viernes, 28 de febrero de 2014

QUE COCIÑEIROS MÁIS SIMPÁTICOS !

   Hoxe celebramos a festa do Entroido no cole e todos os do 1º Ciclo disfrazámonos de cociñeiros.
   Engadimos as fotos previas ao desfile e o baile, que o fixeron fenomenal, e proximamente na web do cole, no apartado de " Conmemoracións", se subirá o video para que vexades o ben que o pasamos bailando.

                      Preme na imaxe para ver as fotos

jueves, 20 de febrero de 2014

RECEITA VIAXEIRA DE MARTA

  Marta convidounos a " Plátanos con chocolate e labras de cores" e como escribiu a receita con rimas, con esta feita por ela, empezamos o" momento degustación".
                  Listo para saborear
      el postre que acabo de preparar

E ... vaia se saboreamos


lunes, 17 de febrero de 2014

PROTEXEMOS A NATUREZA

   Recompilación de recursos para reforzar e ampliar o tema " Protexemos a natureza"

  • Aforro enerxético e alternativas menos contaminantes. PROXECTO AGREGA

  • UN PROBLEMA COMÚN .



  • SE EL HEROE DEL PLANETA .Xogo

  • RECICLA VIDRO
  • VAMOS A RECICLAR
  • ECOCIUDAD

miércoles, 12 de febrero de 2014

SOFÍA E O SEU CLARINETE

  Onte Sofía, toda contenta, trouxo ao cole o seu clarinete para mostrarlle a algunhas clases, na aula de música, como esta aprendendo a tocar este instrumento.
  Como pasou o día nunha nube, sendo a protagonista, pediume que vos dixera que se queredes ver como toca , vaiades o blogue de música, onde podedes apreciar ademais, as preciosas fotos que sempre fai a profe Elena.

            BRAVO SOFI       

RECEITA VIAXEIRA DE AARÓN

  Aarón contounos hoxe na clase a receita que elaborou na sua casa coa axuda do seu irmá Nico.
 Con ovos, fariña, manteiga ,azucre ,un sobre de levadura e... CHOCOLATE saiulle esta fermosa " tarta de chocolate e nata"
  Como podedes observar por anteriores entradas o chocolate é o rei dos ingredientes das receitas de 2º.



miércoles, 5 de febrero de 2014

ALMORZO INGLÉS

   Os nen@s do 1º Ciclo degustaron hoxe no comedor do Centro, o segundo almorzo programado para este curso un " almorzo inglés " con ovos, xamón enfebrado, pan, zume, leite e cacao.
  Estaba todo boísimo grazas a colaboración das nais e as profes que nos axudaron a que fora unha experiencia para disfrutar e fartar.

Clica na imaxe para ver as fotos.

martes, 4 de febrero de 2014

MENSAXEIRAS DA PAZ

   
   Hoxe asistimos na biblioteca ao visionado das mensaxes de paz que se puideron gravar a semana pasada para conmemorar o " Día da Paz".
  De todas as mensaxes gravadas as gañadoras foron Sheila, Alba e Ana da nosa clase.
   
  
    Abraiados quedamos pola súa coraxe para poñerse diante da cámara e gravarse elas soas... que exemplo para algúns que deberíamos deixar a vergoña na casa !
    Aquí as tedes todas contentas co seu agasallo e se queredes escoitar a súa mensaxe ver o video no blogue da Biblioteca


      Ah , e graciñas as profes de Infantil por lembrarse de min na súa mensaxe , era de paz, non si ?

lunes, 3 de febrero de 2014

RECEITA VIAXEIRA DE SHEILA E RUTH

  Hoxe Sheila e Ruth convidáronnos a " volcáns de chocolate" que prepararon coa súa nai e a súa irmá Amanda.
  Contáronnos que o pasaron fenomenal cociñando e nós aínda máis saboreando estos volcáns tan deliciosos.


A AUGA

   Recompilación de recursos para reforzar e ampliar o tema que estamos traballando : " A auga "