viernes, 30 de octubre de 2020

MEDO ME DERON ...

 A clase de 1º encheuse hoxe de esqueletos, bruxas, vampiros, zombis ...  que andaban mesturados coma se nada como  pericos pola súa casa.

Despois de rematar algunhas cousiñas que nos quedaron pendentes, disfrutamos dun día solleiro no patio e dun percorrido polas exposicións de cabazas e cestas colocadas nos corredores do cole.

Rematamos o día coa inaguración virtual da nosa biblioteca da boa mán dos alumn@s do 3º Ciclo , premede👉 aquí se queredes visionalo de novo, e a recollida das " Mochilas Viaxeiras" que retomaran a súa andaina ,coa mesma temática do curso pasado, polas familias que non as tiveron nas súas casas.

Aquí tedes unha foto do grupo e ...

                                                            
Unha montaxe con máis fotiños deste día.👇

  


lunes, 26 de octubre de 2020

Xogando cos números no Samaín


Preme  na imaxe superior para contar cousiñas relacionadas co Samaín   e clica na imaxe inferior para ver os debuxos agochados unindo os números.




jueves, 15 de octubre de 2020

MAGOSTO NO GALIÑEIRO

 Onte foi o día do noso "Magosto" no noso cole.

Os máiores  subiron andando  ata o Galiñeiro e alí asáronse as castañas , fixeron as cabanas e xogaron ata hora de regresar ao cole.

Nós os de 1º ,subimos no bus e como estabamos por grupos de convivencia, pasamos a mañá na zona que os nenos chamaron “ do Castelo” e  que quedou toda limpiña de fentos de tantos reis e raíñas que querían ser os donos da torre.

Engado as primeiras fotos que fixemos , e un Lim coa temática do outono se clicades nas imaxes.