viernes, 24 de enero de 2020

PLAN REVITALIZA

Este programa vai dirixido ao alumnado  dos centros educativos próximos aos composteiros comunitarios implantados pola Deputación de Pontevedra  facendo unha aposta polo impulso da compostaxe, tanto a escala individual como comunitaria.


O obxectivo e concienciar á comunidade educativa da problemática dos residuos e informar sobre a importancia da compostaxe como alternativa necesaria, ao ser máis económica e ecolóxica que os tratamentos actuais.

Hoxe lembramos como separar  os residuos nos seus colectores e cales podemos utilizar para a compostaxe  co "Xogo da Miñoca" como actividade previa a instalación dun composteiro no cole o vindeiro mércores .