jueves, 21 de diciembre de 2017

CHEGOU O NADAL !

Chegamos ao fín do trimestre disfrutando un montón con todas as panxoliñas do noso festival e aínda que nerviosos polas datas que se achegan : xuntanzas familiares, Papa Noel, Reis Magos ,agasallos ...

Que ben o fixeron !




Na web do cole xa podedes ver as actuacións de todos os cursos.

Aproveitando que o último día de clase coincide coa chegada do inverno engado a montaxe dos grupos de clase diante do mural que rematamos esta semana e desexarvos a todos, especialmente aos que camiñan pola vida cun sorriso, que ...

" Disfrutedes moito destas datas e que o novo ano veña cheo de grandes aventuras e bonitas historias."


lunes, 11 de diciembre de 2017

ASÍ ÉRAMOS , ASÍ SOMOS

Rematamos a actividade " Así éramos ... " que empezamos recompilando fotos, contando e escribindo anécdotas de cando éramos pequenos para finalizar soñando co que nos gustaría ser de maiores.
Ao principio ninguen lembraba nada de cando eran máis pequenos pero despois coa axuda das familias todos tiveron anécdotas que contar.
- Un hamster que case morre de frío por bañalo.
- Unha que fixose pis no armario onde estaba escondida.
- Un que botoulle aceite ao seu can para peinalo.
- Outra baleirou todo o xel de baño na bañeira.
- Outro caeu nun burato cheo de silvas
- Un caeu do colo da súa avoa do susto que levou cando soou o timbre da porta.
- Varios  caeron  a rebolos coas súas  nais 
- A outro non lle aparecía a súa cadela e foi a súa nai a buscala. Apareceu a cadela e a que non aparecía logo era a nai. E choraba e choraba ...

E así unha morea delas que fixéronnos escachar de risa.

Finalizamos contando e debuxando o que nos gustaría ser de maiores e como din que soñar espertos e o primeiro paso para conseguir o soñado...

Nesta promoción teremos a unha pianista, un inventor de pezas de Lego, unha arqueóloga, varios policias, dous bombeiros, un pescador, varios veterinarios, dous coidadores de animais, dúas perruqueiras e varias mestras 

Pero de momento...  así eramos e así somos.



lunes, 27 de noviembre de 2017

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Volvemos nesta data a manifestar o noso rexeitamento a calquera tipo de violencia contra as mulleres e este ano acordamos facelo cos mensaxes non sexistas cos que decorar camisetas para colgar nos corredores.

Na clase de 2º  estivemos traballando o conto ...

Carlota era unha princesa rosa. Co seu vestido rosa, o seu armario cheo de roupa rosa. Pero Carlota estaba farta do rosa e de ser unha princesa. Quería vestir de vermello, de verde ou de violeta... Non quería bicar sapos para ver se eran príncipes azuis. Non quería príncipes azuis. Carlota sempre se preguntaba por que non había princesas que sucasen os mares en busca de aventuras...


Acordamos darlle suxestións a Carlota do que podería ser pero sen  esquecer que ELA É A QUE TEN QUE ELEXIR  E SER O QUE QUEIRA .

Cada un escolleu unha profesión e como exemplos vestimos a Carlota de ...



viernes, 17 de noviembre de 2017

MAGOSTO NO PARQUE FORESTAL DE BEADE

O pasado venres día 10 celebramos o noso magosto no Parque Forestal de Beade .

Non puido ser coma todos os anos, no monte Galiñeiro por causa dos incendios de hai un mes que deixaron toda a paisaxe  queimada.

Ainda así ,buscamos un novo espazo verde, os nenos/as intentaron facer as súas cabanas e os dous Migueles do cole afumáronse sós este ano, asando as castañas para todos.

Engado a montaxe que realizou a profe Anita coas fotos que lle pasamos. 


miércoles, 8 de noviembre de 2017

NATURNOVA

Hoxe os alumnos do 1º Ciclo fixeron unha visita a Naturnova e lembraron como é o mundo que nos rodea e o importante que é coidalo e conservalo.

En grupos foron percorrendo as diferentes salas temáticas para obter mais información sobre o universo, o noso planeta e o ser humano e o seu medio.

Puideron tocar unha nube, ver unha maqueta en movemento do ciclo da auga , mover un tren grazas a enerxía solar e entrar nun simulador submarino para ver as especies que se atopan no fondo da ría de Vigo.

Rematamos a visita merendando e xogando no parque de Castrelos.

E se non entramos en detalles... todos/as se portaron de marabilla !

Aqui deixámosvos algunhas fotos do que fixemos.



martes, 31 de octubre de 2017

CHEGOU O SAMAÍN

Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
 e hoxe toca pasar medo !






Clica na imaxe e aparecerá un LIM sobre o Samaín


viernes, 27 de octubre de 2017

OS NOSOS ESQUELETOS

Aproveitando que estamos as voltas co " Corpo humano" e que xa ven andando Samaín,  montamos uns esqueletos e completámolos por equipos cos nomes dos ósos que estamos aprendendo.



viernes, 6 de octubre de 2017

CUMPRINDO SOÑOS

A mochila viaxeira de 2º empezou a súa aventura para disfrute de toda a familia.


Xabi foi o primeiro en levala de viaxe e traela de volta cun fantástico traballo con personaxes que iniciaron a mediados do século pasado a loita pola igualdade, co desexo dun futuro no que a xente de tez negra e branca puidesen vivir en paz e cos mesmos dereitos.
Desde Rosa Parks ata Obama pasando por Martin Luther King , todos loitaron por "cumprir un soño "



viernes, 22 de septiembre de 2017

XA ESTAMOS EN 2º !

benvidos
Un curso máis comenzamos unha nova aventura coa que medraremos todos, aprendendo cousas novas e disfrutando dun " Paseo pola historia " co noso proxecto anual.
Poñémonos en marcha !



viernes, 23 de junio de 2017

HOXE COMENZAN AS ...

vacacions


En setembro do 2016 emprendiamos todos xuntos unha nova etapa : un curso novo, amigos novos, profesores novos ... case todo era novo cando empezamos.

Había nervios, dúbidas e medos. Era un mundo inexplorado para vós que debiamos descubrir todos xuntos: nenos, familias e... tamén os profes.

Pero día a día fómonos coñecendo e fomos superando os retos e os obstáculos que achabamos no camiño. Un camiño que construímos xuntos e do cal me sinto moi orgullosa de participar coa miña pequena achega

Durante este curso tiñamos o reto de preparar a estes alumnos no cambio que supón Primaria e facer nenos felices, que fixesen amigos, que se divertisen e que viñesen contentos ao colexio. Traballamos moito e aprendemos cousas novas, como a ler e así mergullarnos no marabilloso mundo dos libros; a sumar e restar; a escribir e falar dos nosos pensamentos, sentimentos ou de calquera cousa que se nos ocorrese... pero sobre todo o que aprendemos foi que en equipo traballamos mellor.

Regálame alegría ver  xa ,como se desenvolven en Primaria



jueves, 22 de junio de 2017

E CUMPRIRAN ...

Nestas benvidas vacacións de verán cumprirán 7 anos en 1º : XABI, AITOR e AMANDA e como un deles nolo ven avisando dende hai tres meses ... non tería perdón non poñer a foto destes tres "cumpreañeiros de verán."

parabens


viernes, 16 de junio de 2017

AUGA ,POR FAVOR !



Hoxe , facendo o simulacro de incendio no cole, levamos a sorpresa de que apareceron os bombeiros.





Despois de comprobar que a evacuación fora perfecta e que estabamos todos no punto de encontro, déronnos unha pequena charla sobre o seu traballo e ensináronnos o material que levan no camión para atender as emerxencias ás que teñen que acudir: incendios, accidentes, inundacións ...

Remataron a súa visita mollándonos coas mangueiras e de seguido empezamos cos xogos que tíñamos preparados con vasos e esponxas.
O momento máis esperado foi a batalla de auga por equipos e xa vos podedes imaxinar como acabamos tod@s. 
Empapados pero fresquiños !


lunes, 12 de junio de 2017

VISITA A VIGOZOO


A saída a Vigozoo é a última que  tíñamos programada para os alumn@s do 1º Ciclo para este curso que xa está a dúas semanas do peche final.

A visita guiada  non só foi unha explicación sobre as diferentes especies que habitan en Vigozoo, senón tamén que coñecemos porque estan aquí a maioría dos animais, moitos deles víctimas de maltrato.

Contáronnos as súas tristes vidas ,maltratadas con mil perrerías nos circos ou en cautividade por persoas sen conciencia que mutilaron a súa capacidade de vivir en liberdade e que se non recibirán os coidados do personal do zoo non serían quen de sobrevivir .

As nosas guías complementaron a visita ensinándonos e explicándonos características de  plumas, pelo, ovos e cornamentas de varios animais.

lunes, 5 de junio de 2017

A NOSA PEGADA VERDE



Como guinda  as tareas de concienciación para colaborar no coidado e conservación do noso medio natural que promovemos durante todo o curso; no Día do Medio Ambiente os peques do cole son os encargados de plantar unha árbore.




Foi unha ameixeira a árbore escollida este ano que irá medrando con nós e deixando a nosa pegada verde no fabuloso espazo que temos ao redor do cole

miércoles, 24 de mayo de 2017

LIMANDO MEDOS

O alumnado 1º Ciclo xunto con Infantil acudiron hoxe a Biblioteca para unha sesión de CONTACONTOS  protagonizada por África, Ana e Sofía de 6º.

O libro elexido foi "A miña amiga a escuridade"




"Mentres María xoga, a escuridade entra a través da fiestra do seu cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando."

 Tan ben o fixeron que non lles quedou outra que facer un bis, acadando a máis alta  valoración deste pequeño gran  público.



E CUMPRIRON ANOS ...

En maio Zaira, Martiño e Diego.
Que rápido pasa o tempo !

parabens