miércoles, 29 de mayo de 2013

martes, 21 de mayo de 2013

UN DÍA DE CINE

  Hoxe fixemos unha saída especial. Fomos ao cine !
 Dentro das actividades programadas para este ano de cine no noso centro, acordouse facer unha saída de todos os alumn@s ao cine Imperial e a película ofertada foi Rompe Ralf. 


   Tod@s disfrutamos moitísimo desta actividade que rematou no parque da Ramallosa .       
 
Música : BSO Rompe Ralf  "Cuando te volveré a ver"      

viernes, 17 de mayo de 2013

O NOSO FESTIVAL

  Os días 14 e 15 de maio celebramos no cole o noso festival.
Todas as actuacións foron fantásticas !
  Os alumn@s de 1º actuaron o mércores representando un contocantado "A vella Lulula " e ainda que algúns tiñan algo de vergoña por actuar con tanto público, saiulles a tod@s fenomenal.
  Engado o video e as fotos para que os que non puideron asistir a representación , poidan visionalo.



miércoles, 8 de mayo de 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

   O 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano está dedicado a Roberto Vidal Bolaño , autor, director, actor, escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo, sendo un referente para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral.

Actividades en liña
                                     
  " Esquecéronse de que ata a uns actores de talento dubidoso  e de oficio incauto lles  asiste, cando lles peta, o privilexio de facer o pallaso."
             Caprice des Dieux (1985) R.V. Bolaño

martes, 7 de mayo de 2013

XERADOR DE SUMAS

   Imos seguir practicando a suma pois xa case somos expertos en sumar levando.

  Nesta aplicación temos desde as sumas máis faciliñas ás máis complicadas e que aínda non vimos en clase. 

 Por agora, co visto en clase podes seleccionar:
- 2 números de 1 díxito.
- 2 números de 2 díxitos.

  Na columna da dereita deixarei o enlace permanente á aplicación para que poidas facer uso dela cando queiras.