martes, 30 de enero de 2018

MIL PAXARIÑAS, MIL DESEXOS

E chegou o día no que xuntándonos todos, na sala de usos multiples para conmemorar o "Día da Paz", realizamos unha performance ideada pola profe Elena ,onde fixemos voar as nosas paxariñas co son da música ,converténdose en máis de mil dexexos de PAZ.

viernes, 26 de enero de 2018

PAXARIÑAS DE PAPEL


Este curso para lembrar o "DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA" botamos man da historia dando a coñecer un feito real que aconteceu a raiz da II Guerra Mundial.





Propuxémonos reunir en vez de grúas, mil paxariñas de papel para que o noso desexo de Paz chegue a ser un desexo cumprido.
Aqui vai un titorial para continuar sumando desexos.
Chegaremos a 1000 ?


Xa fixemos algunhas na clase coa axuda das profes Elena , Mónica e Yese pero xa hai quen as fai só.


jueves, 18 de enero de 2018

A PREHISTORIA NO COLE

Esta semana disfrutamos no cole dunha pequena exposición sobre a Prehistoria e a visita a unha cova.
Primeiro Bienve falounos na aula de audiovisuais dalgunhas características desta etapa : modo de vida, utensilios que empregaban ...
Despois con Isabel entramos nunha cova e explicounos a evolución das pinturas rupestres e os materiais que empregaban para facer esas representacións artísticas.

Rematou a actividade cun percorrido pola aula de plástica onde puidemos observar utensilios ,ferramentas e adornos desta etapa da humanidade.

Lembramos cousas que xa coñeciamos, descubrimos outras novas e  ... non hai que dicir que o que máis nos gustou foi a replica da cova.


Recursos Tic e pasatempos prehistóricos