martes, 22 de diciembre de 2020

UN NADAL DIFERENTE

     Chega o Nadal, un Nadal diferente vai ser e ... este ano máis que nunca é importante manter a ilusión e ter sentidiño  nas xuntanzas  para estar de volta todos xuntos  como ata agora.

    Os nenos/as de 1º quérenvos animar coa súa panxoliña como cada curso e arrincarvos unha morea de sorrisos coa súa actuación. Este ano a pesar de non ter público, fixeron unha actuación esplendida  igual que a súa actitude durante todo o trimestre cara ó protocolo que tivemos que asumir. Uns campións !


Achégovos  un enlace  con recursos de Nadal para pasar un ratiño durante as vacacións, se premedes na imaxe 👇


E ..  para todos os que non poidan abrazar aos seus seres queridos, deixovos este fermoso conto "Hasta que podamos abrazarnos" con moitas maneiras de poder demostrarlle canto os queremos.



BOAS FESTAS  E QUE NO NOVO ANO POIDAMOS DISFRUTAR DE TODO O QUE BOTAMOS DE MENOS NESTE !