viernes, 28 de abril de 2017

CREANDO CONTOS

Nestas últimas semanas empezamos a redactar contiños e coller ideas para participar no concurso de contos  anual da Xoaniña.
Aproveitando co CEFORE emprestounos unhas tablets durante uns días as utilizamos para descargar a aplicación CREATALES e practicar as secuencias a hora de crear un conto.

  • Quen son os protagonistas ?
  • Onde sucede ?
  • Que lles pasa e como se senten ?
  • Como termina ?
Creatales, unha app para iPad creada por dous vigueses que ofrece a posibilidade de crear contos personalizados .

Despois da súa primeira app gratuíta Creappcuentos, ofrécennos agora a súa nova app Creatales con melloras onde podemos elexir entre distintos packs temáticos usando  imaxes, ilustracións e sons ... para crear os nosos contos.



viernes, 21 de abril de 2017

MENUDOS PADRIÑOS TEMOS EN 1º !

Esta semana os nosos padriños lectores de 6º, como bos padriños que son, aproveitaron a Pascua para non perder as mañas e facernos uns agasallos.
Regaláronnos un "Libro loco,loco loco" que ten unha morea de historias disparatadas que podemos ler como nos pete e de remate entregáronnos unhas mensaxes con pistas para buscar no patio lambetadas de chocolate.
Pensaban que nos levaría mais tempo descifrar as mensaxes pero ...
Ler e chocolatear todo foi ao empezar !


jueves, 20 de abril de 2017

viernes, 7 de abril de 2017

EXPOSICIÓN TRIMESTRAL 1º

Chegou o gran día da exposición do noso traballo para todo o cole na Biblioteca.

Xunto cos pequerrechos de Infantil que nos presentaron un emotivo video do moito e ben que levan traballado este curso ... Para facer unha morea de ondas !

Nos, temendo unha banda sonora de toses e espirros porque en vez de clase parece que teño un centro de saude en hora punta, algúns moi atacadiños, aguantaron o tipo toda a actuación e resultou ... mellor , Imposible !

Moi orgullosa estou do seu traballo e agora o que toca e coidar esas toses e disfrutar moito das  VACACIÓNS .

lunes, 3 de abril de 2017

PALMEIRAS DE CHOCOLATE


Celebrando que unha de 1º xa pode facer uso das promocións de viaxes para a terceira idade ... que mellor que tomalo con humor e algo doce.



Fixemos en 1º unhas palmeiras de chocolate que comemos acompañadas dun zume de froitas e logo uns flocos de millo para ver a peli de Toy Story da que estamos usando a banda sonora para a nosa exposición trimestral.
Engado a receita e unhas fotos do que fixemos nesta xornada.