jueves, 25 de febrero de 2016

A QUÉN TES NO CORAZÓN ?


 Como xa levamos unha tempada trouleando con algúns que queren estar xa "ennoivados"...

Aproveitamos a data do San Valentín para expresar a quen temos no corazón.



Puxemos dúas condicións : 
- Que non se puidera comprar
- Os noivos/as quedarían para máis adiante

Resultou que temos os corazóns cheos dunha morea de "cousiñas" que nos fan felices : do cariño das nosas familias, dos aloumiños de pais e de nais , de gatiños e cadeliñas que coidamos, de irmanciños e curmáns pequenos, das alegrías que nos da o Celta, de amigos ...

E TÍ , A QUEN TES NO CORAZÓN ??



martes, 23 de febrero de 2016

EXPERIMENTANDO NA CASA

Esta vez tocoulle a Martín explicarnos como fixo o seu experimento.
Agasallounos con un 2x1. Dous experimentos cun elemento común a "auga".
Un dos experimentos fíxonos lembrar, os cambios que experimenta este líquido no paso dun estado a outro.

Parabéns para Martín e familia polo voso traballo !



lunes, 15 de febrero de 2016

UNHA VISITA ESPECIAL


 Comentamos na clase que teríamos unha visita especial que nos ía traer sementes,  polo que necesitabamos recompilar iogures para facer os sementeiros.



 
  A visita resultou ser a do profe Juán que veu lembrar vellos tempos e de paso ser nomeado por algún como " El chico de las semillas".
  Tróuxonos unha morea de sementes e por grupos escollemos: cabazas, tomates, pepinos e berenxenas.
  Explicóunos o mellor xeito de facer os sementeiros, os cuidados que teríamos que darlle as nosas sementes,  a frecuencia do rego ...
  Cando broten, plantaremos no invernadoiro as nosas plantiñas.
MOITAS GRAZAS CHICO !


viernes, 12 de febrero de 2016

ACTUALIDADE CIENTÍFICA

  Empezamos a recompilar noticias sobre ciencia.


    Xa temos algunhas aportacións e para que sirva de axuda, engado nesta entrada e na banda lateral, o portal sobre ciencia e tecnoloxía "Amazings" sobre actualidade científica.
  Unha das noticias aparecidas esta semana en toda a prensa  foi ... 


que ven a confirmar as prediccións realizadas por Einstein en 1915.
A observación produciuse o pasado setembro aínda que non se informou diso ata agora, para ter a certeza absoluta.
Ah, e unha das investigadoras que participa neste proxecto, no que levan 19 anos traballando é a menorquina Alicia Sintes

jueves, 11 de febrero de 2016

EXPERIMENTANDO NA CASA

  Hoxe Roi, deixounos abraiados coa explicación do seu espectacular experimento " Un microscopio caseiro "
   Puido ver, empregando unha pinga de auga como lente, unha morea de bacterias a tamaño xigante.

IMPRESIONANTE !



viernes, 5 de febrero de 2016

ENTROIDO CIENTÍFICO

  Por fín chegou e ... rematou o día !

 Despois de xornadas de ensaios e nervios , coas  cabeciñas en todos os sitios, menos onde tiñan que estar ... hoxe desfilaron tod@s de marabilla.



  Parabéns aos nosos compañeiros, matemáticos, robots, magos e outros achegados, polos seus fantásticos disfraces e sorprendentes actuacións. E agora ...
A DISFRUTAR DO ENTROIDO !
 

miércoles, 3 de febrero de 2016

KILOS DE SOLIDARIDADE !

Hoxe ,a concelleira de Benestar Social, asistiu no cole a recollida dos alimentos que estivemos recompilando para o acto final das nosas actividades do “ Día da Paz “
Os pequen@s axudados polos maiores acarrexaron, cheos de entusiasmo todo o recadado que foron ...  kilos e kilos e kilos de solidaridade.
Moitas grazas as familias por colaborar tan xenerosamente, unha vez máis,  nesta proposta.


martes, 2 de febrero de 2016

EXPERIMENTANDO NA CASA

A nosa "Mochila viaxeira" continua sen pausa a súa andaina e esta vez foi Kenneth quen nos explicou o seu experimento e o ben que o pasou coa súa familia. 
Sen facer ningún truco de mago, se non un traballo científico , resultou ser para él unha experiencia máxica