º cantaremos a panxoliña de Mamá Cabra " Na casa da miña avoa "
Para que poidades ensaiar nas vosas casas , aquí  tedes o video.

                    

jueves, 22 de noviembre de 2012

Contacontos

Onte os alumn@s de 5ºA fixéronnos  un agasallo.
Na sesión de lectura viñeron a nosa clase para contarnos o conto "A galiña Marcelina".
Gustounos moitísimo e tod@s nolo contaron como se fosen contacontos profesionais, grazas o apoio da súa titora Mª Luisa .

Grazas por compartir connosco o voso traballo !



martes, 20 de noviembre de 2012

Exposición para lembrar

Hoxe os nen@s do 1º ciclo fomos visitar unha exposición o museo MARCO de Vigo.
" A balea negra " que así se chama a exposición, pretende que non esquezamos que hai 10 anos un barco , o Prestige , naufragou e contaminou toda a nosa costa de chapapote.
Fotos, videos e obras de varios artistas amosan que NUNCA MAÍS queremos que volva acontecer un desastre coma ese.

sábado, 17 de noviembre de 2012

Os alimentos

  Estamos a piques de rematar o tema  "Os alimentos". Para reforzar o vocabulario e os contidos do tema , deixovos estes libros LIM que atopei na páxina EDUCALIM.

   

viernes, 16 de noviembre de 2012

Taller de mates

  Hoxe na clase de mate traballamos con palillos (método ABN) as unidades e as decenas e xa aprendemos que 10 palillos forman 1 decena.

  O que máis traballo nos deu  foi poñerlle as gomas a cada grupo de 10 pero temos a sorte de que en cada equipo sempre hai compañeiros que nos axudan.



sábado, 10 de noviembre de 2012

Preparándonos para o Magosto

O martes celebraremos o Magosto na escola.

Se non chove , subiremos todos ao Galiñeiro a asar as castañas porque como di o refrán ... " Castañas , noces e viño (pouquiño) fan a ledicia do San Martiño "

Mentres se achega a data, podedes repasar o vocabulario desta celebración con este libro LIM.

viernes, 9 de noviembre de 2012

miércoles, 31 de octubre de 2012

Un día de medo !

 


Hoxe estamos moi contentos porque a nosa compañeira Alba gañou o concurso de relatos de terror para convocado pola biblioteca.



 Temos que dicir que estamos esgotados: que se fomos a biblioteca a recollida dos premios do concurso, que se baixamos o salón de actos a ver as nosas cabazas expostas, que se baixamos a ver as cabazas acendidas, que se baixamos a recoller as cabazas e cestos e .  .  .


Pero despois de tanta trasfega , a que quedounos de medo?

jueves, 25 de octubre de 2012

lunes, 22 de octubre de 2012

Chega a clase o Samaín

  Estes días, con motivo da chegada do Samaín,  lemos na clase o conto "Corre, corre cabaciña" e escoitamos tamén a canción.

Aquí tedes o conto...


e a canción para escoitalos nas vosas casas.

domingo, 7 de octubre de 2012

As Partes do Corpo

   Esta semana lembramos algunhas partes do corpo. Con este libro LIM, que comparte unha profe, podedes repasalas na casa.

domingo, 30 de septiembre de 2012

Benvidos a Primeiro !


Neste curso hai moitas novidades verdade?

   Os profesores, novos compañeiros, estades noutra aula... case todo é diferente, menos as vosas ganas por aprender.
   Seguro que xuntos o lograremos e pasarémolo de CINE!

 a... 1º DE PRIMARIA