jueves, 28 de mayo de 2015

QUERIDO DRAGON ...

  Este foi o conto que os nosos compañeiros de 4º, Aldara, Eva, Nair , Martín e Ana nos contaron onte, na sesión de lectura.
  Abraiados quedamos todos co ben que o fixeron e encantados co ben que nolo fixeron pasar.
  Se queredes ver máis fotos premede no blogue da biblioteca



martes, 26 de mayo de 2015

DÍA DE CINE

Hoxe fomos ao cine Imperial a ver " Big hero six" , unha sáida común  de todo o cole, como xa é costume programar nas actividades complementarias de final de curso dos últimos anos.

Agradecemos moito a ANPA a súa colaboración que permitiu que non tivera coste ningún para os alumnos/as.

 Pásamolo de cine, por certo !!

jueves, 21 de mayo de 2015

OS VERMES DE SEDA DE LUCÍA


 Hai uns días, Lucía trouxo a clase invitados  "uns vermes de seda" o que nos deu pé a buscar información sobre o desenvolvemento destes seres vivos tan especiais e aprender novas palabras : metamorfose, casulo ...

 O ciclo dos vermes de seda apenas dura corenta días aproximadamente, neses días pasan por distintas etapas ata a transformación en bolboreta que finalmente e tras poñer os ovos morre, para dar paso a unha nova xeración de vermes de seda.

 Pensamos que os vermes remataron a mañá un pouco estresados con tanto meneo , ata sairon ó recreo cos nenos de Infantill-3 onde está Lois, o irmanciño de Lucía.
 Ela quedou encargada de informarnos das etapas polas que van pasando os seus vermes.
  Estamos todos expectantes !


VERSOS Á HORTA DE ...

uxia
  Quintas que leunos hoxe o seu poema á horta e aquí tedes unha das estrofas ...
                   Na miña hortiña
                   plantamos verduriñas
                   moi boas e saborosiñas .                       .
Non pensaredes que nos foi difícil atopar as palabras que riman ?

martes, 19 de mayo de 2015

FOTOS DO FESTIVAL

Achegámosvos unha pequena montaxe con algunhas fotos da actuación dos nen@s de 1º e 2º.



viernes, 15 de mayo de 2015

FESTIVAL E PREMIOS

Hoxe rematamos os dous días de celebración do " Festival das Letras ".
Foron días de tensión e moitos nervios pero todo saiu de marabilla e os nen@s estiveron todos fantásticos.

Se queredes volver a disfrutar das actuacións, tedes xa os videos colgados na Web do cole .

Temos que mencionar tamén que ao remate do festival entregáronse os premios do " XX Certame Literario A Xoaniña" e os premiados do noso ciclo foron ...
        -  Uxía Gil e Roi de 1º 
       - Saray, Anxo e Carla de 2º.












domingo, 10 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Xa temos o programa do noso " Festival das Letras Galegas"


  Como podedes imaxinar, andamos todos algo "atacados" dándolle os últimos retoques as nosas actuacións pero seguro que con todo o entusiasmo que lle estan a poñer os nenos/as, sairá todo fenomenal.

  Este ano o autor homenaxeado nesta data é ...

  Se premedes na imaxe , atoparedes un LIM feito polo Seminario Galán para coñecer algunhas cousiñas deste autor.

viernes, 8 de mayo de 2015

VERSOS Á HORTA DE ...

jero

 No seu poema contounos que é o seu pai quen fai os traballiños na horta e... 

 Así de contento amosounos o traballo que fixo coa súa familia !

viernes, 1 de mayo de 2015

RESOLVENDO PROBLEMAS

  Para practicar a lectura comprensiva de problemas xoga con Tica e Tapo.
  Deixo engadida esta actividade na banda dereita para podela atopar máis facilmente cando queirades.