miércoles, 21 de diciembre de 2016

CHEGOU O NADAL !

Hoxe celebramos o noso  Festival de Panxoliñas .
Todos os nen@s actuaron fenomenal e os do noso ciclo " Mellor... Imposible".

Na web do cole  podedes ver todas as actuacións e unha montaxe con fotos.






Entre tanto baile, cante e agasallos do Apalpador ... a guinda a nosa ledicia chegou da man do noso Martiño que foi o gañador este ano do Concurso de tarxetas do Nadal .
Así quedou de contento e  nós con él !



Engado uns symbaloos de Belen Junquera con recursos e Lims do Nadal para pasar "un ratiño" ,se premedes nas imaxes.





E ... a tod@s os que suman e comparten con nós, ilusións, entusiasmo e actitudes positivas de colaboración cara o noso traballo, inmensas grazas e  desexarvos un  ...



martes, 20 de diciembre de 2016

CUMPREN ANOS EN DECEMBRO ...

Alejandro, Atenea , Hugo , que xa os cumpriron e a pequerrecha da clase Alba que sopra as veliñas coas últimas badaladas do ano.



viernes, 9 de diciembre de 2016

A ÁRBORE DAS ALEGRÍAS




A volta coas emocións, comentamos cal era a que sentíamos coa chegada do Nadal e aínda que sairon varias : entusiasmo, sorpresa, ilusión ... a que gañou por maioría foi a ALEGRÍA.

Acordamos entón, decorar a nosa árbore con "cousiñas" que nos fan estar alegres e así de ALEGRE nos quedou !








martes, 29 de noviembre de 2016

E CUMPRIRON 6 ANOS ...

Neste mes de novembro que está a un chisco de rematar , dous "ratiños" de 1º que sempre teñen un sorriso na súa cara Antía e Lucca.

parabens


viernes, 25 de noviembre de 2016

STOP Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


Esta semana para traballar a coeducación e a igualdade de xénero desenvolvemos varias actividades relacionadas co conto de Adela Turín "Arturo y Clementina " que rematamos hoxe ,no " Día Contra a Violencia ás Mulleres ".



  1. Toda a clase observamos e comentamos de que podería tratar o conto.
  2. Lemos e visionamos a libro nun contacontos.
  3. En grupos reflexionamos sobre o conto e acordamos o que podería dicirlle Clementina a Arturo se non estaba de acordo coa situación que estaba a vivir.



4. Inventamos un final para o conto
    


5. Cada grupo escolleu un lema contra a violencia e escribiuno nun poster con lentellas.



6. Fixemos "maxia" co noso lema.




lunes, 21 de noviembre de 2016

INSTRUMENTOS HUMILDES

Rematou a semana pasada de "andar de baranda" coa visita ao museo Liste a un obradoiro teórico-práctico no que nos amosaron :

  • Obxectos construidos co fin de tocar ( pandeiro, pandeireta...)
  • Obxectos utilizados como instrumentos (canas, culleres, cunchas...)
  • Xoguetes sonoros.
  • Explicáronnos a variedade de ritmos (Alalá. Alboradas...)
  • Momentos de uso ( festas, comparsas...)
  • Exemplos do cancioneiro popular ( coplas ,nanas...)
Nós tamén cantamos e rematamos a visita construindo o noso xoguete musical, coa mitade dunha noz, un fio e un pauciño fixemos un carrizo.
Vaia semana !

miércoles, 16 de noviembre de 2016

O NOSO MAGOSTO

Por fin onte celebramos o noso magosto, coma todos los anos no Galiñeiro.
Xa estabamos desexando que parase de chover para celebrar esta primeira saída todos xuntos e ... non puidemos ter mellor día !
E deben ser os aires do monte que algúns ademais de facer cabanas e lidar dun lado para outro, non pararon de rillar en toda a mañá.



lunes, 14 de noviembre de 2016

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe os nosos padriños e madriñas lectores, os alumnos de 6º ,recitáronnos unhas rimas dun libro elaborado por eles  " Noite de terror" co tema dos monstros.

Máis que medo, déronnos risa aínda así, quedamos abraiados coa preciosidade de libro que fixeron.
Ao remate , sesión de fotos e todos contentos co libro para disfrutalo na nosa clase.
                 Que sorte ter por padriños aos maiores do cole !



viernes, 11 de noviembre de 2016

EXPERIMENTO ÓSOS

Como remate as tarefas ao redor do "Noso Corpo" fixemos un experimento para comprobar a importancia do cálcio nos ósos.





















Observamos que :

  1. O óso do vinagre cambiou a unha cor máis escura.
  2. O óso que estaba na auga segue duro e ríxido e mide o mesmo que hai unha semana, 10cm .
  3. O óso que estivo no vinagre mide 9cm e ... dobrase con facilidade !
O vinagre que é un ácido (acético) disolveu o calcio que é o que fai que os nosos ósos sexan duros, por iso é tan importante consumir alimentos ricos en calcio para fortalecer os nosos ósos.

Engado unha montaxe do proceso que seguimos, no que só tivemos que soportar ,ao abrir os frascos... un cheiro ASQUEROSO !

        


jueves, 10 de noviembre de 2016

Xa comezamos co noso horto

     Onte, aproveitando uns raios de sol, fomos ao horto. Tiñamos a terra preparada, Marcos fixo un gran traballo de fresado, Carmen preparounos un rego e, ademais, os nenos e nenas de cuarto curso xa empezaran a plantar e nos deixaran sitio para os nosos cultivos de inverno: cebolas, porros, brócoli e coliflor. Estivemos observando as diferencias entre cebolas e porros e vendo que partes tiñan as plantas e que función teñen.



viernes, 28 de octubre de 2016

OBRADOIRO SAMAÍN

Esta semana os nenos de 1º e 2º mesturáronse para facer un obradoiro de Samaín.

Mentres un grupo facía na cociña "salchimomias" "arañaovos" e "dedos de bruxa", con hoxaldre ,salchichas ,ovos e aceitunas, outro grupo decoraba e montaba a súa bruxa.

Todos os nenos pasaron polas dúas propostas e despois do recreo... a comer todos xuntos o terrorífico menú !



. Rematou a celebración do Samaín no cole coa exposición de cabazas, que podedes ver xa na web do cole, xunto coas  espectaculares cestas e as fotos de todos os grupos.
                                         Premede na imaxe !

jueves, 27 de octubre de 2016

PREMIADOS CONCURSO MICRORRELATOS TERROR


Hoxe na Biblioteca asistimos a entrega de premios do concurso de microrrelatos de terror.

O gañador do noso ciclo foi IAGO COSTAS de 2º co seu relato " El demonio asesino"

Aquí o tedes cheo de ledicia xunto a Nayara de 4º e Yeneba de 6º tamén premiadas.

parabens

No blogue da Biblioteca xa podedes ler os relatos premiados e as  felicitacións a todos os participantes polos relatos presentados.


miércoles, 26 de octubre de 2016

miércoles, 19 de octubre de 2016

ADECENTANDO ESPAZOS

Continuamos este curso  " Enchendo de vida o cole" co obxectivo de colaborar  entre todos para que o noso Centro sexa un espazo cada vez máis agradable a vista  e cheo de cor.

Esta vez acordamos adecentar a baixada de acceso ao cole e coa axuda de Marcos que colocou os bloques, todas as clases estamos plantando neles todo tipo de plantas de exterior.

Os nenos/as de 1º plantamos xeranios e cintas e ainda que nos deu algo de traballo encher de terra todos os ocos que tíñamos asinados , ao remate ... todos satisfeitos !



jueves, 13 de octubre de 2016

CONCURSO DE MICRORRELATOS TERRORÍFICOS.

Xa está en marcha o primeiro concurso do curso
Se vos animades a participar , podedes ler as bases no blogue da biblioteca e escoitar outra vez a  audición  "Mundo escuro" da que podedes coller ideas para elaborar o voso micro relato de terror.


QUEREMOS PASAR MEEEEEDO !


jueves, 6 de octubre de 2016

ASANDO MAZÁS

A voltas cos froitos do outono esta semana tocoulle a mazá.
Este froito que podemos comer cru , facer zume ,compota ,tartas...
Nós fixemos mazas asadas.
  1. Precalentamos o forno 20 m. a 200ºC
  2. Descorazonamos as mazás
  3. Puxemólas na fonte do forno.
  4. Mesturamos azucre con auga e canela.
  5. Enchemos os ocos das mazás coa mestura.
  6. Metemos as mazás no forno 20 minutos
  Mentres esperamos...
  1. Anotamos os nomes dos ingredientes
  2. Ordenamos os pasos que seguimos para facer a receita
Transcurrido o tempo , opinións para todo : uns nin probaron, outros probaron pero dixeron que lles faltaba azucre e  outros ... repetiron coma se non lles deran de comer en catro días !





lunes, 3 de octubre de 2016

BIBLIOTECA EN MARCHA

Tras horas de traballo por parte da nova coordinadora da biblio, Bibi , e outros  membros do Equipo de Biblioteca, inventariando, catalogando, preparando as mochilas viaxeiras, pintando ,empaquetando, escribindo cartas e un sin fín de tarefas máis ... hoxe quedou oficialmente aberta a nosa biblioteca.

Acudimos todos os cursos cunha "peza" que recibimos a semana pasada de parte de  Librincios . 

Como temos uns alumnos moi, moi espabilados, case todos xa sabían que era unha parte do corpo de " Robotín" o robot ao que temos que axudar a sentir as emocións que experimentaremos este curso.

Rematou o acto recollendo cada curso a súa caixa cos libros do " Itinerario lector" e un puzzle coa portada dos primeiros libros escollidos para o noso proxecto anual.

Comenza unha vez máis...  a aventura de ler !

viernes, 30 de septiembre de 2016

NOS FACEMOS MAIORES


En setembro ,cumpriron 6 anos en 1º, Adhara e Nicolás.
 Que maiores xa !


miércoles, 28 de septiembre de 2016

Vendimamos 2º

Divertímonos e á vez aprendemos 2º

Xa estamos de volta na escola, despois dun verán máis ou menos intenso, pero no que descansamos, nos relaxamos e estivemos cos nosos.

Agora toca exercitar corpo e mente para non perder flexibilidade e, con esas, comezamos a reunirnos en asamblea, a traballar en grupo, a ser máis autónomos coas nosas tarefas, a aprender a traballar, a crear... e, tamén, a divertirnos. E, con esas, acabamos na cociña...

viernes, 23 de septiembre de 2016

PEQUENOS VENDIMADORES




SOMOS REDONDIÑAS
DOCES COMO O MEL
PÍSANNOS E PÍSANNOS
E LOGO A BEBER.








O noso máis grande agradecemento a Loli e Benito, donos da viña, por permitirnos disfrutar da nosa primeira sáida vendimando. GRAZAS !!

miércoles, 21 de septiembre de 2016

VINTEÚN CORAZÓNS PARA ...

Xa temos o noso "mantra" particular.
O mantra  ten como obxectivo relaxar e inducir a un estado de meditación en quen canta ou escoita.
De momento moito, moito non meditamos pero cantar e bailar para sentirnos mellor, todos os días !




viernes, 16 de septiembre de 2016

OS VETERANOS DO PRIMEIRO ANDAR !


Xa estamos en 1º e somos os maiores do noso andar. 
Empezamos unha nova aventura como grupo con moitas novidades:
  •  Outra profe, Naty (biquiños a Eva )
  •  Novos compañeiros : Hugo, Aitor, Nicolás e Atenea.
  •  Novos proxectos que nos emocionarán ...
  • Outro espazo onde compartir o noso traballo e as nosas vivencias ...

Ainda estamos quentando motores e tanteándonos uns aos outros pero en pouco, seguro que seremos un bo equipo.
























domingo, 11 de septiembre de 2016

EDUCAR CON SENTIDO DO HUMOR

Xa estamos nas vésperas  dun novo curso e antes de comenzar coa dinámica do blogue engado este enlace na imaxe para pais/nais e educadores, con diferentes opinións, propostas e artigos sobre a tarefa de educar que pódevos resultar interesante.

Déixovos o video dunha ponencia de Carles Capdevila, periodista e colaborador  neste proxecto, coa súa visión como pai sobre a tarefa de educar. E... "dificil pero non imposible" e se se lle engade  sentido do humor, moito mellor.
 Arrincaravos un sorriso ... ou non !

BO COMENZO DO CURSO !!!!




martes, 21 de junio de 2016

E O TEMPO PASOU



Chegamos na aula de 2º ó final do noso percorrido, non sen moita morriña xa,  por todas as cousas que fixemos xuntos e que aprendín de vós.




Atrás quedan ... a canción para os dormidos, a de varrer cada un o seu, a do tranvía, a dos "champiñones"...
Os momentos topo, de cabeciñas con pelo, Houston ,temos un problema e as miñas riñas que daban risa ...

Quero agradecer moito , todo o apoio e colaboración que recibín das vosas familias e a vós que debuxastes na miña cara unha morea de sorrisos estes dous cursos, desexarvos o que me dixestes  a maioría que non esqueceriades ...  " cando ríamos "
Pois iso , que atopedes sempre, sempre quen vos faga rir e moitas bolboretas das que pintan de cores as cousas feas.

Que disfrutedes moito das vacacións !!


viernes, 17 de junio de 2016

PREMIOS " A XOANIÑA "

O broche final ás fantásticas actuacións , engadidas xa na Web do cole, de todos os nosos alumnos/as  no Festival foi a entrega dos premios do certame literario "A Xoaniña".

Este curso as gañadoras do ciclo foron : de 1º Paula Piñeiro  co conto " O leopardo despistado", e de 2º  Uxía Gil con " Ben e Clen e os alieníxenas " e Lucía Mártinez co poema "A Xoaniña".

PARABÉNS !

Para limar fustracións dos que tiñan ilusión por ser premiados e non foi desta vez ... dicirlles que todos os participantes son para nós uns GAÑADORES porque tiveron interese por participar, en escoller o tema ,en adicar o seu tempo a facer un bo traballo, en ilusionarse ,en disfrutrar coa proposta ... sodes uns CAMPIONS !!

miércoles, 15 de junio de 2016

UNHA VISITA ESPECIAL


Hoxe os "soles " da profe Eva, quixeron facernos unha visita para saber como se está en Primaria, xa que o vindeiro curso seran os nosos compañeiros máis pequenos nesta etapa.

Contámoslle o conto "Orejas de mariposa" que quedou chulísimo, con canción incluida e todo.




Logo os pequerrechos quixeron saber como nos organizamos na clase no día a dia, co material, cos estoxos, cos abrigos, se tíñamos xogos ... e remataron sentándose nos nosos sitios para comprobar como se está nas mesas dos maiores.

Agasalláronnos cunha planta de xirasol que coidaremos moito para que a vexan medrar cando xa esten en 1º e cunha riquísima tarta de chocolate que preparou Eva para todos .
Así calquera conta un conto !



viernes, 10 de junio de 2016

O TEMPO PASA

    Xa cos últimos coletazos dos contidos deste curso,  estamos coñecendo feitos importantes do noso pasado.
Aquí tedes un gráfico das diferentes etapas da historia. Coñeceremos algunhas características de cada unha delas,  utilizando entre outros os seguintes recursos.



    Unha viaxe pola " Epoca Medieval"



   Máquina do tempo, xogo online da JCYL (Xunta de Castela e León) onde podemos visualizar a información máis representativa de cada época histórica dunha forma interactiva.