viernes, 20 de diciembre de 2013

O MELLOR AGASALLO

  Chegamos o fín do trimestre disfrutando un montón con todas as panxoliñas do noso festival ( engadiranse na web do cole) e moi nerviosos polas datas que se achegan : xuntanzas familiares, Papa Noel, Reis Magos ,agasallos ...
  Con este montaxe os  rapaces de 2º queren decirlle as súas familias principalmente e  a tod@s os que nos seguen cal é o noso mellor agasallo.

                                  Preme na imaxe e o sabrás

jueves, 19 de diciembre de 2013

RECEITA VIAXEIRA DE LARA

  Hoxe Lara explicounos como fixo unha " Tarta de queixo" e... como compartiu con nós o resultado, aproveitamos que tiñamos un prato con anacos de chocolate que os alumn@s de 4º nos deran o remate da súa exposición, para degustar xuntas as dúas lambetadas. Que lle imos facer... seguimos engordando !


miércoles, 18 de diciembre de 2013

MANUALIDADE DE NADAL

   Xa rematamos o noso boneco de neve para colgar na árbore das nosas casas.
  Con seis paus de xeado, pintura branca ,negra e vermella ,cola e goma eva laranxa e dourada, ollos móbiles e un rotulador permanente negro para debuxar a boca, fixemos estes bonequiños que quedaron moi simpáticos.

lunes, 9 de diciembre de 2013

MUSICAL " A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO "

   "A nena e ou grilo nun barquiño" é o disco-libro de Maxín Blanco decorado con fermosas ilustracións a cargo de Leandro Lamas e aderezado con actividades creativas e interactivas para os nenos, para que poidan pintar, escribir e debuxar o seu propio libro, acompañado dun Cd con 13 cancións.


   Hoxe os alumn@s do 1º Ciclo asistimos o espectáculo musico-teatral baseado no Libro-CD e con dicirvos que rematamos todos bailando, podedes imaxinar o ben que o pasamos. Unha marabilla de espectáculo !

miércoles, 4 de diciembre de 2013

RECEITA VIAXEIRA DE SANTI


  Hoxe Santi convidounos a unhas "Natillas Caseiras".Moi ilusionado chegou a clase con todas as racións individuais para os seus compañeiros. Trouxo tamén barquillos para acompañalas e todos lle dixemos que eran unhas natillas IMPRESIONANTES de boas.

   Fixo ademais este helicóptero do libro de manualidades que é todo un éxito este curso na mochila viaxeira.

 Grazas a Santi e a súa familia por compartir con todos nós o seu magnífico traballo.

domingo, 1 de diciembre de 2013

ALMORZOS SAUDABLES

   Esta semana todos os alumn@s  disfrutaron , alguns máis que outros, da actividade de almorzar no cole, dentro das actividades programadas para desenvolver o noso proxecto anual.
  O grupo do 1º Ciclo escollemos un almorzo mediterraneo con froita, torradas con aceite ,tomate e xamón ,zume e leite con cacao.
   Todos os nenos estaban ilusionadísimos con esta actividade pero teño que dicir que  nos cursos inferiores veuse empañada polo xeito equivocado, na miña opinión, de facer as cousas por parte dunha monitora allea ao Centro.
  Pero ... quedámonos co positivo de unha nova experiencia no cole e o agradecemento as nais que sen a sua colaboración teríamos máis complicado levar a cabo esta actividade .