jueves, 26 de marzo de 2015

BENVIDA PRIMAVERA

  Como acabamos de estrear estación e estamos coas actividades relacionadas coa poesía fixemos unha árbore de haikus para dar a benvida a primavera.

  • Escollemos haikus relacionados coa primavera.
  • Copiámolos en flores e pechamos os pétalos.
  • Botámolos en auga e ... 

martes, 24 de marzo de 2015

VERSOS Á HORTA DE ...

sharay


que leunos os versos que  fixo, coa axuda da súa nai " Á  hortiña na nosa casiña " e  ... aquí  está toda chea co seu traballo.

jueves, 19 de marzo de 2015

PLANTANDO LEITUGAS


  Por fin chegou o día de poder plantar as leitugas na horta.

  Antes de baixar, medimos nun cordel a distancia para plantalas  e que quedara o suficiente espazo entre elas .

  Aquí tedes como quedou o noso traballo e se queredes ver máis fotos ,premede na imaxe inferior que vos leva a páxina " O noso horto" 


miércoles, 18 de marzo de 2015

QUE TESOURO !

   Uns fantásticos pregoeiros de 6º, María e David foron hoxe percorrendo as aulas para dar o pistoletazo de saída ás actividades relacionadas co " Día da Poesía".

  Coa boa pista do noso pregón, rapidiño atopamos o tesouro, versos rimas e xogos nunha maleta escondidos que compartiremos en 1º e 2º ata realizar as actividades propostas por Librincios.



viernes, 13 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA

Esta semana en 1º, fixemos de reporteiros, recompilando noticias das nosas casas, do cole e das nosas mascotas.

Sairon catro edicións, unha por cada equipo de aula e cada un deles :
  • Escolleu as noticias que querían redactar.
  • Quen as escribía ...
  • Quen as ilustraba ...
Moitas noticias quedarón no caixón e algunhas delas, case que nos fan chorar coa risa ...
  •  Cadelas que buscan mozo.
  •  " Aguila roja " de Vincios e a súa espada.
  •  Cans alérxicos ao sol ...
Aquí tedes o resultado do que eles acordaron . 


miércoles, 11 de marzo de 2015

DE NOITE AO MEDIODIA

 Antes do recreo díxenlle aos nenos que hoxe veríamos a noitiña chea de estrelas as 12.30 da mañá.
 Niguén adiviñou como podía ser; así que quedaron coa boca aberta cando subimos a aula de plástica e puideron entrar no planetario que nos montou o Concello esta semana.

 Fíxosenos moi cortiña a actividade, observando como aparecían os planetas e se dibuxaban as constelacións no ceo nocturno.
  O "comentario" máis extendido era ... OOOHHH !!


martes, 10 de marzo de 2015

TEATRO NO COLE

   Hoxe asistimos a unha representación teatral no cole " Romance de Micomicón e Adhelala" a cargo da compañía teatral Vichelocrego.
  Estiveron tod@s moi atentos e portáronse xenial a pesar de que a obra empregaba un vocabulario pouco usual, tanto para os nenos como para nós.

lunes, 9 de marzo de 2015

VERSOS Á HORTA DE ...

lucia
Que chegou hoxe a clase coa "mochila viaxeira" desexando amosarnos o fantástico traballo e o simpático ouriciño que fixo coa súa familia.
 Que bonito !

A TODAS AS ACTIVISTAS DA VIDA COTIÁ ...

Manifestámoslles, o pasado venres, con este pequeno xesto en forma de canción, todo o noso apoio e recoñecemento o seu bo facer .

jueves, 5 de marzo de 2015

QUE MULLERES !

O vindeiro domingo, día 8,  celébrase o día da muller traballadora.
Mañá temos un acto común no cole para conmemorar esta data, cunha emotiva canción, escollida pola profe Elena " Matriarcas" de Guadi Galego que os nenos levan preparando toda a semana.


Na nosa clase hoxe , averiguamos que ...

Este día foi instaurado en 1917 por Nacións Unidas e según a versión máis extendida, conmemora os sucesos ocurridos en 1908 en Nova Iork, cando un grupo de costureiras industriais se declararon en folga para protestar polas súas condicións laborais pedindo aumento dos salarios e a reducción da xornada laboral. Durante esta folga 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, provocado polos donos da fábrica.

Para difuminar a cara de asombro que lles quedou, rematamos a sesión co " Libro dos Porcos" para chegar a  mensaxe final de que...

O único xeito que temos de chegar a unha IGUALDADE entre homes e mulleres, é, desde a EDUCACIÓN cunha educación en valores IGUALITARIA E NON SEXISTA.



martes, 3 de marzo de 2015

APRENDEMOS SOBRE AS PLANTAS

Engado recursos para ampliar o que xa sabemos sobre as " Plantas ".
Nas últimas imaxes tedes o Proxecto Agrega , outros recursos que me parecen interesantes e un simpático video que explica tamén a fotosíntesis, concepto que a veces resulta algo complexo.
                                



lunes, 2 de marzo de 2015

XUNTANZA COS PADRIÑOS LECTORES

  Os alumnos/as de 1º disfrutaron hoxe dunha nova sesión de lectura cos seus padriños lectores, os alumnos/as de 5º.
  Nesta ocasión os de 1º, anotaron os títulos dos contos que lles ían ler para dicirllo despois aos eus compañeiros e falar do conto que lle contaron.
Encantados tod@s cos seus padriños e cos contos !
  Premede na imaxe para ver máis fotos no blogue da biblioteca