miércoles, 22 de marzo de 2017

UNHA SAÍDA MOI BEN APROVEITADA


Sebastião Salgado é un fotógrafo sociodocumental e fotorreporteiro brasileiro nacido o 8 de febreiro de 1944 en Aymorés ( Brasil). Salgado viaxou a máis de 100 países polos seus proxectos fotográficos.


Aproveitando a nosa saída ao teatro ,do pasado luns, para ver o espectáculo musical de Mamá Cabra "Paxaro Amigo" , deixámonos caer pola rúa do Principe en Vigo para ver a mostra con 38 fotografías da  exposición " XÉNESE" deste recoñecido fotógrafo.

Que descubrimos en XÉNESE ? Especies animais e volcáns das Galápagos, os pingüíns, leóns mariños, corvos mariños e baleas do Antártico e o Atlántico Sur, elefantes africanos; tribos no máis profundo da selva amazónica, os nómadas gandeiros dinka en Sudán; os trashumantes nenets e as súas manadas de renos no Círculo Polar Ártico, os icebergs do Antártico, os volcáns de África Central , as gargantas do Gran Canón, os glaciares de Alaska e... moito máis.
Dedicando tanto tempo, enerxía e paixón na creación deste traballo, Salgado equipara XÉNESE co que el describe como «a miña carta de amor á Terra».

Foi unha saída redonda ,polo abraiados que quedamos coas impresionantes fotografías da exposición e polo que disfrutamos no teatro coa tan entretida posta en escea das cancións de Mamá Cabra.



PD : Se visitades o blogue da Biblioteca, poderedes visionar unha mostra da morea de actividades que levamos feito este mes de marzo que sempre chega cargadiño de conmemoracións : Día Internacional da Muller , Semana da Prensa,  Día da Poesía ...

Xa case estamos coa lingua fora !

martes, 21 de marzo de 2017

miércoles, 15 de marzo de 2017

XOGOS POPULARES

Este curso desde o Equipo de Normalización propuxeron fomentar os xogos populares no patio cun dobre obxectivo:
  1. Abrir un abano de propostas de actividades para o tempo de lecer porque parecía que se non se xogaba a pelota, xa non se sabía a que xogar.
  2. Favorecer a interrrelación entre todos os alumnos/as a traves do xogo.
A data prevista para inagurar todos estos espazos de xogo era para o "Día da Paz" pero por mor do mal tempo, foise pospoñendo ata o pasado venres.

Entre chapas, mariolas, cordas, tres en raia, xogo do pano ... pasámolo fenomenal !

Un merecido aplauso levou a nosa coordinadora de Normalización, Ana Rosa, por todo o traballo desenvolvido e outro merece tamén   Miguel pola cuestión loxística e os seus planos tan ben feitiños.

Quen di agora que fan falta pelotas para xogar ?